La straniera (en galego, A estranxeira) é unha ópera en dous actos con música de Vincenzo Bellini e libreto en italiano de Felice Romani, baseado na novela L'étrangère (1825) de Charles-Victor Prévot, vizconde d'Arlincourt. Foi composta en outono de 1828 e estreada o 14 de febreiro de 1829 no Teatro alla Scala de Milán, nesta estrea Henriette Méric-Lalande e Domenico Reina actuaron nos roles principais, mentres que Alessandro Sanquirico foi o encargado da escenografía. Esta ópera caeu no esquecemento durante a última parte do século XIX e boa parte do século XX, e só foi reposta en 1968 en Palermo (Teatro Massimo) con Renata Scotto no rol principal. A personaxe de Alaide foi posteriormente interpretado por Montserrat Caballé, Renée Fleming, e máis recentemente, por Patrizia Ciofi.

La straniera
A estranxeira
FormaÓpera seria
Actos e escenas2 actos
Idioma orixinal do libretoItaliano
LibretistaFelice Romani
Fontes literariasL’Étrangère, de Victor d'Arlincourt
Estrea14 de febreiro de 1829
Teatro da estreaTeatro alla Scala
Lugar da estreaMilán
Duración3 horas
Música
CompositorVincenzo Bellini
Localización da partituraArchivio Ricordi (Milán)
Personaxes

Alaide (soprano)
Arturo (tenor)
Valdeburgo (barítono)
Isoletta (mezzosoprano)
Osburgo (tenor)
Il signore di Montolino (baixo
Prior dos Hospitalarios (baixo)

Esta ópera rara vez se representa na actualidade; nas estatísticas de OperabaseArquivado 14 de maio de 2017 en Wayback Machine. aparece con só 1 representación no período 2005-2010.

Personaxes editar

Personaxe Tesitura Elenco na estrea, 14 de febreiro de 1829
(Director: -)
Alaide, a estranxeira soprano Henriette Méric-Lalande
Arturo, conde de Ravenstel tenor Domenico Reina
Valdeburgo, barón, irmán segredo de Alaide barítono Antonio Tamburini
Isoletta, prometida de Arturo mezzosoprano Caroline Unger
Osburgo, confidente de Arturo tenor Luigi Asti
Il signore di Montolino, pai de Isoletta baixo Domenico Spiaggi
Prior dos Hospitalarios baixo Stanislao Marcionni

Notas editar

Véxase tamén editar



 
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.