Lucia di Lammermoor
Lucia di Lammermoor (en galego, Lucía de Lammermoor) é unha ópera en tres actos con música de Gaetano Donizetti e libreto en italiano de Salvatore Cammarano, baseado na novela The Bride of Lammermoor de Sir Walter Scott.[3] Trátase dunha das principais óperas do belcanto e é, xunto con Don Pasquale e L'Elisir d'Amore, da ópera máis representada de Donizetti na actualidade.
Lucia di Lammermoor Lucía de Lammermoor | |
---|---|
Forma | Ópera |
Actos e escenas | 3 actos e 7 escenas |
Idioma orixinal do libreto | Italiano |
Libretista | Salvatore Cammarano |
Fontes literarias | The Bride of Lammermoor de Sir Walter Scott |
Estrea | 26 de setembro de 1835 |
Teatro da estrea | Teatro di San Carlo |
Lugar da estrea | Nápoles |
Duración | 2 horas 30 minutos[1] |
Música | |
Compositor | Gaetano Donizetti |
Personaxes | |
Lucía Ashton (soprano lixeira ou lírica) |
A acción transcorre nas terras escocesas de Lammermoor a finais do século XVI, nun momento de crise política e relixiosa, e conta a historia do amor de Sir Edgardo de Ravenswood e Lucia, irmá de Lord Enrico Asthon, que pactou a voda da moza cun nobre rico. Aproveitando a ausencia do namorado, e por medio dunha proba de infidelidade, Lord Enrico consegue que se celebre a voda, xusto no momento en que volta Sir Edgardo. Nun acto de tolemia, Lucia apuñala o seu home na cama nupcial.
Personaxes
editarPersonaxe | Tesitura | Intérpretes na estrea, 26 de setembro de 1835 (Director: – ) |
---|---|---|
Lucia | soprano de coloratura | Fanny Tacchinardi Persiani |
Lord Enrico Ashton, Señor de Lammermoor; irmán de Lucia | barítono | Domenico Cosselli |
Sir Edgardo de Ravenswood | tenor | Gilbert Louis Duprez |
Lord Arturo Bucklaw, noivo de Lucia | tenor | Balestrieri |
Raimondo Bidebent, un capelán calvinista | baixo | Carlo Ottolini Porto |
Alisa, doncela de Lucia | mezzosoprano | Teresa Zappucci |
Normanno, cazador; un criado de Enrico | tenor | Anafesto Rossi |
Criados e serventes, convidados á voda |
Notas
editar- ↑ Riding, Alan; Dunton-Downer, Leslie (2008). Guías visuales Espasa: Ópera (en castelán) (1.ª ed.). Espasa Calpe, S.A. pp. 154–155. ISBN 978-84-670-2605-4.
- ↑ José María Martín Triana: El libro de la ópera, segunda reimpresión en "El libro de bolsillo", 1992, Alianza Editorial, ISBN 84-206-0284-1.
- ↑ A trama da novela orixinal está baseada nun incidente real que tivo lugar en 1669 na zona das colinas Lammermuir das Terras Baixas Escocesas. A familia verdadeiramente implicada foron os Dalrymple. Mentres que o libreto conserva a intriga básica de Scott, tamén contén trocos moi importantes no que se refire ás personaxes e aos acontecementos. Na novela de Scott, é súa nai, Lady Ashton, e non Enrico, quen é a vilana e malvada perpetradora de toda a intriga. Tamén, Laird of Bucklaw foi só ferido por Lucia logo da súa desafortunada vida, e máis tarde se recuperou, marchou ao estranxeiro e sobreviviunos a todos. Na ópera, o descenso de Lucia á tolemia é máis rápida, dramática e moi espectacular, mentres que no libro é un pouco máis misteriosa e ambigua. Tamén, na novela, a última charla de Edgardo e Lucia, e a súa despedida (supervisada pola súa nai) é moito menos melodramática e máis calmada, aínda que o efecto final é igualmente devastador para ambos. Ao final da novela, o Señor de Ravenswood desaparece (o seu corpo nunca se atopa) e é presumiblemente morto de algún xeito nun accidente camiño do seu duelo co irmán maior de Lucia; polo tanto, non comete un suicidio espectacular de estilo operístico cun stiletto ao coñecer a morte de Lucia.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Ópera |
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |