Un cilicio[1] é un accesorio empregado para provocar á mantenta dor ou incomodidade en quen o viste. O seu uso estivo estendido durante moito tempo nas diversas comunidades cristiás como xeito de mortificación, buscando así combater as tentacións e, sobre todo, a identificación con Xesús de Nazaret nos padecementos que sufriu na Paixón e os froitos espirituais que dela se derivan.

Cilicio de Lois IX de Francia, conservado na igrexa de Sant Aspais en Melun.
Cilicio de ferro da segunda metade do século XIX.

Emprego actual editar

Hoxe en día, só unhas poucas ordes continúan a empregalo; os cartuxos e as carmelitas son os únicos que prescriben o seu emprego na regra, mentres que noutras ordes o cilicio e as disciplinas resérvanse ó uso voluntario ou prescrito individualmente. En lugar da camisa de pelo ou metal, emprégase tamén unha cadena ou cinto metálico dotado de puntas que se ata firmemente á coxa ou a axila; as feridas provocadas polo cilicio non dan lugar a sangrado pero deixan marcas visibles. No Opus Dei a recomendación ós numerarios é usalo diariamente durante dúas horas, agás domingos e festivos.[2]

Notas editar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para Cilicio.
  2. Enric González, El País (7 de marzo de 2006). "El estricto internado del Opus". Consultado o 9 de agosto de 2012.