Roger Meddows Taylor (nado o 26 de xullo de 1949), coñecido como Roger Taylor, é un cantautor e multiinstrumentista inglés. É máis coñecido por ser o batería, corista e cantante ocasional da banda de rock inglesa Queen. Como batería é coñecido polo seu "gran" son único e considérase un dos baterías de rock máis influentes da década dos setenta e dos oitenta. Como compositor, Taylor escribiu cancións para os álbums da banda desde os comezos, compoñendo polo menos unha canción en cada álbum, e (nos primeiro días) acostumaba ser o vocalista principal das súas propias composicións. Tamén escribiu catro dos éxitos da banda, "Radio Ga Ga", "A Kind of Magic", "The Invisible Man", e "These Are the Days of Our Lives". Toca múltiples instrumentos, incluíndo a guitarra, o baixo e o teclado,como se escoita no seu álbum de debut en solitario no que toca todos os instrumentos e canta todas as voces. Tocou con tales artistas como Eric Clapton, Roger Waters, Roger Daltrey, Robert Plant, Phil Collins, Genesis, Jimmy Nail, Elton John, Gary Numan, Shakin' Stevens, Foo Fighters, Al Stewart, Steve Vai, Yoshiki Hayashi, Cherie, e Bon Jovi. Produciu álbums para Virginia Wolf, Jimmy Nail e Magnum. Actualmente reside en Guildford, Surrey.

Modelo:BiografíaRoger Taylor

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Roger Meddows Taylor Editar o valor en Wikidata
26 de xullo de 1949 Editar o valor en Wikidata (75 anos)
Dersingham, Reino Unido (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade de East London
Barts and The London School of Medicine and Dentistry
Truro Cathedral School (en) Traducir
Truro School Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbatería, músico, teclista, compositor de cancións, cantante, guitarrista, baixista Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1965 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Xénero artísticoMúsica rock, hard rock, rock progresivo, pop rock e dance rock Editar o valor en Wikidata
TesituraTenor Editar o valor en Wikidata

InstrumentoGuitarra, Batería, voz, caixa de ritmos, teclado e baixo Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoEMI Records (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Familia
FillosRufus Tiger Taylor, Tigerlily Taylor Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fonteObálky knih, Editar o valor en Wikidata
Sitio webrogertaylorofficial.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0003547 IBDB: 498002
Facebook: RogerTaylor Twitter: OfficialRMT Instagram: rogertaylorofficial Musicbrainz: 558302b1-07ae-4be1-9edb-2a2b1f036313 Discogs: 208268 Allmusic: mn0000254075 Genius: Roger-taylor Editar o valor en Wikidata

Ademais do seu traballo como batería, rutineiramente tocaba a guitarra e o baixo nas súas propias cancións. Durante os oitenta, ademais do seu traballo con Queen, formou unha banda paralela coñecida como The Cross, na que era o cantante e guitarrista.

En 2005 foi escollido polos fans do Reino Unido no posto número 8 dos mellores baterías de rock da historia nunha enquisa realizada por Planet Rock Radio. Segundo The Sunday Times Rich List gañou 65 millóns de libras en 2009.

Traxectoria

editar

Nado en King's Lynn, Norfolk, Roger Taylor trasladouse a Truro, Cornwall, no sueste de Inglaterra, coa súa nai Winifred, co seu pai Michael e coa súa irmá máis nova Clare. Cando tiña sete anos, el e algúns amigos formaron a súa primeira banda, os Bubblingover Boys, na que tocaba o ukelele. Asistiu á Truro Cathedral School; despois, con 13 anos, uniuse á Truro School como un rapaz normal.[1] Con 15 anos, Taylor fíxose membro de The Reaction, unha banda semiprofesional de rock formada principalmente por rapaces de Truro School. En 1967, foi a Londres para estudar odontoloxía no London Hospital Medical College; pero pronto comezou a aburrirse da odontoloxía e, despois de cambiar a bioloxía, conseguiu a diplomatura en Ciencias.[2]

Viviu coa súa moza, Dominique Beyrand, entre 1980-1987, e tiveron dous fillos; Felix Luther e Rory Eleanor. Decidiron casar por razóns relacionadas co seu estado, para protexer os intereses dos seus fillos no futuro. Ao mesmo tempo, Taylor víase con outra muller, Debbie Leng; foise a vivir con ela un mes despois do seu matrimonio por conveniencia con Dominique. Antes do falecemento de Freddie Mercury, Roger e Debbie tiveron o seu primeiro fillo, Rufus Tiger, que naceu en marzo de 1991. Chegou a ter dous fillos máis con Debbie; Tiger Lily (1994) e Lola Daisy May (2000). A finais de 2002, decidiron separarse. Taylor casou outra vez o 3 de outubro de 2010, con Sarina Potgieter, que fora súa moza durante seis anos.[3]

Taylor coñeceu a Brian May e a Tim Staffell en 1968 despois de ver un anuncio no Imperial College sobre un posto de batería. Smile estaba formada por May como guitarrista principal, Staffell como vocalista e baixo, e máis tarde Taylor como batería. A banda soamente durou dous anos, antes de que Staffell se unise a Humpy Bong, deixándoa con só nove cancións:

 
Taylor tocando con Queen en 1979.

En 1969, Taylor estaba traballando con Freddie Mercury no Kensington Market (eles vivían xuntos sobre esa época). Mercury, entón coñecido como Freddie Bulsara, era un seguidor de Smile. Despois de que a banda se separara en 1970, Bulsara convenceu aos dous membros que aínda continuaban a seguir, e finalmente acabouse unindo á banda. En 1971, atoparon ao baixista John Deacon e incorporárono ao grupo, antes de lanzar o seu primeiro álbum como debutantes en 1973. Taylor foi un destacado compositor da banda, normalmente contribuíndo con dúas cancións por álbum. Vocalmente Taylor posuía unha voz moi recoñecible, pola súa gama alta e aspereza. O seu extremadamente alto falsete era característico das harmonías vocais de Queen, e algunhas veces utilizábase como voz de muller. O seu rango vocal abarca catro oitavas. Algunhas das súas composicións para Queen son:

Careira en solitario

editar

Taylor tivo unha produtiva carreira en solitario, lanzando catro discos. O seu primeiro sinxelo foi a versión, en 1977 de "I Wanna Testify". Gravouno durante as sesións de Queen do álbum News of the World. A cara A, aínda que era unha versión, era completamente distinta da versión orixinal. A cara B era a canción escrita por el mesmo "Turn On The TV".

O seu primeiro álbum en solitario, Fun In Space, gravouse en 1981. Taylor cantaba todas as voces e tocaba todos os instrumentos. Con Queen en plena xira, Taylor non tivo tempo suficiente para promocionar o seu álbum, polo que apareceu nalgúns programas europeos para promocionar o seu sinxelo, "Future Management".

A súa seguinte aventura, Strange Frontier, chegou en xullo de 1984. Os sinxelos do álbum foron os que lle deron nome ao disco, "Beautiful Dreams" (só en Portugal) e "Man On Fire", este úlitmo converténdose no seu favorito en anos posteriores.Strange Frontier inclúe a colaboración dos seus compañeiros de banda Freddie Mercury e John Deacon. Mercury fixo os coros en "Killing Time", Deacon fixo un remix da cara B de "I Cry For You" e Rick Parfitt coescribiu e tocou en "It's An Illusion". O álbum inclúe versións de "Racing in the Street" de Bruce Springsteen e de "Masters of War" de Bob Dylan.

Despois de acabar a xira de 1986 con Queen, Magic Tour, Taylor comezou a tocar nunha nova banda, The Cross, que publicou tres álbums nos seus seis anos de existencia. En 1993 a banda desfíxose, despois de realizar un último concerto no Gosport Festival.

En 1994 Taylor traballou con Yoshiki Hayashi, batería e pianista de X Japan e publicaron a canción "Foreign Sand". O álbum Happiness? estaba "Dedicado para o tigre de tasmania – thylacinus cynocephalus-, pero máis especialmente ... para Freddie". "Nazis 1994", deste álbum chegou o primeiro sinxelo con éxito en Inglaterra que veu seguido doutros dous Top 40 do Reino Unido, "Happiness" e "Foreign Sand."

En 1998 publicou o seu cuarto álbum en solitario Electric Fire. Apoiouno cunha pequena xira na primavera de 1999, na que se uniu a el Brian May na actuación de Wolverhampton. Taylor tamén realizou unha das primeiras actuacións por Internet, pola que se menciona no Guinness Book of World Records.[4]

En 2010, despois de doce anos de carreira en solitario, Taylor planea publicar un novo álbum tituladoThe Unblinking Eye (Everything Is Broken). O primeiro sinxelo, co mesmo nome, publicouse o 23 de novembro de 2009 nun formato dixital, pero pola demanda popular lanzouse unha edición limitada.[5] Nunha entrevista despois do concerto de Queen e Adam Lambert Concert en Polonia, Roger Taylor dixo que o seu novo álbum 'The Unblinking Eye' debería estar publicado en novembro . [Cómpre referencia]

The Cross

editar

The Cross foi un porxecto paralelo de Taylor que durou entre 1987 ata 1993 e que publicou tres álbums (Shove It; Mad, Bad and Dangerous to Know e Blue Rock). Mentres continuaba sendo o batería de Queen, Taylor liderou The Cross como guitarrista e vocalista principal. A banda nunca tivo moito éxito comercial, a excepción de en Alemaña.

Álbums

editar
  1. "Roger". themarchoftheblackqueen.piczo.com. Consultado o 8 April 2012. 
  2. "Roger Taylor". Queen Online. Consultado o 12 August 2012. 
  3. "A mighty bash as Queen drummer Roger Taylor ties the knot". Daily Mail. Retrieved 15 May 2012
  4. The Top 20 Roger Taylor Solo Rarities, Queencollector.com Arquivado 30 de setembro de 2007 en Wayback Machine.. Retrieved on 26 July 2009.
  5. "QueenOnline – News". 17 November 2009. Consultado o 1 December 2009. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar