George Roger Waters, nado o 6 de setembro de 1943, é un cantante, compositor e baixista inglés. No ano 1965 cofundou a banda de rock progresivo Pink Floyd xunto co batería Nick Mason, o teclista Rick Wright e o guitarrista, cantante e compositor Syd Barrett. Waters inicialmente serviu como baixista do grupo, pero despois da marcha de Barrett en 1968 converteuse tamén no seu letrista, líder conceptual e co-vocalista.

Infotaula de personaRoger Waters

(2015) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) George Roger Waters Editar o valor en Wikidata
6 de setembro de 1943 Editar o valor en Wikidata (81 anos)
Great Bookham (Reino Unido) Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor en Wikidata
RelixiónAteísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónCambridgeshire High School for Boys (en) Traducir
Universidade de Westminster Editar o valor en Wikidata
Altura1,9 m Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncompositor , batería , activista pola paz , trompetista , director de cinema , baixista , produtor musical , cantante , cantautor , pianista , guitarrista , guionista , artista discográfico Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1964 Editar o valor en Wikidata -
Membro de
Pink Floyd (1964–1985)
Sigma 6 Editar o valor en Wikidata
Xénero artísticoRock progresivo, Art rock, Rock psicodélico, Blues rock e ópera Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua inglesa Editar o valor en Wikidata
RepresentanteMark Fenwick (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
TesituraBarítono Editar o valor en Wikidata

InstrumentoBaixo, guitarra e voz Editar o valor en Wikidata
Selo discográficoCapitol Records
Harvest Records (pt) Traducir
Columbia Records
Sony Music Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeKamilah Chavis (2021–)
Carolyne Christie (1976, 1986–1992)
Judith Trim (1969–1976)
FillosHarry Waters (pt) Traducir
 () Carolyne Christie (en) Traducir
India Waters
 () Carolyne Christie (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
PaisEric Fletcher Waters (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata  e Mary D. Whyte (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

Páxina webrogerwaters.com Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0914166 Allocine: 36229 Allmovie: p116068 IBDB: 84130
Facebook: rogerwaters Twitter: rogerwaters Instagram: rogerwaters Youtube: UCRpdKithfG65rWvtsQt0TDQ BNE: XX1157606 Bandcamp: rogerwaters Spotify: 40DqL6Tv84cKT2pH2NMs9r iTunes: 542658 Last fm: Roger+Waters Musicbrainz: 0f50beab-d77d-4f0f-ac26-0b87d3e9b11b Songkick: 278888 Discogs: 110862 Allmusic: mn0000254556 WikiTree: Waters-8218 Deezer: 10597 Genius: Roger-waters Editar o valor en Wikidata

Pink Floyd conseguiría un grande éxito internacional cos álbums conceptiuais The Dark Side of the Moon, Wish You Were Here, Animals e The Wall. Cara principios dos anos 80 convertérase nunha das bandas máis aclamadas pola crítica e de máis vendas na historia da música popular; no ano 2013 levaba vendidos máis de 250 millóns de álbums en todo o mundo. No medio de diferenzas creativas dentro do grupo, Waters marchou en 1985 e iniciou unha disputa legal cos membros que quedaron polo uso do nome do grupo e do material. A disputa resolveuse en 1987 e pasarían case 18 anos antes de que tocase novamente con eles.

A carreira en solitario de Waters inclúe tres álbums de estudio: The Pros and Cons of Hitch Hiking, Radio K.A.O.S. e Amused to Death. En 1990 realizou un dos concertos de rock máis grandes e extravagantes da historia, The Wall – Live in Berlin, cunha asistencia oficial de 200.000 persoas. Como membro de Pink Floyd , foi introducido no Rock and Roll Hall of Fame estadounidense en 1996 e no Music Hall of Fame británico en 2005. Ese mesmo ano publicou Ça Ira, unha ópera en tres actos cun libreto escrito por Étienne e Nadine Roda-Gils sobre a Revolución Francesa. Posteriormente nese mesmo ano, reuniuse con compañeiros de Pink Floyd Nick Mason, Rick Wright e David Gilmour para o evento de concienciación global Live 8; foi a primeira aparición do grupo con Waters dende 1981. Waters ten xirado extensamente como artista en solitario dende 1999 e tocou enteiramente The Dark Side of the Moon para a súa xira mundial de 2006–2008. En 2010 iniciou The Wall Live e no ano seguinte Gilmour e Mason apareceron con el durante unha actuación do álbum en Londres.

