Motown
Motown é unha compañía discográfica estadounidense. Foi fundada por Berry Gordy, Jr. o 12 de xaneiro de 1959, en Detroit, Míchigan, como Tamla Records, e foi establecida como "Motown Record Corporation" o 14 de abril de 1960. O nome, unha mestura de motor e town, é tamén un alcume de Detroit. Motown xogou un importante papel da integración racial da música popular ó ser un selo discográfico afroamericano cun significativo éxito. Na década de 1960, Motown e os seus selos subsidiarios foron os máis exitosos expoñente do coñecido como Motown Sound, un estilo de música soul cunha distintitva influencia pop. Durante a década de 1960, Motown acadou un espectacular éxito para unha compañía tan pequena: 79 cancións no Top Ten da lista Billboard Hot 100 entre 1960 e 1969.[1]
Motown | |
---|---|
![]() | |
Compañía nai | Universal Music Group |
Fundado en | 12 de xaneiro de 1959 |
Fundador | Berry Gordy, Jr. |
Distribuidoras | Capitol Music Group (USA) Virgin EMI Records (Reino Unido) Universal Music Group (Internacional) |
Xénero(s) | Varios |
Orixe | Estados Unidos ![]() |
Localización | Nova York Detroit Os Ánxeles |
http://www.motown.com/ | |
NotasEditar
- ↑ The Sound of the City, Charlie Gillett, Sphere Books, 1971, p.247
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Páxina oficial de Motown Records Arquivado 05 de marzo de 2021 en Wayback Machine. (en inglés)
- Páxina oficial de Motown Classic (en inglés)