Stevie Wonder
Stevie Wonder, nado como Stevland Hardaway Judkins en Saginaw (Míchigan) o 13 de maio de 1950, e máis tarde coñecido como Stevland Hardaway Morris,[1] é un icónico cantante, músico multiinstrumentista, compositor, produtor musical e activista social afroamericano estadounidense.
Traxectoria
editarPrimeiros anos
editarCego de nacemento debido a unha condición asociada á prematuridade chamada retinopatía da prematuridade, Wonder converteuse nun dos artistas máis aclamados do mundo.
Desde moi novo mostrou un talento musical extraordinario. Asinou o seu primeiro contrato con Motown Records cando tiña só 11 anos, e logo gañou o alcume "Little Stevie Wonder". A día de hoxe segue traballando para esa firma.
Carreira musical
editarO seu primeiro éxito, "Fingertips", foi lanzado cando el tiña 13 anos e chegou ao número un nas listas de música pop dos EUA, facéndoo o artista máis novo en logralo.[2]
Wonder non só é coñecido pola súa voz icónica, senón tamén por súa habilidade para tocar múltiples instrumentos, incluíndo piano, harmónica e batería.[3]
Na década de 1970 foi un pioneiro no uso de instrumentos electrónicos e sintetizadores. O seu álbum Music of My Mind de 1972 é notable polo uso extensivo do sintetizador Moog, algo que era bastante infrecuente na época.[4]
Ao longo dos anos, colaborou con multitude de artistas, dende Paul McCartney a Michael Jackson, Barbra Streisand, Luciano Pavarotti, Andrea Bocelli, Céline Dion, Mariah Carey, Alicia Keys, Usher, Shakira, Daft Punk, Pharrell Williams e Ariana Grande entre outros.[5]
Stevie Wonder participou en diversas bandas sonoras para filmes. Compuxo a BSO completa para The Woman in Red (1984), incluíndo o famoso tema "I Just Called to Say I Love You". Tamén creou toda a música para Jungle Fever (1991), dirixida por Spike Lee. Para Mulan (1998), aportou a canción "True to Your Heart", que se reproduce nos créditos finais. Ademais, participou no filme Sing (2016) con "Faith", tema interpretado xunto a Ariana Grande.
Activismo
editarÉ coñecido polo seu traballo como activista por dereitos civís e humanitarios, incluíndo a campaña para facer do aniversario do nacemento de Martin Luther King Jr. un feirado nacional nos Estados Unidos, logrando o seu obxectivo en 1983.[6][7]
En 1985 colaborou con RTVE e a DXT nun anuncio contra a condución baixo os efecto do alcohol.[8]
Premios e honras
editarÉ un dos artistas máis laureados da historia da música, con 25 premios Grammy e 74 nomeamentos, incluíndo un "Grammy de por vida".[9]
Tamén foi incluído no Rock and Roll Hall of Fame e ten unha estrela no Paseo da Fama de Hollywood.
Discografía
editar- The Jazz Soul of Little Stevie Wonder (1962)
- Tribute to Uncle Ray (1962)
- Recorded Live: The 12 Year Old Genius (1963)
- With a Song in My Heart (1963)
- Stevie at the Beach (1964)
- Up-Tight (1965)
- Down to Earth (1966)
- I Was Made to Love Her (1967)
- Someday at Christmas (1968)
- Eivets Rednow (featuring "Alfie") (1968)
- For Once in My Life (1968)
- My Cherie Amour (1969)
- Signed, Sealed, and Delivered (1970)
- Stevie Wonder Live (1970)
- Live at the Talk of the Town (1970)
- Where I'm Coming From - 1971
- Music of My Mind - 1972
- Talking Book - 1972
- Innervisions - 1973
- Fulfillingness' First Finale (1974)
- Songs in the Key of Life (1976)
- Journey through the Secret Life of Plants (1979)
- Hotter than July (1980)
- The Woman in Red Soundtrack (1984)
- In Square Circle (1985)
- Characters (1987)
- Jungle Fever (1991)
- Conversation Peace (1995)
- Natural Wonder (1995)
- A Time to Love (2005)
Notas
editar- ↑ Tendo Stevie catro anos, a súa nai deixou o seu pai e trasladouse a Detroit cos seus fillos adoptando de novo o apelido de solteira e cambiando a Morris o dos seus fillos, sendo desde entón Stevland Hardaway Morris o nome de Stevie Wonder a efectos legais.
- ↑ "The 500 Greatest Songs of All Time". Rolling Stone. Consultado o 19 de outubro de 2024.
- ↑ "Stevie Wonder Biography". Biography.com. Consultado o 19 de outubro de 2024.
- ↑ "Stevie Wonder: A Timeless Sound". Sound on Sound. Consultado o 19 de outubro de 2024.
- ↑ "Stevie Wonder". AllMusic. Consultado o 19 de outubro de 2024.
- ↑ Sexton, Paul (2024-01-15). "‘Happy Birthday’: Stevie Wonder Helps Create Martin Luther King Day". uDiscover Music (en inglés). Consultado o 2024-11-18.
- ↑ Katie Couric (2023-01-17). "How Stevie Wonder helped make MLK Day a federal holiday". Consultado o 2024-11-19.
- ↑ Vehículo Clásico (2023-08-01). "Si bebes, no conduzcas Stevie Wonder. 1985. DGT". Consultado o 2024-11-19.
- ↑ "Stevie Wonder". grammy.com. Consultado o 2024-11-18.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Stevie Wonder |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Stevie Wonder Acceptance Speech at the 1989 Rock & Roll Hall of Fame Induction Ceremony (Vídeo en YouTube, do discurso de aceptación da inclusión no Rock & Roll Hall of Fame, nunha das súas escasas aparicións públicas sen lentes).