Biografía

editar

1943–1964: primeiros anos

editar

George Roger Waters naceu o 6 de setembro de 1943, sendo o máis novo dos dous nenos do matrimonio formado por Mary (apelido de solteira Whyte; 1913–2009) e Eric Fletcher Waters (1914–1944), en Great Bookham, Surrey.[1] Seu pai, o fillo dun mineiro de carbón e activista do Partido Laborista, era mestre de escola, un devoto cristián e membro do Partido Comunista británico.[2] Nos primeiros anos da segunda guerra mundial seu pai foi obxector de conciencia que conduciu unha ambulancia durante os ataques aéreos sobre Reino Unido.[2] Posteriormente cambiou a súa postura sobre o pacifismo e uniuse ao exército británico. Morrería o 18 de febreiro de 1944 en Aprilia, entre Anzio e Roma, cando Roger tiña cinco meses.[3] O 19 de febreiro de 2014 Waters inaugurou un monumento ao seu pai e a outras baixas de guerra alí, e foi nomeado cidadán honorario de Anzio. Tras a morte do seu marido Mary Waters, que tamén era mestra, mudouse cos seus dous fillos a Cambridge e criounos alí.[4] O primeiro recordo de Roger Waters é a celebración do día da vitoria sobre Xapón.[5] Mary Waters morreu en 2009, aos 96 anos de idade.

Waters foi ao Morley Memorial Junior School en Cambridge e despois ao Cambridgeshire High School (no presente o Hills Road Sixth Form College) con Syd Barrett.[6] Aos 15 anos Waters era o presidente da Campaña da mocidade de Cambridge para o desarme nuclear,[7] deseñando o seu cartel publicitario e participando na súa organización.[8] Aínda que era un entusiasta deportista e un membro valorado dos equipos de crícket e rugby do instituto,[9] non lle gustaba a súa experiencia educativa. Segundo as súas propias palabras, "odiaba cada segundo, agás os xogos. O réxime na escola era moi opresivo... os mesmos nenos susceptibles a intimidar a outros nenos tamén eran susceptibles a ser intimidados polos mestres".[10] Aínda que Waters xa coñecía a Barrett e a Gilmour da súa infancia en Cambridge, coñeceu aos futuros fundadores de Pink Floyd Nick Mason e Richard Wright en Londres, na escola de arquitectura Regent Street Polytechnic (posteriormente a Universidade de Westminster). Waters matriculouse alí en 1962, despois de que unha serie de probas de aptitude indicasen que se axustaría ben a ese campo.[11] Inicialmente considerou estudar enxeñería mecánica.[12]

1965–1985: Pink Floyd

editar

Formación e período dirixido por Barrett

editar
 
Waters con Pink Floyd en 1970

Cara setembro de 1963 Waters e Mason perderan interese nos seus estudos; trasladáranse ao piso inferior de Stanhope Gardens, propiedade de Mike Leonard, un titor a tempo parcial do Regent Street Polytechnic.[13] Waters, Mason e Wright tocaron música xuntos por vez primeira a finais dese ano, nunha banda formada polo vocalista Keith Noble e o baixista Clive Metcalfe.[14] Adoitaban chamarse Sigma 6, pero tamén usaron o nome The Meggadeaths.[8] Waters tocaba a guitarra rítmica e Mason a batería, mentres Wright tocaba calquera teclado co que contase, e a irmá de Noble, Sheilagh, proporcionaba acompañamento vocal ocasionalmente.[15] Nos seus primeiros anos a banda actuou en funcións privadas e ensaiaba nun salón de té no soto do Regent Street Polytechnic.[16]

Cando Metcalfe e Noble marcharon para formar o seu propio grupo en setembro de 1963, o resto dos membros pedíronlle a Barrett e ao guitarrista Bob Klose que se unisen a eles.[17] Waters cambiouse ao baixo cara xaneiro de 1964 e o grupo pasou a coñecerse como The Abdabs ou The Screaming Abdabs.[18] A finais dese ano a banda usou os nomes Leonard's Lodgers, Spectrum Five e finalmente The Tea Set.[19] Nalgún momento a finais de 1965 The Tea Set comezou a chamarse Pink Floyd Sound, despois Pink Floyd Blues Band e a comezos de 1966 Pink Floyd.[20]

A comezos de 1966 Barrett era o líder, guitarrista e compositor de Pink Floyd.[21] El compuxo ou co-compuxo todos os temas agás un do seu álbum de estrea The Piper at the Gates of Dawn, publicado en agosto de 1967.[22] Waters contribuíu co tema "Take Up Thy Stethoscope and Walk" ao disco.[23] Cara finais de 1967 a deteriorada saúde mental de Barrett e o seu cada vez máis errático comportamento fíxoo incapaz de continuar como compositor, cantante e guitarrista do grupo.[22] A principios de marzo de 1968 Pink Floyd reuniuse cos representantes Peter Jenner e Andrew King de Blackhill Enterprises para discutir o futuro da banda. Barrett accedeu a deixar Pink Floyd, e o grupo "aceptou o dereito a perpetuidade de Blackhill" con respecto a "actividades pasadas".[24] O seu novo representante, Steve O'Rourke, fixo un anuncio formal sobre a marcha de Barrett e a chegada de David Gilmour en abril de 1968.[25]

Período dirixido por Waters

editar

Enchido o baleiro deixado pola marcha de Barrett en marzo de 1968, Waters comezou a trazar a dirección artística de Pink Floyd. Converteuse no principal compositor e en co-vocalista (xunto con Gilmour, e ás veces con Wright), e sería a figura creativa dominante ata a súa marcha en 1985.[26] Compuxo as letras dos cinco álbums de Pink Floyd que precederon á súa marcha, comezando con The Dark Side of the Moon (1973) e rematando con The Final Cut (1983), mentres que exercía cada vez máis control creativo sobre a banda e a súa música. Cada álbum de estudio de Waters dende The Dark Side of the Moon foi un álbum conceptual.[27] Con letras escritas totalmente por Waters, The Dark Side of the Moon foi un dos álbums de rock máis exitosos comercialmente de todos os tempos. Estivo 736 semanas seguidas na lista Billboard 200 ata xullo de 1988, e vendeu uns 40 millóns de copias en todo o mundo. Continuou vendendo ao redor de 8.000 unidades cada semana ata 2005.[28]

 
Pink Floyd en 1973

Waters produciu ideas temáticas que se converteron no ímpeto para os álbums conceptuais de Pink Floyd The Dark Side of the Moon, Wish You Were Here, Animals e The Wall (escritos principalmente por Waters), e The Final Cut (composto enteiramente por el).[29] Referiuse ou aludiu ao custo da guerra e á perda do seu pai ao longo do seu traballo, dende "Corporal Clegg" (A Saucerful of Secrets, 1968) e "Free Four" (Obscured by Clouds, 1972) ata "Us and Them" do The Dark Side of the Moon, "When the Tigers Broke Free", primeiro usada na película The Wall (1982) e posteriormente incluída con "The Fletcher Memorial Home" en The Final Cut, un traballo adicado ao seu pai.[30] A temática e composición de The Wall estiveron influenciados pola súa educación nunha sociedade inglesa minguada de homes tras a segunda guerra mundial.[31]

O álbum duplo The Wall foi composto case enteiramente por Waters e está principalmente aseado na historia da súa vida.[32] No ano 2013 este traballo levaba vendidas máis de 23 millóns de copias nos Estados Unidos, sendo un dos cinco álbums máis vendidos nese país segundo a RIAA.[33] Pink Floyd contratou a Bob Ezrin para coproducir o disco, e ao debuxante Gerald Scarfe para as ilustracións do traballo.[34] A banda embarcouse na The Wall Tour entre 1980 e 1981, sendo o seu derradeiro concerto en Londres o 16 de xuño de 1981. Esta sería a última aparición da banda con Waters ata a breve reunión para o concerto do Live 8 en xullo de 2005, 24 anos despois.[35]

En marzo de 1983 publicouse a última colaboración entre Waters, Gilmour e Mason, The Final Cut. O álbum subtitulouse "Un réquiem para o soño de posguerra por Roger Waters, interpretado por Pink Floyd".[36] Waters compuxo todas as letras e toda a música do traballo. As súas letras eran críticas co goberno do Partido Conservador da época e menciónase á Primeira Ministra Margaret Thatcher polo seu nome.[37] Nese tempo Gilmour non tiña ningún material novo, polo que lle pediu a Waters atrasar a gravación ata que puidese compoñer algúns temas, pero Waters negouse.[38] Segundo Mason, despois de loitas de poder dentro da banda e de discusións creativas sobre o álbum, o nome de Gilmour "desapareceu" dos créditos de produción, aínda que mantivo a súa paga.[39] A revista Rolling Stone daríalle cinco estrelas ao disco, con Kurt Loder describíndoo como "un logro superlativo" e "unha obra mestra do art rock".[40][41] Loder viu o traballo como "esencialmente un álbum en solitario de Roger Waters".[42]

