Andrea Bocelli

tenor, músico e escritor italiano

Andrea Bocelli, nado en Toscana, o 22 de setembro de 1958, é un tenor italiano e un dos cantantes de ópera máis famosos do mundo. Desde 1994, el xa vendeu máis de 70 millóns de álbums no mundo, máis que calquera outro artista da Música clásica.[1]

Andrea Bocelli
AndreaBocelliMar10.jpg
Andrea Bocelli
Nacemento12 de setembro de 1958 (61 anos)
OrixeItalia Lajatico, Toscana, Italia
Ocupaciónmúsico, cantante de ópera, saxofonista, compositor, pianista, avogado, guitarrista, compositor de cancións, cantautor, Produción musical e trompetista
Xéneroópera
Instrumento(s)Voz , piano, saxofón, frauta, arpa, trompeta, trombón, guitarra, tambores, acordeón
Tipo de voztenor
Relacionado conLaura Pausini, Christina Aguilera, Eros Ramazzotti, Celine Dion, Marta Sánchez, Sarah Brightman, Ariana Grande, Jennifer Lopez, Olivia Gorra
Tempo en activo1992 – Presente
Na rede
www.andreabocelli.com
Ficha na IMDb
editar datos en Wikidata ]

Durante a súa carreira, gravou duetos con cantantes de ópera como Luciano Pavarotti, Plácido Domingo, e José Carreras, pero tamén cantantes de Música pop como, Christina Aguilera, Stevie Wonder, Laura Pausini, e Celine Dion.

BiografíaEditar

Naceu o 22 de setembro de 1958 en Lajatico, un pobo da campiña Toscana. Empezou a estudar piano e posteriormente frauta e saxofón. Andrea Bocelli naceu con glaucoma conxénito que o deixou parcialmente cego. Á idade de 12 anos, por mor dun golpe na cabeza durante un partido de fútbol, a cegueira fíxose total. Decidido a non deixar que isto destruíse a súa carreira, seguiu adiante coa gran forza de vontade que posuía a esa idade. A súa paixón pola música levouno a ofrecer pequenas actuacións en celebracións familiares. Ao terminar a escola media, inscribiuse na Universidade de Pisa, chegando a licenciarse en Dereito, aínda que en ningún momento deixou de lado a súa verdadeira paixón. Foi capaz de compatibilizar as clases de dereito coas clases de canto que recibiu do mestre e gran tenor italiano Franco Corelli. Tamén actuou en numerosos locais, o que lle permitiu perfeccionar a súa técnica vocal.

No ano da gravación do seu primeiro demo Bocelli contraeu matrimonio con Enrica Cenzatti, a quen coñeceu en 1987 cando se dedicaba a tocar o piano en bares.

DiscografíaEditar

NotasEditar

  1. SINGING sensation Susan Boyle is to perform a TV duet with opera legend Andrea Bocelli

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar