Robert Plant

cantante inglés de rock and roll, vocalista de Led Zeppelin

Robert Anthony Plant CBE, nado en West Bromwich o 20 de agosto de 1948, é un cantante inglés de rock and roll, famoso por ser o vocalista de Led Zeppelin. Ten unha poderosa voz e amplo rexistro vocal. É considerado un dos mellores vocalistas de toda a historia do rock, o seu xeito de cantar habería de influír en vocalistas como Rob Halford, Bruce Dickinson, Axl Rose etc. Tamén tivo unha exitosa carreira como solista, lanzando o álbum de 2007 Raising Sand , producido por T-Bone Burnett coa soprano estadounidense de bluegrass Alison Krauss, que gañou o Premio Grammy de 2009 ao Álbum do Ano.

Robert Plant
Robert Plant en (2007)
Nome completoRobert Anthony Plant
AliasPercy
Data nacemento20 de agosto 1948, West Bromwich, Inglaterra
Nado enWest Bromwich
OcupaciónMúsico, compositor
XéneroHard rock, Heavy metal, Blues rock, Rock clásico
Instrumento(s)harmónica , guitarra , pandereta e voz
Relacionado conBand of Joy, Led Zeppelin, The Honeydrippers, Page and Plant, Strange Sensation, Alison Krauss
Na rede
www.ledzeppelin.com
www.robertplant.com
IMDB: nm0686619 IBDB: 518270
Facebook: robertplant Twitter: RobertPlant Instagram: robertplantofficial Spotify: 1OwarW4LEHnoep20ixRA0y Musicbrainz: bd53f9a7-8be9-46b0-bf7d-1deea3cb57bc Songkick: 39257 Discogs: 180586 Allmusic: mn0000830538 WikiTree: Plant-752 Genius: Robert-plant Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Biografía editar

Naceu o 20 de agosto de 1948 en West Bromwich, Staffordshire, Inglaterra. Interesouse polo canto e desde os 13 anos uniuse a diversos grupos. Tiña un especial interese pola música blues. Ata existe a lenda, de que se inspirou en cantar logo de escoitar a versión de Bobby Parker do Blues Get Off My Shoulder. Aos 16 anos, deixou a súa casa e cantou con grupos como The Crawling, Robert Plant Kingsnake Blues Band, Black Snake Moan e The Delta Blues Band. A primeira tiña a John Bonham como batería.

En 1966 formou un grupo chamado Listen, que obtivo un contrato coa CBS de 3 singles, ningún tivo grande éxito. O seu seguinte proxecto foi The Band Of Joy, onde tamén tocaba Bonham. O grupo tivo éxito en clubs, pero os seus constantes cambios e a incapacidade de obter un contrato seguro, fixeron que a banda separásese a mediados de 1968.

Logo Plant traballou co veterano do blues Alexis Korner. Tamén participou en Hobbstweedle,e en festilindo, co curmán de John, Bill Bonham. Jimmy Page coñéceo nun concerto realizado con esta banda e é entón cando se une a Led Zeppelin, nese entón aínda coñecido como The New Yardbirds. É Plant quen recomenda a John Bonham como batería. No primeiro disco de Led Zeppelin, Plant non recibe ningún crédito como compositor pois o seu contrato coa CBS estaba vixente.

Robert Plant casou con Maureen Wilson o 9 de novembro de 1968, tras coñecela 2 anos antes. A súa única filla, Carmen Jane, naceu o 21 de novembro do mesmo ano do matrimonio. O seu primeiro fillo Karac Pendragon morreu en xullo de 1977, con seis anos, dunha infección estomacal. O seu segundo fillo, Logan Romeu, naceu o 21 de xaneiro de 1979. Tamén ten outro fillo - Jesse Le coa irmá da súa exmuller, que se chamaba Shirly Wilson. Este naceu no setembro de 1991.

É coñecido o cambio de voz que sufriu Robert Plant en 1973, aínda que ninguén coñece a verdadeira causa, hai moitas especulacións:

-Plant tiña moi mala dentadura, ao facela corrixir, a súa voz púidose modificar.

-O consumo de cocaína pode xerar certa deformación na vías respiratorias, a corrección deste mal produce unha voz máis nasal.

-Plant afacía forzar a súa voz moito e moi seguido, chegando a magoar as súas cordas vocais, o que producira uns nódulos na súa garganta e o efecto de extírpalos en 1974, podería ter influenciado o cambio de voz.

O 4 de agosto de 1975, na illa grega de Rodas, Plant tivo un accidente automobilístico viaxando coa súa esposa. Esta pasou varias semanas no hospital. Plant rompeu o nocello, a perna e o cóbado dereito e non se recuperou completamente ata pasados 2 anos. A gravación do disco Presence, realizouse con Plant nunha cadeira de rodas e a longa ausencia do grupo no escenario causou rumores dunha separación.

En 1979, dous anos logo da morte de Karac Plant, editouse o último lanzamento de Led Zeppelin cos seus catro integrantes, In Through The Out Door, no que Plant asina a maioría dos temas xunto con John Paul Jones.

