Conservatorio Superior de Música do Liceo

O Conservatorio Superior de Música do Liceo (en catalán: Conservatori Superior de Música del Liceu) de Barcelona, fundado en 1837, é unha das escolas de música máis importantes e prestixiosas de Cataluña e de todo o Estado. Dende o 2009 o conservatorio está localizado no número 88 do Carrer Nou de la Rambla de Barcelona, logo de deixar a súa antiga sede na Plaça de Urquinaona da capital catalá, onde na actualidade se encontra o Centre Professional de Música del Liceu, un centro de estudos musical no que se imparten ensinanzas de Grao Profesional de Música, a aula de música moderna e jazz, e a escola de música.[1][2]

Conservatorio Superior de Música do Liceo Cruz de Sant Jordi 2012
Sede do Conservatori del Liceu
Datos xerais
LocalizaciónBarcelona, Cataluña Cataluña
Datos actuais
Datos de contacto
EnderezoC/ Nou de la Rambla, 88
08001. Barcelona
Páxina webwww.conservatori-liceu.es
Facebook: conservatoriliceu.es Twitter: liceu1837 Instagram: conservatori.liceu Youtube: UC6SeH-9yzvBHcGxjoR6Uo9w Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Esta institución chegou a ter unha importancia primordial para a vida musical, non só de Barcelona senón de todo o mundo.[3]

Historia editar

 
Edificio do Conservatorio Superior de Música del Liceo, na Praza Urquinaona, esquina Via Laietana de Barcelona.

O 21 de febreiro de 1837 constituíuse a Sociedad Dramática de Aficionados por un grupo de persoas presididas polo comandante Manuel Gibert i Sans, que implantou un centro de ensino adicado á música, o canto e á arte dramática en Barcelona. Ao cabo duns meses, o 10 de novembro, a sociedade pasou a denominarse Liceo Filarmónico Dramático de Montesión. O 27 de abril do ano seguinte celebrouse no Concello de Barcelona o acto de inauguración das cátedras do Liceo, e o 25 de xuño a institución mudaba o seu nome por Orde Real polo de Liceo Filarmónico Dramático de S.M. la Reina Isabel II, autorizando a raíña rexente María Cristina para que a sociedade levase o nome da súa filla.[4] O primeiro Director das Cátedras de Música da institución barcelonesa foi Marià Obiols i Tramullas.[5]

En 1847, a institución inaugurou o Gran Teatro do Liceo. En 1854, o conservatorio e o teatro separáronse administrativamente, mais ao longo da súa existencia, ata a data, mantiveron unha interrelación permanente entrámbalas institucións.

Centros editar

  • Conservatorio Superior de Música
  • Centro Profesional
  • Escolas de Música

Dirección editar

 
Gran Teatro do Liceo na Rambla de Barcelona.

Os directores do Conservatorio foron:

Mestres e alumnado editar

Entre os mestres destacados que pasaron pola institución destacan:

Nas súas aulas formáronse, entre outros:

Notas editar

  1. Centre Profesional Conservatori Liceu Arquivado 05 de novembro de 2013 en Wayback Machine. (Contacto)
  2. Conservatori Superior Arquivado 05 de novembro de 2013 en Wayback Machine. (Contacto)
  3. Pullen, Robert; Jay-Taylor, Stephen (1995). Plaza & Janés, ed. Montserrat Caballé. Casta diva. Barcelona. ISBN 84-01-37546-0. 
  4. Historia Arquivado 05 de novembro de 2013 en Wayback Machine. na web do Conservatorio
  5. "En l’aniversari de la mort de Marià Obiols, primer director del Conservatori del Liceu" (en catalán). Conservatori Liceu. 11 de decembro de 2017. Arquivado dende o orixinal o 11 de abril de 2018. Consultado o 11 de abril de 2018. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns editar