Caterina Cornaro (ópera)

ópera de Gaetano Donizetti

Caterina Cornaro ossia La Regina di Cipro (en galego Catalina Cornaro ou A raíña de Chipre) é unha traxedia lírica ou ópera nun prólogo e dous actos con música de Gaetano Donizetti e libreto en italiano de Giacomo Sacchèro, baseado no libreto de Jules-Henri Vernoy de Saint-Georges para a ópera La reine de Chypre (1841) de Halévy. Baséase na vida de Caterina Cornaro (1454-1510), raíña de Chipre de 1474 a 1489. Estreouse no Teatro San Carlo de Nápoles o 12 de xaneiro de 1844.

Caterina Cornaro
Retrato de Caterina Cornaro por Tiziano.
FormaÓpera
Actos e escenas2 actos cun prólogo
Idioma orixinal do libretoItaliano
LibretistaGiacomo Sacchero
Estrea12 de xaneiro de 1844
Teatro da estreaTeatro San Carlo
Lugar da estreaNápoles
Música
CompositorGaetano Donizetti
Personaxes

Caterina Cornaro (soprano)
Matilde (mezzosoprano)
Gerardo (tenor)
Lusignano (barítono)
Mocenigo (baixo)
Andrea Cornaro (baixo)
Strozzi (tenor)
Un cabaleiro do rei (tenor)

Esta ópera rara vez se representa na actualidade; nas estatísticas de OperabaseArquivado 14 de maio de 2017 en Wayback Machine. aparece con só 1 representación no período 2005-2010.

Personaxes

editar
Personaxe Tesitura Elenco na estrea, 12 de xaneiro de 1844
(Director: - )
Caterina Cornaro, nobre veneciana soprano Fanny Goldberg
Matilde, dama de Caterina mezzosoprano Anna Salvetti
Gerardo, prometido de Caterina tenor Gaetano Fraschini
Lusignano, rei de Chipre barítono Filippo Coletti
Mocenigo, membro do Consello dos Dez baixo Nicola Benevento
Andrea Cornaro, pai de Caterina baixo Marco Arati
Strozzi, compañeiro de Mocenigo tenor Anafesto Rossi
Un cabaleiro do rei tenor Domenico Ceci

Véxase tamén

editar



 
 Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.