Rock psicodélico
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2016.) |
O rock psicodélico é un estilo de música rock que intenta evocar a experiencia psicodélica usualmente asociada co uso de substancias psicodélicas como o cánnabis, a mescalina ou o LSD, aínda que non necesariamente implica o uso de drogas, sendo inspirada pola cultura psicodélica. A música incorporou novos efectos de son electrónicos e técnicas de gravación, longos solos instrumentais, e improvisación.[1] Moitos grupos psicodélicos teñen estilos distintos, e a etiqueta adoita a usarse espuriamente.[2]
Rock psicodélico | |
---|---|
Orixe musical | British Rock, folk, blues, folk-rock, garage rock |
Orixe cultural | ao redor de 1964 nos Estados Unidos |
Instrumentos típicos | guitarra eléctrica (normalmente con efectos coma fuzz, phaser, flanger, reverb etc.), baixo, batería, órgano electrónico, sitar, sintetizador Moog, theremin, efectos de son de estudo |
Dentro da historia do rock, o rock psicodelico é unha ponte desde o rock blues face o rock progresivo e o heavy metal, así como tamén as fusións do rock con xéneros como o jazz ou xéneros musicais do mundo, moi especialmente a música da India polo seu toque místico. Na metade da década dos sesenta nace o rock psicodélico cos experimentos de bandas como The Doors, The Beatles, The Who, The Byrds, Pink Floyd e The Beach Boys para despois influenciar moitas bandas ao redor do mundo que se inspirarían nos modelos sobre todo californianos e británicos de rock psicodélico. En décadas posteriores aparecerian diversas bandas cunha forte influencia psicodélica entre as que destacan grupos tan variados como Hawkwind, XTC, Spacemen 3 o Animal Collective.
Orixinado entre músicos británicos e estadounidense, o son do rock psicodélico invoca tres efectos principais do LSD: depersonalización, descronización, e dinamización,os cales afastan ao usuario da realidade cotiá.[2] Musicalmente, os efectos poden representarse a través de novidosos trucos de estudio, instrumentación electrónica ou non occidental, estruturas de cancións disxuntivas, e segmentos instrumentais estendidos.[3]
Notas
editar- ↑ Prown, Pete (1997). Legends of rock guitar : the essential reference of rock's greatest guitarists. Milwaukee, WI: H. Leonard. ISBN 978-0-7935-4042-6. OCLC 37030093.
- ↑ 2,0 2,1 Hicks 2000, p. 63
- ↑ Hicks 2000, pp. 63-66
Este artigo sobre música é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |