John Paul Jones
John Paul Jones é un músico británico nado co nome de John Baldwin o 3 de xaneiro de 1946 en Sidcup, Inglaterra, coñecido principalmente por ser integrante do grupo Led Zeppelin.
John Paul Jones | |
---|---|
![]() John Paul Jones 2009 | |
Nome completo | John Baldwin |
Data nacemento | 3 de xaneiro, de 1946 (77 anos) |
Nado en | Sidcup |
Ocupación | Músico, compositor |
Xénero | Hard rock, Heavy metal |
Instrumento(s) | Baixo, Teclados, Mandolina, Koto, Guitarra, Ukelele, Violonchelo, Frauta doce, Sitar, Piano |
Selo(s) discográfico(s) | Atlantic, Swan Song |
Relacionado con | Led Zeppelin, Donovan, Foo Fighters, Butthole Surfers, Them Crooked Vultures |
Pseudónimo | John Paul Jones |
Na rede | |
www.ledzeppelin.com John Paul Jones Oficial | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] |
En 1960 con 14 anos formou parte dun grupo de danza do seu pai, Joe Baldwin, e un ano máis tarde creou a súa propia banda.
Nos anos 60 comezou a ser director e arranxador doutros grupos, así como pianista e baixista, incluíndo entre estes aos Outlaws, Mickey Most, the Mindbenders, the Everly Brothers, The Supremes, Rolling Stones, Jeff Beck, Donovan, entre outros.
É considerado como un dos máis influentes baixistas de rock da historia, destaca tamén a súa gran habilidade como pianista e teclista.
Led ZeppelinEditar
Jones deixou o seu traballo como arranxador de estudo para unirse á banda; axiña que como se decatou dos plans de Jimmy Page, no verán do 68, preguntoulle se se podía unir. Na súa época como integrante de Led Zeppelin (1968-1980) tocaba o baixo e o teclado, ademais de varios instrumentos para sesións de estudo, mandolina, frauta etc. Encargábase dos arranxos das cancións xunto con Jimmy Page. Jones foi crucial para o éxito da banda, responsable de varias cancións de Led Zeppelin , por exemplo Black Dog (Led Zeppelin IV) ou What Is And What Should Never Be (Led Zeppelin II). Tamén se pode notar a súa influencia musical en Non Quarter (Houses Of The Holy) ou Trampled Underfoot (Physical Grafiti) cancións nas que soamente usa teclados. Tamén se pode apreciar o seu traballo nas gravacións acústicas de Led Zeppelin, nas que frecuentemente tocaba a mandolina, a cal pódese escoitar en Going To California (Led Zeppelin IV) e That's The Way (Led Zeppelin III),entre outras cancións.
Está considerado como o membro de Led Zeppelin máis intelixente e versátil, grazas a súa sapiencia musical e a súa habilidade coa guitarra, a mandolina, o banxo, e ata a frauta doce, ademais do baixo e o teclado. Era o máis arraigado á familia e dotado dun sentido do humor tipicamente británico, á parte de ser o máis afastado das afeccións ocultistas de Page.
Logo de Led ZeppelinEditar
Cando en 1980 finalizou Led Zeppelin coa morte do batería John Bonham, Jones comezou en solitario a súa carreira coas bandas sonoras "Scream for Help" e "The Secret Adventures of Tom Thumb" e gravou o seu primeiro traballo en solitario titulado "Zooma", ao que seguiu "The Thunderthief" en 2001. Tampouco se debe esquecer a súa colaboración con músicos de estilos tan aparentemente afastados de Led Zeppelin como Diamanda Galás, con quen compón e grava o álbum " The Sporting Life" no ano 1994.
De recoñecido prestixio, grupos como R.E.M. suplicáronlle con éxito que lles producise un dos seus últimos traballos. A pesar dese prestixio, Page e Plant perderon contacto con el nos 90, ignorándoo cando gravaron para a MTV un clásico concerto "umplugged" (acústico). Máis recentemente retomaron o contacto: o 10 de decembro de 2007, como parte dun tributo a Ahmet Ertegün, fundador de Atlantic Records, a mítica superbanda dos 70 reuniuse de novo para encher o aire dunha renovada e excelente música.
A mediados do 2009 sóubose da súa vinculacion a un novo proxecto musical denominado Them Crooked Vultures xunto con Josh Homme á guitarra de Queens of the stone age e Dave Grohl de Foo Fighters na batería.
InstrumentosEditar
- Baixo Fretless Fender Precision Bass
- Baixo 1961 Fender Jazz Bass (Usado en concertos)
- Baixo 1951 Fender Precision Bass
- Baixo Fender Bass V
- Baixo Ibanez RD300
- Mandolina Gibson
- Mandolina acústica Andy Manson de tres mastiles, 12 cordas e 6 cordas (Usada en concertos)
- Alembic Triplo Omega
- Alembic Series II
- Baixo Custom made Pedulla Rapture
- Acoustic 360 Bass Amp
- Órgano Hammond
- Clavinet Hohner
- Hohner Electra-Piano
- Fender Rhodes
- Mellotron
- Piano Steinway
- Piano Yamaha CP-80
- Symbolic Sound Kyma system
- Sintetizador Korg Trinity
- Sintetizador Yamaha GX-1
- EMS VCS3
DiscografíaEditar
Con Led Zeppelin
- Led Zeppelin (1969)
- Led Zeppelin II (1969)
- Led Zeppelin III (1970)
- Led Zeppelin IV (1971)
- Houses of the Holy (1973)
- Physical Grafiti (1975)
- The Song Remains the Same (1976)
- Presence (1976)
- In Through the Out Door (1979)
- Coda (1982)
- BBC Sessions (1997)
- How the West Was Won (2003)
Como Solista
- Scream For Help (1985)
- The Sporting Life (Diamanda Galas 1994)
- Zooma (1999)
- The Thunderthief (2001)