Abrir o menú principal

Ludovico Ariosto, nado en Reggio Emilia en 1474 e finado en Ferrara en 1533, foi un poeta italiano, autor do poema épico Orlando furioso (1516).

Ludovico Ariosto
Ludovico Ariosto 2.jpg
Nacemento8 de setembro de 1474
 Reggio Emilia
Falecemento6 de xullo de 1533
 Ferrara
EtniaPobo italiano
RelixiónIgrexa católica
Alma máterUniversidade de Ferrara
Ocupaciónpoeta, dramaturgo, escritor e autor
FillosVirginio Ariosto
IrmánsGabriele Ariosto
Coñecido/a porOrlando Furioso
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo do comandante da cidadela de Reggio, aínda que dende a súa mocidade tiña unha forte inclinación pola poesía, o seu pai obrigouno a estudar dereito, áínda que lle permitía ler clásicos baixo a tutela de Gregorio da Spoleto, ata que Gregorio marchou a Francia para ser o titor de Francesco Sforza, co que Ariosto perdeu a oportunidade de aprender grego como el quería. Cando seu pai morreu contra 1500 Ariosto tivo que coidar dos seus 10 irmáns.

Ariosto comeza a escribir Orlando furioso contra o 1505, o poema representa a culminación da epopea renancetista, publicouna despois de vinte e cinco anos de traballo, como continuación de Orlando enamorado de Matteo Maria Boiardo, e ata 1536 non se publica a a edición definitiva (a primeira edición publicouse no dialecto de Ferrara (próximo ao véneto) e a última en florentino.