No verán 1980, o falecemento de John Bonham o 25 de setembro, tras dunha xira europea, marcou o final de Led Zeppelin e o comezo da carreira solista de Robert Plant.

Logo de Led Zeppelin editar

Logo da verdadeira desintegración de Led Zeppelin, por mor da morte de John Bonham en 1980, Robert Plant realizou varios proxectos. En 1981 uniuse a un grupo de R&B coñecido como Honeydrippers, co seu amigo Robbie Blunt. A banda tivo a artistas invitados como Phil Collins na batería.

Entón Plant decidiu gravar o seu primeiro álbum solista, Pictures At Eleven. Este saíu en xuño de 1982 e tivo bastante éxito. A fins dese mesmo ano, Plant separouse da súa esposa Maureen e máis tarde divorciáronse.

A comezos de 1983, Plant grava o seu segundo disco como solista, The Principle of Moments. Phil Collins acompáñao de novo na batería.

En 1984, gravou un disco de 5 cancións chamado Volume One, con Jimmy Page, Jeff Beck e Nile Rodgers. O nome de Honeydrippers mantívose. A serie se estancou neste primeiro disco, nunca se gravou un segundo.

En 1985, Plant experimentou no sentido musical no seu disco Shaken 'n' Stirred. Este non tivo moito éxito. Logo dun tour a fins dese ano, a banda separouse, por un desacordo entre Plant e Blunt acerca da dirección que a súa música estaba tomando.

Entre 1986 e 1987, Plant dedicouse a formar unha nova banda. Tiña a Doug Boyle na guitarra, Chris Blackwell na batería, Phil Johnstone nos teclados e como maior compositor, e a Charlie Jones no baixo. Charlie Jones casou coa súa filla, Carmen. O primeiro disco da banda saíu en febreiro de 1988 e chamouse Now and Zen. Contou coa participación de Jimmy Page en 2 temas.

En marzo de 1990 saíu Manic Nirvana, segundo disco da banda.

En 1992, Plant cantou no Concerto en Tributo a Freddie Mercury, para renderlle homenaxe ao seu amigo de toda a vida, interpretando dúas cancións: Crazy Little Thing Called Love e Innuendo.

O disco Fate of Nations saíu en xuño de 1993, tras 2 anos de esporádicas gravacións. Este disco presenta diversas influencias, ritmos, e un gran rango de artistas invitados. As cancións 29 Palms e If I Were a Carpenter, alcanzaron éxito.

Tras nove anos,forma en 2002 o grupo Strange Sensation co que publica o álbum titulado Dreamland; composto por temas de base blues e rock. O álbum foi nomeado a dous premios Grammys nas categorías Mellor Álbum de Rock e Mellor Interpretación Vocal Masculina respectivamente.

No 2003, sae á venda un álbum dobre chamado Sixty Six to Timbutku. Neste disco inclúense ademais gravacións realizadas por un mozo Robert Plant en 1966 para a compañía CBS Records.

O 25 de abril de 2005, publica un novo disco. Mighty Rearranger é considerado pola crítica como o mellor disco en solitario da súa carreira. O álbum reúne temas de rock progresivo e hard rock rodeados de misticismo e ata influencias da música do oeste. O primeiro single editado foi Shine It All Around seguido dunha xira por distintos países incluíndo España. Este disco foi novamente nomeado a dous premios Grammys.

O 29 de outubro de 2007 apareceu o seu álbum Raising Sand, gravado conxuntamente con Alison Krauss, intérprete de fiddle e cantante de bluegrass norteamericana. O 3 de decembro de 2008 déronse a coñecer as candidaturas para a quincuaxésima primeira edición dos premios Grammy, na cal o dúo figuraba en cinco categorías; entre elas gravación do ano e álbum do ano.

A reunión de Led Zeppelin editar

O día 10 de decembro do 2007 a banda reúnese dando un concerto no estadio O2 de Londres en que máis de 20 millóns de persoas intentaron conseguir entradas xa que só déronse á venda 20 mil. Plant tocou e cantou con moito entusiasmo neste concerto, pero asegurou que nada de tour, pero Jimmy Page e John Paul Jones querían o contrario.

Robert Plant comunicou de xeito oficial, que polo momento, e durante os seguintes dous anos, non se xuntaría con Led Zeppelin para ningunha xira, mantendo a súa decisión de continuar a súa aventura musical á beira de Alison Krauss, a cantante de Bluegrass.

Discografía como solista editar

  • Pictures at Eleven (1982)
  • The Principle of Moments (1983)
  • The Honeydrippers: Volume One (1984), con Jimmy Page
  • Shaken 'n' Stirred (1985)
  • Now and Zen (1988)
  • Manic Nirvana (1990)
  • Fate of Nations (1993)
  • The Wayne's World 2 Soundtrack (1993), só unha canción
  • Non Quarter: Jimmy Page and Robert Plant Unledded (1994), como Page e Plant
  • Walking into Clarksdale (1998), como Page e Plant
  • Dreamland (2002)
  • Sixty Six to Timbuktu (2003)
  • Mighty Rearranger (2005), con Strange Sensation
  • Raising Sand (2007), conxuntamente con Alison Krauss

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar