Rock progresivo

O rock progresivo (tamén coñecido como prog rock ou prog) é un amplo subxénero do rock que naceu no Reino Unido e nos Estados Unidos entre mediados e finais dos anos 60 e tivo o seu máximo esplendor na década dos 70, aínda que hoxe en día continúa sendo un xénero moi popular. É comunmente asociado ao rock sinfónico e ao art rock, aínda que o termo rock progresivo actualmente abarca un espectro de música moito maior que eses dous xéneros.

Rock progresivo
ROCK CONCERT. (FROM THE SITES EXHIBITION. FOR OTHER IMAGES IN THIS ASSIGNMENT, SEE FICHE NUMBERS 42, 97.) - NARA - 553890.jpg
Pink Floyd en 1973
Orixe musicalrock psicodélico, jazz fusion, blues rock, hard rock, folk rock, músicas do mundo, música electrónica, música clásica, free jazz
Orixe culturalmediados-finais dos 60 no Reino Unido, Estados Unidos, Italia e Alemaña
Instrumentos típicosguitarra, baixo, teclados, piano, batería
DerivadosKrautrock, música new age, math rock, post-rock, space music, new wave
Subxéneros
metal progresivo, rock sinfónico, rock neo-progresivo, new prog, space rock, krautrock, zeuhl

O rock progresivo acostuma combinar elementos do jazz, da música clásica, do folk e das músicas do mundo con formatos típicos do rock, a miúdo rexeitando determinadas normas do xénero, e usando porén estruturas musicais e ideas relativamente raras. As partes instrumentais adoitan a ser comúns, mentres que as cancións con letra tenden a ser conceptuais, abstractas ou baseadas na fantasía.

O xénero desenvolveuse a finais dos anos 60 a partir do rock psicodélico, como parte dunha ampla tendencia na música rock desa época de inspirarse en cada vez máis diversas influencias. O termo foi inicialmente aplicado á música de bandas como Pink Floyd, King Crimson, Yes, Genesis, Jethro Tull, Soft Machine e Emerson, Lake & Palmer, acadando a súa máxima popularidade a mediados dos anos 70.

Definición e característicasEditar

Alcance e termos relacionadosEditar

O termo "rock progresivo"é sinónimo de "art rock", "rock clásico" (non confundilo co formato do mesmo nome usado na radio), e "rock sinfónico".[1] Historicamente, "art rock" foi usado para describir polo menos dous tipos de rock relacionados aínda que distintos.[2] O primeiro é o rock progresivo como se entende xeralmente, mentres que o segundo uso refírese a grupos que rexeitaron a psicodelia e a contracultura hippie en favor dun enfoque modernista e vangardista.[2] As semellanzas entre os dous termos son que ámbolosdous describen un intento, maiormente británico, de elevar a música rock a novos niveis de credibilidade artística. Porén, é máis probable que o art rock teña influencias experimentais ou vangardistas.[3] O "Prog" ideouse na década dos 90[4] como un termo abreviado, pero despois converteuse nun adxectivo transferible, o que tamén suxire unha paleta máis ampla que a das bandas máis populares da década dos 70.[5]

O rock progresivo é variado e está baseado en fusións de estilos, enfoques, e xéneros, aproveitando resoancias culturais máis amplas que o conectan coa arte de vangarda, a música clásica e o folk, a performance e a imaxe en movemento. Aínda que a finais da década dos 60 xurdiu un estilo "progresivo" inglés unidireccional, en 1967 o rock progresivo chegara a constituír unha diversidade de códigos de estilo vagamente asociados.[6] Cando a etiqueta "progresiva" chegou, a música foi bautizada como "pop progresivo" antes de pasar a chamarse "rock progresivo",[7] referíndose o termo "progresivo" á ampla gama de intentos de romper coa fórmula estándar da música pop.[8] Distintos factores adicionais axudaron á adquisición da etiqueta "progresivo": as letras eran máis poéticas; a tecnoloxía aproveitouse para novos sons; a música achegouse á condición de "arte"; importouse algo de lingüaxe armónica do jazz e a música clásica do século XIX; o formato de álbum superou aos dos sinxelos; e o estudio, en lugar do escenario, converteuse no centro da actividade musical, que a miúdo implicaba crear música para escoitar, non para bailar.[9]

Os críticos do xénero adoitan a limitar o seu alcance a un estereotipo de solos longos, letras de fantasía, escnarios grandiosos e disfraces, álbums demasiado extensos, e unha dedicación obsesiva ás habilidades técnicas.[10] Aínda que o rock progresivo soe ser citado pola súa fusión de alta e baixa cultura, poucos artistas incorporaron temas clásicos literais no seu traballo en gran medida,[11] e só un feixe de grupos emularon ou fixeron referencia á música clásica a propósito.[5] A escritora Emily Robinson di que a definición restrinxida de "rock progresivo" foi unha medida contra a aplicación flexible do termo a finais da década dos 60, cando "se aplicou a todos, dende Bob Dylan ata os Rolling Stones". O debate sobre o criterio do xénero continuou ata a década de 2010, particularmente nos foros de Internet dedicados ao progresivo.[4]

Segundo os musicólogos Paul Hegarty e Martin Halliwell, Bill Martin e Edward Macan escribiron libros importantes sobre o rock progresivo mentres "aceptaban efectivamente a caracterización do rock progresivo ofrecida polos seus críticos. ... cada un faino en gran medida inconscientemente".[10] O académico John S. Cotner cuestiona a opinión de Macan de que o rock progresivo non pode existir sen a asimilación continua e aberta da música clásica ao rock.[6] O autor Kevin Holm-Hudson está de acordo con que "o rock progresivo é un estilo moito máis diverso do que se escoita nos seus grupos mainstream e do que dan a entender os críticos pouco comprensivos".[12]

Relación coa arte e as teorías sociaisEditar

Nas primeiras referencias á música, "progresivo" estaba parcialmente relacionado coas políticas progresistas, pero todas esas connotacións perdéronse durante os anos 70.[4] Sobre a "música progresiva", Holm-Hudson escribe que "se move continuamente entre referencias explícitas e implícitas a xéneros e estratexias derivadas non só da música artística europea, senón tamén doutros dominios culturais (como o indio oriental, o celta, o folk e o africano) e polo tanto implica un continuo movemento estético entre o formalismo e o eclecticismo".[13] Cotner tamén di que o rock progresivo incorpora tanto elementos formais como eclécticos, "consiste nunha combinación de factores, algúns deles intramusicais ('dentro'), outros extramusicais ou sociais ('fóra')".[14]

Un xeito de conceptualizar o rock and roll en relación coa "música progresiva" é que a música progresiva empuxou o xénero cara unha maior complexidade ao tempo que volvía sobre as raíces da música romántica e clásica.[15] O sociólogo Paul Willis cre: "Nunca debemos dubidar de que a música 'progresiva' seguiu ao rock 'n' roll, e que non podía ser doutro xeito. Podemos ver o rock 'n' roll como unha deconstrución e a música 'progresiva' como unha reconstrución".[16] O autor Will Romano di que "o propio rock pode ser interpretado como unha idea progresiva ... Ironicamente, e tamén bastante paradoxicamente, o 'rock progesivo', a era clásica de finais da década de 1960 ata mediados e finais da década de 1970, introduce non só os sons explosivos e exploratorios da tecnoloxía ... senón tamén formas musicais tradicionais (clásica e folk europeo) e (a miúdo) un estilo compositivo de pastiche e construcións artificiais (álbums conceptuais) que suxire posmodernismo".[17]

HistoriaEditar

1966-1970: orixesEditar

Antecedentes e raícesEditar

 
Os Beatles nos Estados Unidos en 1964

En 1966, o nivel de correspondencia social e artística entre músicos de rock británicos e estadounidenses acelerouse drasticamente para bandas como Beatles, The Beach Boys e The Byrds, que fusionaron elementos da música culta coas tradicións vernáculas do rock.[18] O rock progresivo baseouse nos grupos de pop "progresivo" da década dos 60 que combinaron o rock and roll con outros estilos musicais como ragas indios, melodías orientais e cantos gregorianos, como os Beatles e The Yardbirds.[19] Paul McCartney dos Beattles dixo en 1967: "nós [a banda] aburríamonos un pouco facendo 12 compases todo o tempo, así que tratamos de entrar noutra cousa. Entón chegaron Dylan, The Who, e The Beach Boys. ... Todos estamos tratando de facer vagamente o mesmo tipo de cousa".[20] A música rock comezou a tomarse seriamente a si mesma, en paralelo aos intentos anteriores no jazz (cando o swing deu paso ao bop, un movemento que non tivo éxito co público). Neste período, a canción popular comezou a sinalar un nuevo medio de expresión posible que ía máis aló da canción de amor de tres minutos, o que levou a unha intersección entre o "underground" e o "establishment" para o público.[21]

Hegarty e Halliwell identifican aos Beatles, The Beach Boys, The Doors, The Pretty Things, The Zombies, The Byrds, Grateful Dead e Pink Floyd "non só como precursores do rock progresivo, senón como desenvolvementos esenciais do progresismo nos seus primeiros días".[22] Segundo o musicólogo Walter Everett, os "timbres experimentais, os ritmos, as estruturas tonais e os textos poéticos" dos Beatles nos seus álbums Rubber Soul (1965) e Revolver (1966) "animaron a unha lexión de bandas novas que crearían o rock progresivo a principios dos 70".[23] A poesía de Dylan, o álbum de The Mothers of Invention Freak Out! (1966) e o dos Beatles Sgt. Pepper's Lonely Hearts Club Band (1967) foron importantes no desenvolvemento do rock progresivo.[3] As producións de Phil Spector foron influencias clave,[24] xa que introduciron a posibilidade de usar o estudio de gravación para crear música que doutro xeito nunca podería lograrse.[25] Dise o mesmo do álbum de The Beach Boys Pet Sounds (1966), que Brian Wilson creou como unha resposta ao Rubber Soul[26] e que á súa vez influencio ao Beatles cando fixeron o Sgt. Pepper.[27][28]

Dylan introduciu un elemento literario no rock a través da súa fascinación polo surrealismo e o simbolismo francés, e da súa inmersión na escena artística da cidade de Nova York de principios dos 60.[29] A tendencia de bandas con nomes sacados da literatura, como The Doors, Steppenwolf e The Ides of March, foron un sinal máis de que a música rock se aliñaba coa alta cultura.[30] Dylan tamén abriu o camiño na combinación de rock con estilos de música folclórica. Este foi seguido por grupos de folk rock como The Byrds, que baseou o seu son inicial no dos Beatles.[31] Á súa vez, as harmonías vocais de The Byrds inspiraron ás de Yes,[32] e as de bandas de folk rock británicas como Fairport Convention, que enfatizaron o virtuosismo instrumental.[33] Algún deses artistas, como The Incredible String Band e Shirley e Dolly Collins, resultarían influíntes a través do uso de instrumentos tomados da música mundial e da música antiga.[34]

Pet Sounds e Sgt. PepperEditar

 
The Beach Boys en 1964

Pet Sounds e Sgt. Pepper, coa súa unidade lírica, estrutura estendida, complexidade, eclecticismo, experimentación, e influencias derivadas de formas musicais clásicas, son amplamente vistos como os inicios do xénero do rock progresivo[35][36] e como puntos de inflexión nos que o rock, que anteriormente fora considerado música de baile, converteuse en música que estaba feita para ser escoitada.[37][38] Entre Pet Sounds e Sgt. Pepper, The Beach Boys editaron o sinxelo "Good Vibrations" (1966), bautizado como "unha sinfonía de peto" por Derek Taylor, opublicista da banda. A canción contiña unha variedade ecléctica de instrumentos exóticos e varias claves disxuntivas e cambios de modos. Scott Interrante de Popmatters escribiu que a súa influencia no rock progresivo e no movemento psicodélico "non se pode esaxerar".[39] O filósofo e escritor Bill Martin comparou a canción con "A Day in the Life" do Sgt. Pepper dos Beatles, no sentido de que amosan "as mesmas razóns polas que é difícil bailar moito rock progresivo".[40]

Aínda que Sgt. Pepper foi precedido por varios álbums que comezaran a transitar a liña entre pop "desbotable" e rock "serio", deu con éxito unha voz "comercial" establecida a unha cultura xuvenil alternativa[41] e marcou o punto no que o disco de longa duración (LP) xurdíu como un formato creativo cuxa importancia era igual ou maior que a do sinxelo.[42] Bill Bruford, un veterano de varias bandas de rock progresivo, dixo que o Sgt. Pepper transformou tanto as ideas dos músicos do que era posible como as ideas do público sobre o que era aceptable na música.[43] Cría que: "sen os Beatles, ou calquera outro que fixese o que os Beatles fixeron, é xusto supoñer que non tería habido rock progresivo".[44] A raíz do Sgt. Pepper, revistas como Melody Maker debuxaron unha liña nítida entre "pop" e "rock", eliminando así o "roll" de "rock and roll" (que agora facía referencia ao estilo dos anos 50). Os únicos artistas que seguiron sendo "rock" foron aqueles consideradas á vangarda das formas compositivas, lonxe dos estándares "radio friendly", a medida que os estadounidenses usaban cada vez máis o adxectivo "progresivo" para grupos como Jethro Tull, Family, East of Eden, Van der Graaf Generator e King Crimson.[45]

Proto-prog e psicodeliaEditar

Segundo AllMusic: "O prog-rock comezou a emerxer da escena psicodélica británica en 1967, especificamente unha variedade de rock clásico/sinfónico liderado por The Nice, Procol Harum, e The Moody Blues (Days of Future Passed)".[46] A dispoñibilidade de de novo equipamento de gravación máis económico coincidíu co xurdimento dunha escena underground de Londres na que se usaba comunmente a droga psicodélica LSD. Pink Floyd e Soft Machine funcionaron como bandas residentes en eventos nocturnos de locais como o Middle Earth e o UFO Club, onde experimentaban con texturas de son e cancións longas.[47] Moitas bandas de psicodelia, folk rock e da primeira música progresiva foron axudadas polo DJ da BBC Radio 1 John Peel.[48] Jimi Hendrix, que se fixo famoso na escena de Londres e gravou cunha banda de músicos ingleses, iniciou a tendencia cara o virtuosismo e a excentricidade da guitarra na música rock.[49] A banda escocesa 1-2-3, despois chamada Clouds, formouse en 1966 e comezou a actuar en clubs londinienses un ano despois. Segundo George Knemeyer de Mojo: "algúns afirman [que eles] tiveron unha influencia vital nos rockeiros progresivos como Yes, The Nice e Family".[50]

Artistas de rock sinfónico de finais dos 60 tiveron algún éxito nas listas, incluídos os sinxelos "Nights in White Satin" (The Moody Blues, 1967) e "A Whiter Shade of Pale" (Procol Harum, 1967).[51] The Moody Blues estableceu a popularidade do rock sinfónico cando gravou Days of Future Passed xunto coa London Festival Orchestra, e Procol Harum comezou a usar unha gran variedade de instrumentos acústicos, particularmente no seu álbum de 1969 A Salty Dog.[52] A influencias clásicas ás veces tomaron a forma de pezas adaptadas ou inspiradas en obras clásicas, como "Beck's Bolero" de Jeff Beck e partes do Ars Longa Vita Brevis de The Nice. Este último, xunto con outros temas de The Nice como "Rondo" e "America", reflicten un maior intersese na música que é enteiramente instrumental. O Sgt. Pepper's e o Days representan unha tendencia crecente cara ciclos de cancións e suites formados por varios movementos.[52]

Focus incorporou e articulou acordes estilo jazz, e percusión de ritmo irregular nos seus riffs posteriores baseados no rock, e xurdiron varias bandas que incluíron seccións de ventos de tipo jazz, como Blood, Sweat & Tears e Chicago. Desas, Martin destaca en particular a Chicago pola súa experimentación con suites ecomposicións estendidas, como "Ballet for a Girl in Buchannon" en Chicago II.[53] As influencias jazz apareceron na música de bandas británicas como Traffic, Colosseum e If, xunto con bandas da escena de Canterbury como Soft Machine e Caravan. Os grupos desta escena enfatizaron o uso de instrumentos de vento, de complexos cambios de acordes e de longas improvisacións.[54] Martin escribe que en 1968, "o rock progresivo en toda regra" aínda non existía, pero tres bandas editaron álbums que posteriormente estarían á vangarda da música: Jethro Tull, Caravan e Soft Machine.[55]

O termo "rock progresivo", que aparece no libreto do álbum de estrea de Caravan de 1968, chegou a aplicarse a bandas que usaban técnicas de música clásica para expandir os estilos e conceptos dispoñibles para a música rock.[56][57] The Nice, The Moody Blues, Procol Harum e Pink Floyd tiñan elementos do que agora chamamos rock progresivo, pero ningún deles representou un exemplo tan completo do xénero como varias bandas que se formaron pouco despois.[58] Case todas as principais bandas do xénero, incluídos Jethro Tull, King Crimson, Yes, Genesis, Van der Graaf Generator, ELP, Gentle Giant, Barclay James Harvest e Renaissance, editaron os seus álbums de estrea durante os anos 1968-1970. A meirande parte deles eran álbums de folk-rock, o que daba poucas pistas de en que se convertería o son maduro das bandas, pero o In the Court of the Crimson King (1969) de King Crimson e o álbum de estrea autotitulado de Yes (1969) foron exemplos temperáns e completamente formados do xénero.[59]

Anos 70 e 80Editar

Principais anos (1971-1976)Editar

A meirande parte das principais bandas do xénero publicaron os seus mellores álbums entre os anos 1971 e 1976.[60] O xénero experimentaou un alto grao de éxito comercial durante os primeiros anos 70. Jethro Tull, ELP, Rush, Yes e Pink Floyd conseguiron catro álbums que acadaron o número un nas listas estadounidenses, e dazaseis que entraron no top 10.[61] O Tubular Bells (1973) de Mike Oldfield, un extracto do cal se utilizou como tema da película O exorcista, vendeu 16 millóns de copias.[62]

O rock progresivo chegou a ser apreciado no estranxeiro, pero na súa meirande parte seguiu sendo un fenómeno europeo, e especialmente británico. Poucas bandas estadounidenses involucráronse no xénero, e os seus representantes máis puros, como Starcastle e Happy the Man, quedaron limitados ás súas propias áreas xeográficas.[63] Isto débese, polo menos en parte, ás diferenzas entre a industria musical estadounidense e británica.[42] Tamén influíron factores culturais, xa que os músicos dos Estados Unidos adoitaban vir dun transfondo blues, mentres que os europeos adoitaban ter unha base máis clásica.[64] As bandas e artistas de rock progresivo de América do Norte a miúdo representaban estilos híbridos como os complexos arranxos de Utopia de Todd Rundgren[65] e Rush, o hard rock de Captain Beyond, o progresivo tinxido de rock sureño de Kansas, o jazz fusion de Frank Zappa e Return to Forever, e a ecléctica fusión dos totalmente instrumentais Dixie Dregs.[66]

NotasEditar

  1. Covach 1997, p. 5
  2. 2,0 2,1 Bannister 2007, p. 37
  3. 3,0 3,1 "Prog-Rock Music Genre Overview". AllMusic (en inglés). Consultado o 2022-11-20. 
  4. 4,0 4,1 4,2 Robinson 2017, p. 223
  5. 5,0 5,1 Hegarty & Halliwell 2011, p. 9
  6. 6,0 6,1 Cotner 2000, p. 90
  7. Moore 2004, p. 22
  8. Haworth & Smith 1975, p. 126
  9. Moore 2016, pp. 201-202
  10. 10,0 10,1 Hegarty & Halliwell 2011, p. 2
  11. Holm-Hudson 2013, pp. 16, 85-87
  12. Holm-Hudson 2013, p. 16
  13. Holm-Hudson 2013, pp. 85-87
  14. Cotner 2000, p. 91
  15. Willis 2014, pp. 204, 219
  16. Willis 2014, p. 219
  17. Romano 2010, p. 24
  18. Holm-Hudson 2013, p. 85
  19. Prown & Newquist 1997, p. 78
  20. Philo 2014, p. 119
  21. Moore 2016, p. 201
  22. Hegarty & Halliwell 2011, p. 11
  23. Everett 1999, p. 95
  24. Martin 1998, p. 47
  25. Tamm 1995, p. 29
  26. "Tomorrow Never Knows: How 1966’s Trilogy Of Pet Sounds, Blonde On Blonde, And Revolver Changed Everything". Stereogum (en inglés). 2016-08-05. Consultado o 2022-12-02. 
  27. Martin 1998, p. 53
  28. Cotner 2001, p. 30
  29. Curtis 1987, p. 156-7
  30. Curtis 1987, p. 179
  31. Jackson, Andrew Grant (2015). 1965 : the most revolutionary year in music (First edition ed.). New York. ISBN 978-1-250-05962-8. OCLC 889577432. 
  32. Martin 1996, p. 4
  33. Hegarty & Halliwell 2011, pp. 54-55
  34. Sweers 2004, p. 72,204
  35. Macan 1997, p. 15,20
  36. Martin 1998, pp. 39-40
  37. Covach 1997, p. 3
  38. Martin 1998, p. 39
  39. "The 12 Best Brian Wilson Songs". PopMatters. 2016-09-21. Archived from the original on 21 de setembro de 2016. Consultado o 2022-12-03. 
  40. Martin 1998, p. 40
  41. Holm-Hudson 2008, p. 10
  42. 42,0 42,1 "Philomusica on-line - "Composizione e sperimentazione nel rock britannico 1967-1976", Cremona 20-22 ottobre 2006". www-3.unipv.it. Consultado o 2022-12-03. 
  43. Weigel 2012b
  44. Bruford 2012, p. 159
  45. Zoppo 2014
  46. "Prog-Rock Music Genre Overview". AllMusic (en inglés). Consultado o 2022-12-04. 
  47. Sweers 2004, p. 114-15
  48. Sweers 2004, p. 119
  49. Martin 1998, pp. 164-65
  50. Hogg 1994
  51. Fowles, Paul (2009). A concise history of rock music. Pacific, MO: Bill's Music Shelf. ISBN 978-0-7866-6643-0. OCLC 729575431. 
  52. 52,0 52,1 Macan 1997, pp. 21-22
  53. Martin 1998, pp. 163-164.
  54. Macan 1997, p. 20
  55. Martin 1998, p. 168
  56. Macan 1997, p. 26
  57. Bowman 2001, p. 184
  58. Macan 1997, pp. 22-23
  59. Macan 1997, p. 23
  60. Macan 1997, p. 27
  61. Macan 1997, p. 28
  62. DeRogatis, Jim (28 de febreiro de 1993). "The Curse of 'Tubular Bells'. 1974 also saw the rise of Supertramp, as the release of their third studio album saw some success in both UK and USA". Chicago Sun-Times.
  63. Macan 1997, p. 185-6
  64. Curtis 1987, p. 286
  65. Luhrssen, David (2017). Encyclopedia of classic rock. Santa Barbara, California. ISBN 978-1-4408-3514-8. OCLC 957223431. 
  66. Macan 1997, p. 186

BibliografíaEditar

  • Bruford, Bill (2012). Theo Cateforis, ed. Reflections on Progressive Rock. The Rock History Reader (Routledge). 
  • Covach, John (1997). John Covach; Graeme M. Boone, eds. Progressive Rock, 'Close to the Edge,' and the Boundaries of Style. Understanding Rock: Essays in Musical Analysis (New York: Oxford University Press). 
  • Curtis, Jim (1987). Rock Eras: Interpretations of Music and Society, 1954–1984. Bowling Green, OH: Bowling Green State University Popular Press. 
  • Everett, Walter (1999). The Beatles as Musicians: Revolver Through the Anthology. New York, NY: Oxford University Press. ISBN 0-19-512941-5. 
  • Sweers, Britta (2004). Electric Folk: The Changing Face of English Traditional Music. New York: Oxford University Press.