No medio de diferenzas creativas dentro do grupo, Waters deixou Pink Floyd en 1985 e comezou unha batalla legal cos membros restantes con respecto ao uso do nome e do material da banda.[43] En decembro de 1985 Waters "emitíu un comunicado a EMI e CBS invocando a cláusula 'Membro saínte'" do seu contrato. En outubro de 1986 iniciou un proceso na Corte Suprema para disolver formalmente a sociedade Pink Floyd. Na súa alegación ante o Tribunal Supremo dixo que Pink Floyd era "un ente acabado creativamente".[44] Gilmour e Mason opuxéronse á solicitude e anunciaron a súa intención de continuar como Pink Floyd. Waters afirmou ser obrigado a renunciar ao igual que o fora Wright algúns anos antes, e decidiu deixar Pink Floyd baseándose en consideracións legais dicindo "... porque, se non o fixese, as repercusións financeiras varreríanme completamente".[45] En decembro de 1987 chegouse a un acordo entre Waters e Pink Floyd.[43]

Waters quedou liberado das súas obrigas contractuais con O'Rourke e retivo os dereitos sobre o concepto de The Wall e o porco inflable de Animals.[46] Pink Floyd publicou tres álbums de estudio sen Waters: A Momentary Lapse of Reason (1987), The Division Bell (1994) e The Endless River (2014). Cara 2013 Pink Floyd vendera máis de 250 millóns de álbums en todo o mundo, incluídos 74,5 millóns certificados pola RIAA só nos Estados Unidos.

1984-presente: carreira en solitario

editar

1986-1996

editar

Tras a publicación de The Final Cut Waters iniciou unha carreira en solitario que produciu tres álbums conceptuais e a banda sonora dunha película. En 1984 editou o seu primeiro disco, The Pros and Cons of Hitch Hiking, un proxecto sobre os soños dun home a través dunha noite trataba os sentimentos de Waters sobre a monogamia e a vida en familia fronte "a chamada do salvaxe".[47] No final a personaxe, Reg, elixe o amor e o matrimonio sobre a promiscuidade. O álbum conta o guitarrista Eric Clapton, o saxofonista de jazz David Sanborn, e co traballo artístico de Gerald Scarfe.[47] Kurt Loder describiu The Pros And Cons of Hitch Hiking como unha "gravación estraña e débil",[48] e a Rolling Stone outorgoulle unha única estrela.[47] Anos despois, Mike DeGagne de AllMusic loubou o traballo polo seu "enxeñoso simbolismo" e "brillante uso da corrente de consciencia dentro dun mundo subconsciente", dándolle catro de cinco estrelas.[49] Waters comezou unha xira para promocionar o álbum, axudado por Clapton, unha nova banda, novo material, e unha selección dos seus temas favoritos de Pink Floyd. Waters iniciou a xira en Estocolmo o 16 de xuño de 1984. En xeral as vendas de entradas foron pobres, e tiveron que cancelarse algúns dos concertos nos locais máis grandes.[50] Segundo as súas propias estimacións, perdeu unhas 400.000 libras na xira.[51] En marzo de 1985 foi a Norteamérica para tocar en pequenos locais coa The Pros and Cons Plus Some Old Pink Floyd Stuff-North America Tour 1985. The Pros and Cons of Hitch Hiking acabaría sendo certificado ouro pola RIAA.

En 1986 Waters contribuíu con varios temas e compuxo o score para a banda sonora da película de animación When the Wind Blows, baseada no libro do mesmo título de Raymond Briggs. A súa banda de acompañamento incluía a Paul Carrack e foi acreditada como The Bleeding Heart Band.[52] En 1987 Waters publicou Radio K.A.O.S., un álbum conceptual baseado nun home mudo chamado Billy dun pobo mineiro galés empobrecido que ten a habilidade de sintonizar as ondas de radio na súa cabeza. Billy primeiro aprende a comunicarse cun pinchadiscos de radio e finalmente a controlar os ordenadores do mundo. Anoxado co estado do mundo no que vive, simula un ataque nuclear. Tras o lanzamento iniciou unha xira promocional ese mesmo ano.[53]

