Motown é unha compañía discográfica estadounidense. Foi fundada por Berry Gordy, Jr. o 12 de xaneiro de 1959, en Detroit, Míchigan, como Tamla Records, e foi establecida como "Motown Record Corporation" o 14 de abril de 1960. O nome, unha mestura de motor e town, é tamén un alcume de Detroit. Motown xogou un importante papel da integración racial da música popular ó ser un selo discográfico afroamericano cun significativo éxito. Na década de 1960, Motown e os seus selos subsidiarios foron os máis exitosos expoñente do coñecido como Motown Sound, un estilo de música soul cunha distintitva influencia pop. Durante a década de 1960, Motown acadou un espectacular éxito para unha compañía tan pequena: 79 cancións no Top Ten da lista Billboard Hot 100 entre 1960 e 1969.[1]

Motown
Compañía naiUniversal Music Group
Fundado en12 de xaneiro de 1959
FundadorBerry Gordy, Jr.
DistribuidorasCapitol Music Group (USA)
Virgin EMI Records
(Reino Unido)
Universal Music Group
(Internacional)
Xénero(s)Varios
OrixeEstados Unidos
LocalizaciónNova York
Detroit
Os Ánxeles
http://www.motown.com/

Notas editar

  1. The Sound of the City, Charlie Gillett, Sphere Books, 1971, p.247

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar