O post-metal é un estilo de música con raíces no heavy metal pero que explora enfoques máis alá das convencións do xénero. Xurdiu nos anos 90 a través do traballo de bandas como Neurosis e Godflesh, que transformaron a textura metal a través da composición experimental. Asociado con e inspirado polo post-rock e o post-hardcore, o xénero emprega a escuridade e a intensidade do metal extremo pero enfatiza a atmosfera, a emoción, e incluso a "revelación", inspirándose nun amplo abano de fontes como o ambient, o noise, a psicodelia, o progresivo, e a música clásica para desenvolver un son expansivo pero á súa vez intrspectivo. A cancións post-metal son normalmente longas, con estruturas soltas e cheas de capas que rexeitan a forma de verso-estribillo en favor de crescendos e temas repetitivos. O son céntrase nas guitarras e na batería; úsanse algunhas voces como berros ou gruñidos e semellan un instrumento adicional.

Post-metal
Orixe musicalmetal extremo, música experimental, post-rock, post-hardcore
Orixe culturalanos 90 nos Estados Unidos e Inglaterra
Instrumentos típicosguitarra eléctrica, baixo, batería
Derivadosblackgaze

O post-metal está estreitamente relacionado co metal de vangarda e estivo tamén asociado co sludge metal, o drone metal, o metal progresivo, e o metal industrial. Nomes alternativos usados para describir o xénro son sludge metal atmosférico, postcore, art metal[1] e metalgaze,[2] destacando a súa conexión coa música culta e o shoegazing, respectivamente. O post-metal contemporáneo, promovido por grupos dispares como Isis, Agalloch, Boris, Pelican, Jesu, e Wolves in the Throne Room, adoita a empregar a pesadez extrema do doom metal pero tamén está asociado co shoegazing e o black metal. En particular, a recente aclamación crítica de Deafheaven, cuxa fusión destes dous xéneros foi bautizada como blackgaze, demostra o crecente éxito do xénero.

Notas editar

  1. Caramanica, Jon (2005-09-20). "The alchemy of art-world heavy metal". The New York Times (en inglés). ISSN 0362-4331. Consultado o 2020-07-20. 
  2. Earles, Andrew (2014-09-15). Gimme Indie Rock (en inglés). Voyageur Press. ISBN 978-1-62788-379-5.