 
The Wall – Live in Berlin

En novembro de 1989 cae o Muro de Berlín e en xullo de 1990 Waters organizou un dos concertos de rock máis grande e elaborados da historia,[54] The Wall – Live in Berlin, no terreo desocupado entre Potsdamer Platz e a Porta de Brandeburgo. Oficialmente asistiron 200.000 persoas, aínda que algunhas estimacións dobraban esa cantidade, e por televisión o viron uns 1.000 millóns de espectadores.[55] Leonard Cheshire pediulle que fixera o concerto para recadar fondos para causas benéficas. O grupo de Waters incluía a Joni Mitchell, Van Morrison, Cyndi Lauper, Bryan Adams, Scorpions e Sinéad O'Connor. Waters tamén usou a orquestra sinfónica e o coro de Alemaña Oriental, unha banda de marcha soviética, e un par de helicópteros do 7º Escuadrón de Mando e Control Aerotransportado estadounidense. Deseñado por Mark Fisher, o muro tiña 25 metros de alto e 170 metros de longo e foi construído ao longo do escenario. As marionetas inflables de Scarfe recreáronse nunha escala maior, e aínda que moitas iconas do rock recibiron invitacións ao concerto, Gilmour, Mason e Wright non serían convidados.[56] Waters publicou o concerto como álbum dobre e este foi certificado platino pola RIAA.

En 1990 Waters contratou ao representante Mark Fenwick e deixou EMI por un contrato mundial con Columbia Records. Publicou o seu terceiro álbum de estudio, Amused to Death, en 1992. O disco está fortemente influenciado polos eventos das Protestas da Praza Tian'anmen de 1989 e a Guerra do Golfo, é unha crítica da noción da guerra convertida en obxecto de entretemento, particularmente en televisión. O título deriva do libro Amusing Ourselves to Death de Neil Postman. Patrick Leonard, que traballara en A Momentary Lapse of Reason, coproduxo o álbum. Jeff Beck tocou a guitarra en moitos dos temas do traballo, que foi gravado cun número impresionante de músicos en dez estudios de gravación diferentes.[57] É o álbum en solitario de Waters máis aclamado pola crítica, colleitando unha certa comparación co seu anterior traballo en Pink Floyd.[58] Waters describiu o disco como "un traballo impresionante", clasificando o traballo como un dos mellores da súa carreira xunto con The Dark Side of the Moon e The Wall.[59] O álbum tivo un grande éxito, a canción "What God Wants, Pt. 1", que acadou o número 35 no Reino Unido en setembro de 1992 e o número 5 da lista da Billboard Mainstream Rock Tracks nos Estados Unidos. Amused to Death foi certificado ouro pola British Phonographic Industry. As súas vendas foron de ao redor dun millóns de copias a pesar de que non houbo xira de promoción. Waters interpretaría por vez material do disco sete anos despois, durante a xira In the Flesh.[60] En 1996 Waters foi introducido no Rock and Roll Halls of Fame como membro de Pink Floyd.[61]

1999-2004

editar

En 1999, despois de 12 anos sen xirar e de 7 ausente da industria da música, Waters embarcouse na xira In the Flesh, interpretando tanto material seu como de Pink Floyd. A xira foi un éxito financeiro nos Estados Unidos, e aínda que Waters contratara principalmente pequenas salas as entradas vendéronse tan ben que moitos dos concertos reubicáronse en espazos máis grandes.[62] A xira finalmente estendeuse a todo o mendo e durou tres anos. No ano 2000 publicaríase un vídeo da xira en CD e DVD, chamado In the Flesh – Live. Durante a mesma tocou dúas novas cancións, "Flickering Flame" e "Each Small Candle", como bis final en moitos dos concertos. E xuño do ano 2002 rematou a xira cunha actuación diante de 70.000 persoas no Glastonbury Festival of Performing Arts, tocando 15 temas de Pink Floyd e 5 canción do seu catálogo en solitario.[62]

Miramax anunciou a mediados de 2004 que aparecería unha produción de The Wall en Broadway con Waters xogando un papel importante na dirección creativa. Os informes dicían que o musical contería non só as cancións orixinais de The Wall, senón tamén temas de The Dark Side of the Moon, Wish You Were Here e outros álbums de Pink Floyd, ademais de material novo.[63]

Na noite do 1 de maio de 2004 extractos gravados da ópera Ça Ira, incluída a súa apertura, foron tocados nas celebracións Welcome Europe de adhesión de Malta á Unión Europea. Gert Hof mesturou os extractos gravados da ópera nunha peza de música continua que foi tocada como acompañamento a un grande espectáculo de luces e fogos de artificio sobre o porto da Valeta.[64] No mes de xullo dese mesmo ano Waters publicou dous novos temas a través de Internet: "To Kill the Child", inspirado pola invasión de Iraq en 2003, e "Leaving Beirut", unha canción anti-belicista "inspirada polas súas viaxes polo Oriente Medio cando era adolescente".[65]

2005-presente

editar
 
Waters (na dereita) actuando con Pink Floyd no Live 8

En xullo de 2005 Waters reuniuse con Mason, Wright e Gilmour para a que sería a súa última actuación xuntos no concerto Live 8 no Hyde Park de Londres.[66] Xuntos realizaron un set de 23 minutos composto por "Speak to Me/Breathe"/"Breathe (Reprise)", "Money", "Wish You Were Here" e "Comfortably Numb". Waters dixo a Associated Press que aínda que a experiencia de tocar novamente con Pink Floyd foi positiva, as posibilidades dunha reusión de boa fe serían "escasas" considerando as diferenzas musicais e ideolóxicas que continuaban tendo el e Gilmour.[67] Aínda que Waters tiña ideas diferentes sobre que cancións deberían tocar accedeu por unha noite.[68] Gilmour dixo a Associated Press: "Os ensaios convencéronme que non era algo que me apetecese facer moito. Houbo todo tipo de despedidas nas vidas e carreiras da xente que despois foron revocados, pero eu podo afirmar categoricamente que non haberá outra xira ou outro álbum no que participe. Non ten nada que ver con rancores nin nada así. Só é que... Estiven aí, xa o fixen".[69] En novembro de 2005 Pink Floyd foi incluído no Music Hall of Fame británico por Pete Townshend de The Who.[70]

En setembro de 2005 Waters publicou Ça Ira ("todo irá ben" en francés), unha ópera en tres actos traducida ao inglés do libreto de Étienne Roda-Gil que ten como temática a Revolución francesa.[71] Ça Ira editouse como un álbum en dobre CD, contando co barítono Bryn Terfel, a soprano Ying Huang e o tenor Paul Groves.[72] Situada a principios da Recolución Francesa, o libreto orixinal é obra de Roda-Gil e a súa muller Nadine Delahaye. Waters comezara a reescribir o libreto ao inglés en 1989,[73] e dixo sobre a coposición: "Sempre fun un gran seguidor da música coral de Beethoven, Berlioz e Borodin ... Este é descaradamente romántico e reside na tradición de principios do século XIX, porque aí é onde están os meus gustos pola música clásica e coral".[74] Waters apareceu en televisión para falar da ópera, pero o entrevistador centrouse na súa relación con Pink Floyd, algo que Waters "evitou discretamente", cousa que o biógrafo de Pink Floyd Mark Blake di que é "unha proba da súa apacible idade madura ou é grazas aos seus vinte anos de psicoterapia".[65] Ça Ira chegou ao número 5 da lista Billboard Classical Music nos Estados Unidos.[75]

En xuño de 2006 Waters comezou a The Dark Side of the Moon Live, unha xira de dous anos que comezou en Europa. A primeira metade dos concertos contaba tanto co cancións e solitario como de Pink Floyd, mentres que a segunda incluía a todo o álbum The Dark Side of the Moon, sendo a primeira vez en dúas décadas que Waters interpretaba ese disco. Os concertos remataban cun bis da terceira parte de The Wall. Waters utilizou un elaborado escenario, coa iluminación creada polo deseñador de luminotecnia Marc Brickman, que incluía láseres, máqunas de fume, pirotecnia, proxeccións psicodélicas e mascotas inchables, usando un sistema de son cuadrofónico en 360 graos. Nick Mason uniuse a Waters para a parte de The Dark Side of the Moon e os bises nalgúns concertos de 2006.[76] En setembro de 2008 a xira pasou por Norteamérica, e no 2007 comezou en xaneiro en Australia e Noza Zelandia e continuou por Asia, Europa, Suramérica e novamente Norteamérica en xuño.

