Lucrezia Borgia, nada en Subiaco o 18 de abril de 1480 e finada en Ferrara o 24 de xuño de 1519, filla ilexítima do cardeal Roderic Llançol de Borja (máis tarde papa Alexandre VI), foi unha das figuras femininas máis controvertidas do Renacemento italiano.

Infotaula de personaLucrezia Borgia

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(it) Lucrezia di Borgia Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento18 de abril de 1480 Editar o valor em Wikidata
Subiaco (Estados Pontificios) Editar o valor em Wikidata
Morte24 de xuño de 1519 Editar o valor em Wikidata (39 anos)
Ferrara Editar o valor em Wikidata
Causa da morteparto Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCorpus Domini Monastery (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Pontificios Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónconsorte , gobernante Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá e lingua italiana Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloDuquesa Editar o valor em Wikidata
FamiliaBórgia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeAfonso I d'Este (1502–1519)
Alfonso de Aragão (1498–1500)
Giovanni Sforza (1493, 1492 (Gregoriano)–1497)
FillosHércules II de Ferrara (pt) Traducir
 () Afonso I d'Este (pt) Traducir
Alessandro d'Este
 () Afonso I d'Este (pt) Traducir
Leonora d'Este (pt) Traducir
 () Afonso I d'Este (pt) Traducir
Giovanni Bórgia (pt) Traducir
 () Alexandre VI
Isabella Maria d'Este
 () Afonso I d'Este (pt) Traducir
Hipólito II d'Este (pt) Traducir
 () Afonso I d'Este (pt) Traducir
Francesco d'Este
 () Afonso I d'Este (pt) Traducir
Rodrigo of Aragon (en) Traducir
 () Alfonso de Aragão (pt) Traducir
Alessandro d'Este (en) Traducir
 () Afonso I d'Este (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisAlexandre VI Editar o valor em Wikidata  e Vannozza dei Cattanei (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsPedro Luis de Borja (pt) Traducir, César Borgia, Giovanni Bórgia (pt) Traducir e Gioffre Bórgia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Borgia-5 Find a Grave: 7855976 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Dende que tiña once anos estivo suxeita a unha política de matrimonio vinculada ás ambicións políticas do seu pai primeiro e logo do seu irmán César Borgia. Cando o seu pai accedeu ao trono papal, foi inicialmente dada como esposa a Xoán Sforza, señor de Pesaro, mais uns anos despois, trala anulación do seu matrimonio, Lucrecia casou con Afonso de Aragón, fillo ilexítimo de Afonso II de Nápoles. Un cambio nas alianzas, que achegou os Borgia ao partido pro-francés, conduciu ao asasinato de Afonso por orde de César.[1]

Despois dun breve período de loito pasado en Nepi co seu primeiro fillo, Rodrigo de Aragón, Lucrecia participou activamente nas negociacións da súa terceira voda con Afonso I d'Este, primoxénito de Ercole, duque de Ferrara, quen tivo que aceptala como esposa.[2] Na corte de Este, Lucrecia conseguiu facer esquecer a súa orixe como filla ilexítima do Papa, os seus dous matrimonios infrutuosos e todo o seu pasado tormentoso; de feito, grazas á súa beleza e á súa intelixencia, fíxose benquerida tanto pola súa nova familia como pola poboación de Ferrara.

Adquiriu fama de hábil política e diplomática, até o punto de que o seu marido chegou a confiarlle o manexo político e administrativo do ducado cando tiña que ausentarse de Ferrara. Tamén foi unha mecenas activa, acollendo na corte a poetas e humanistas como Ludovico Ariosto, Pietro Bembo, Gian Giorgio Trissino e Ercole Strozzi.

Dende 1512, por mor das desgrazas que a afectaron a ela e á casa ferraresa, Lucrecia comezou a usar un cilicio, inscribiuse na Orde Franciscana Secular, uniuse aos seguidores de San Bernardino e Catarina de Siena e fundou o Monte de Piedade de Ferrara para socorrer os pobres.[3][4] Morreu en 1519, aos trinta e nove anos, debido a complicacións nun parto.

Notas editar

  1. Bradford 2005, p. 87.
  2. Cloulas 1989, p. 263-264.
  3. Bradford 2005, p. 290-291.
  4. Montanelli 2003, p. 346.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Bellonci, Maria (2011). Lucrezia Borgia. Milán: Mondadori. ISBN 978-88-04-45101-3. 
  • Bradford, Sarah (2005). Lucrezia Borgia. La storia vera. Milán: Mondadori. ISBN 88-04-55627-7. 
  • Cloulas, Ivan (1989). I Borgia. Roma: Salerno Editrice. ISBN 88-8402-009-3. 
  • Montanelli, Indro (2003). Storia d'Italia: il Rinascimento (vol. 2, 1250-1600). Milán.