Un ballo in maschera
Un ballo in maschera (en galego, Un baile de máscaras) é unha ópera en tres actos con música de Giuseppe Verdi e libreto en italiano de Antonio Somma, baseado no libreto de Eugène Scribe para a ópera Gustave III (1833) de Daniel-François Auber, que se baseou vagamente no asasinato histórico do rei Gustavo III de Suecia. O tema era ben coñecido por ter sido empregado por outros compositores, incluíndo a Daniel-François Auber para a súa ópera de 1833 Gustavo III, ou O baile de máscaras e máis tarde por Saverio Mercadante para a súa ópera Il reggente en 1843. A estrea da ópera tivo lugar no Teatro Apollo de Roma o 17 de febreiro de 1859
Un ballo in maschera Un baile de máscaras | |
---|---|
Forma | Ópera seria |
Actos e escenas | 3 actos |
Idioma orixinal do libreto | Italiano |
Libretista | Antonio Somma |
Fontes literarias | Baseado no libreto de Eugène Scribe para Daniel-François Auber: Gustave III, ou Le Bal masqué (1833). |
Estrea | 17 de febreiro de 1859 |
Teatro da estrea | Teatro Apollo |
Lugar da estrea | Roma |
Duración | 2 horas 15 minutos[1] |
Música | |
Compositor | Giuseppe Verdi |
Personaxes | |
Riccardo (tenor lírico-spinto) |
En 1792, o rei de Suecia, Gustavo III, foi asasinado como resultado dunha conspiración política contra el. Recibiu un disparo mentres estaba nun baile de máscaras e morreu 13 días máis tarde polas súas feridas. Para o libreto, Scribe conservou os nomes dalgunhas das figuras históricas implicadas, a conspiración e o asasinato nun baile de máscaras. O resto da obra -as caracterizacións, o romance, a adiviñación do futuro etc.- é invención de Scribe e a ópera non é exacta historicamente.
Un ballo in maschera foi unha das óperas máis problemáticas de Verdi, xa que para converterse no Un ballo in maschera que se coñece hoxe, a ópera de Verdi (e o seu libreto) viuse obrigada a sufrir unha serie de transformacións, causadas por unha combinación de normas de censura tanto en Nápoles como en Roma (pedindo mesmo máis alteracións das que Verdi estaba disposto a aceptar), así como pola situación política en Francia en xaneiro de 1858. O feito da censura fixo a Verdi rachar o contrato co teatro, que o demandou, e Verdi contraatacou cunha demanda por difamación. Finalmente a loita legal concluíu coa retirada das acusacións por parte do teatro, e co compromiso de Verdi de terminar a ópera. Porén, antes da estrea en Roma, a acción tivo que trasladarse de Estocolmo a Boston, e o rei Gustavo tivo que ser substituído polo conde de Warwick, dado que as autoridades non permitían que unha obra de teatro incluíra cun rexicidio .
A pesar do seu desenlace dramático, Un ballo in maschera conta con moitos momentos brillantes e de ironía asociada á comedia -unha mestura que levou aos críticos a denominala "Shakespeariana".
Personaxes
editarPersonaxe BO: Ambientación orixinal en Boston SW: Ambientación e personaxes suecos |
Tesitura | Elenco na estrea (ambientación en Boston), 17 de febreiro de 1859[3] (Director: - ) |
---|---|---|
BO: Riccardo, conde de Warwick e gobernador de Boston SW: Gustavo, rei de Suecia |
tenor | Gaetano Fraschini |
BO: Amelia, dona de Renato, namorada de Riccardo SW: Amelia, dona de Anckarström, namorada de Gustavo |
soprano | Eugenia Julienne-Dejean |
BO: Renato, home de Amelia e secretario de Riccardo, mellor amigo e confidente SW: Conde Anckarström, home de Amelia e secretario de Gustavo, mellor amigo e confidente |
barítono | Leone Giraldoni |
BO: Oscar, paxe de Riccardo SW: Oscar, paxe de Gustavo |
soprano de coloratura | Pamela Scotti |
BO: Ulrica SW: Madame Arvidson, unha adiviña |
contralto | Zelina Sbriscia |
Un xuíz | tenor | Giuseppe Bazzoli |
BO: Silvano SW: Cristiano |
baixo | Stefano Santucci |
Serventa de Amelia | tenor | Luigi Fossi |
BO: Samuel SW: Conde Ribbing |
baixo | Cesare Rossi |
BO: Tom SW: Conde Horn |
baixo | Giovanni Bernardoni |
Notas
editar- ↑ Riding, Alan; Dunton-Downer, Leslie (2008). Guías visuales Espasa: Ópera (en español) (1.ª ed.). Espasa Calpe, S.A. p. 176. ISBN 978-84-670-2605-4.
- ↑ José María Martín Triana: El libro de la ópera, segunda reimpresión en "El libro de bolsillo", 1992, Alianza Editorial, ISBN 84-206-0284-1.
- ↑ Lista de cantantes tomada de Budden, p. 360
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Un ballo in maschera |
A Galipedia ten un portal sobre: Ópera |