En marzo de 2007 a súa canción "Hello (I Love You)" apareceu na película de ciencia ficción The Last Mimzy. A tema aparece nos créditos finais do filme. Waters publicouna como sinxelo, en CD e como descarga, e describiuna como "unha canción que captura a temática da película, o choque entre os mellores e peores instintos da humanidade, e como a inocencia dun neno pode gañar o día".[77] Waters actuou no festival de Coachella en abril de 2008 e estaba entre os cabezas de cartel do Live Earth 2008 en Bombai, India, no mes de decembro, aínda que o concerto tivo que ser cancelado polos ataques terroristas do 26 de novembro na cidade.[78]

 
Waters en Barcelona, durante o The Wall Live en 2011

En abril de 2008 Waters confirmou a posibilidade dun próximo álbum en solitario que "podería ser chamado" Heartland, e dixo que que tiña numerosas cancións compostas (algunhas xa gravadas) que intentaría publicar cando tivese un álbum completo. En xuño de 2010 publicou unha versión de "We Shall Overcome", unha canción protesta re-escrita e arranxada por Guy Carawan e Pete Seeger. Actuou con David Gilmour no Hoping Foundation Benefit Evening en xullo dese ano.[79] O set de catro temas estivo formado por: "To Know Him Is to Love Him", que fora interpretado nas primeira probas de son Pink Floyd, seguida de "Wish You Were Here", "Comfortably Numb" e "Another Brick in the Wall (Part Two)".[80]

En setembro de 2010 Waters iniciou a xira The Wall Live, unha versión actualizada dos concertos orixinais de Pink Floyd, interpretando completamente The Wall.[81] Waters dixo a Associated Press que The Wall Tour sería probablemente a súa derradeira xira, afirmando: "Non son tan novo como antes. Non son como B.B. King ou Muddy Waters. Non son un gran vocalista nin un grande instrumentista nin nada, pero aínda teño lume nas tripas e teño cousas que dicir. Teño o canto do cisne dentro e creo que isto acábase".[82] No O2 Arena de Londres o 12 de maio de 2011, Gilmour e Mason apareceron novamente con Waters. Gilmour interpretou "Comfortably Numb", e ámbolos dous uníronse a Waters para "Outside the Wall". Na primeira metade de 2012 a xira de Waters levaba vendidas máis de 1,4 millóns de entradas en todo o mundo.[83] En 2013 The Wall Live xa era a xira de maior recadación dun artista en solitario de todos os tempos.[84]

O 24 de xullo de 2015 Waters foi cabeza de cartel no Newport Folk Festival en Newport, Rhode Island. Estivo acompañado pola banda My Morning Jacket e dous cantantes do grupo Lucius.[85] O 3 de maio de 2016 Waters foi anunciado como un dos cabezas de cartel do festival Desert Trip, onde actuou dúas veces, o 9 e o 16 de outubro.[86]

Discografía

editar
Véxase tamén: Pink Floyd#Discografía.
  1. Thompson 2013, p. 7
  2. 2,0 2,1 Blake 2008, p. 13
  3. CWGC (ed.). "Casualty Details". Consultado o 3 de xaneiro de 2017. 
  4. Manning 2006, pp. 5–6
  5. BBC (ed.). "Desert Island Discs, Roger Waters". Consultado o 3 de xaneiro de 2017. 
  6. Watkinson & Anderson 1991, pp. 15–18
  7. Mason 2005, pp. 12–13
  8. 8,0 8,1 Povey 2008, p. 13
  9. Watkinson & Anderson 1991, p. 23
  10. Blake 2008, pp. 14–19
  11. Povey 2008, p. 320
  12. Blake 2008, p. 36
  13. Mason 2005, p. 20
  14. Mason 2005, p. 17
  15. Mason 2005, pp. 17–18
  16. Mason 2005, pp. 13–18
  17. Mason 2005, p. 18
  18. Povey 2008, p. 14
  19. Povey 2008, pp. 18, 28
  20. Mason 2005, pp. 30–37
  21. Mason 2005, p. 87
  22. 22,0 22,1 Mason 2005, pp. 87–107
  23. Blake 2008, p. 91
  24. Mason 2005, p. 105
  25. Mason 2005, p. 106
  26. Mason 2005, pp. 106–107, 160–161, 265, 278
  27. Blake 2008, pp. 3, 9, 113, 156, 242, 279, 320, 398.
  28. Billboard (ed.). "Floyd's 'Dark Side' Celebrates Chart Milestone". Consultado o 3 de xaneiro de 2017. 
  29. Mason 2005, pp. 265–269
  30. Blake 2008, p. 294
  31. Blake 2008, pp. 294–295, 351
  32. Blake 2008, p. 260
  33. RIAA (ed.). "Gold & Platinum - Top 100 albums". Consultado o 3 de xaneiro de 2017. 
  34. Blake 2008, pp. 260–261
  35. Povey & Russell 1997, p. 185
  36. Povey 2008, p. 230
  37. Blake 2008, pp. 294–299
  38. Blake 2008, p. 295
  39. Mason 2005, pp. 264–270
  40. Blake 2008, p. 300
  41. Schaffner 1991, p. 262
  42. Loder, Kurt. Rolling Stone, ed. "Pink Floyd: The Final Cut". Consultado o 3 de xaneiro de 2017. 
  43. 43,0 43,1 Povey 2008, pp. 240–241
  44. Povey 2008, pp. 221, 237, 240–241, 246
  45. Blake 2008, pp. 312–313
  46. Mason 2005, pp. 293–294
  47. 47,0 47,1 47,2 Schaffner 1991, pp. 272–273
  48. Blake 2008, pp. 305–306
  49. DeGagne, Mike. Allmusic, ed. "Roger Waters - The Pros and Cons of Hitch Hiking". Consultado o 4 de xaneiro de 2017. 
  50. Blake 2008, pp. 332–333
  51. Blake 2008, p. 309
  52. Fitch 2005, p. 36
  53. Manning 2006, p. 131
  54. Povey & Russell 1997, pp. 246–247
  55. Blake 2008, p. 346
  56. Blake 2008, pp. 342–347
  57. Blake 2008, pp. 348–349
  58. Blake 2008, pp. 347–352
  59. Manning 2006, pp. 141, 252
  60. Povey 2008, pp. 323–324
  61. Rock and Roll Hall of Fame (ed.). "Pink Floyd". Consultado o 4 de xaneiro de 2017. 
  62. 62,0 62,1 Povey 2008, pp. 329–334
  63. BBC (ed.). "Pink Floyd's Wall Broadway bound". Consultado o 4 de xaneiro de 2017. 
  64. Povey 2008, p. 334
  65. 65,0 65,1 Blake 2008, p. 391
  66. Povey 2008, pp. 237, 266–267
  67. Schaffner 1991, p. 308
  68. Blake 2008, pp. 382–383
  69. MSNBC (ed.). "Gilmour says no Pink Floyd reunion". Consultado o 4 de xaneiro de 2017. 
  70. Blake 2008, p. 386
  71. Tsioulcas, Anastasia (27 de agosto de 2005). "Waters' New Concept". Billboard: 45. Consultado o 4 de xaneiro de 2017. 
  72. Povey 2008, pp. 324–325
  73. Manning 2006, p. 256
  74. Blake 2008, p. 392
  75. Billboard (ed.). "Roger Waters: Ca Ira". Consultado o 4 de xaneiro de 2017. 
  76. Povey 2008, pp. 319, 334–338
  77. Market Wired (ed.). "Reminder - Pink Floyd Rock Icon Roger Waters Records "Hello (I Love You)," an Original Song for New Line Cinema's "The Last Mimzy"". Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 5 de xaneiro de 2017. 
  78. The Guardian (ed.). "Live Earth India cancelled after Mumbai attacks". Consultado o 5 de xaneiro de 2017. 
  79. BBC (ed.). "Pink Floyd may get back together for charity". Consultado o 5 de xaneiro de 2017. 
  80. Rolling Stone (ed.). "Pink Floyd's Gilmour and Waters Stun Crowd With Surprise Reunion". Consultado o 5 de xaneiro de 2017. 
  81. BBC (ed.). "Pink Floyd's Roger Waters revisits The Wall". Consultado o 5 de xaneiro de 2017. 
  82. NPR (ed.). "Roger Waters Revisits 'The Wall' For Final Anniversary Tour". Consultado o 5 de xaneiro de 2017. 
  83. BBC (ed.). "Roger Waters tops worldwide ticket sales for 2012". Consultado o 5 de xaneiro de 2017. 
  84. Billboard (ed.). "Roger Waters Passes Madonna for Solo Boxscore Record with $459M Wall Live Tour". Arquivado dende o orixinal o 16 de marzo de 2017. Consultado o 5 de xaneiro de 2017. 
  85. Rolling Stone (ed.). "Watch Roger Waters Perform With My Morning Jacket at Newport Folk Fest". Consultado o 5 de xaneiro de 2017. 
  86. Rolling Stone (ed.). "Stones, McCartney, Dylan, the Who, Waters, Young Confirm Mega-Fest". Consultado o 5 de xaneiro de 2017. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar