Boris (grupo musical)

Boris (ボリス, Borisu) é unha banda xaponesa de rock experimental formada no ano 1992 en Toquio e composta polo batería Atsuo Mizuno, o guitarrista e baixista Takeshi Ohtani, e a guitarrista e teclista Wata. Os tres membros comparten as tarefas vocais. Boris ten publicados máis de vinte álbums de estudio a través de varios delos de todo o mundo, ademais de lanzar unha ampla variedade de álbums do vivo, recompilatorios, EPs, sinxelos e traballos colaborativos.

Boris
Boris (band).jpg
OrixeToquio, Flag of Japan.svg Xapón
Período1992 - presente
Xénero(s)rock experimental, doom metal, psicodelia, noise
Selo(s) discográfico(s)F.A.S., Southern Lord, Hydra Head, Inoxia Records, Diwphalanx Records, Conspiracy Music, Sargent House, Third Man Records
MembrosAtsuo
Takeshi
Wata
Antigos membrosNagata
Artistas relacionadosSunn O))), Merzbow, Keiji Haino, Michio Kurihara, Ian Astbury
Páxina webborisheavyrocks.com

HistoriaEditar

Boris formouse orixinalmente como un cuarteto con Atsuo Mizuno nas voces, Wata na guitarra, Takeshi Ohtani no baixo e Nagata na batería. A banda chámase así pola canción do mesmo nome aparecida no álbum dos Melvins Bullhead.[1] O álbum de estrea de Boris, Absolutego, foi editado no ano 1996 a través do selo propio selo, Fangs Anal Satan. Nagata marchou en 1996 e Atsuo pasouse á batería, mentres que Wata pasou a tocar os teclados e a guitarra e Takeshi o baixo e a guitarra rítmica cun instrumento de dobre mastro deseñado por el mesmo.[2] Os tres tamén adoptaron roles como vocalistas e a banda permaneceu dende entón como un trío.

No Xapón Boris publica a meirande parte da súa música a través do selo independente Inoxia Records. Aínda que é relativamente descoñecida no seu propio país, unha serie de reedicións dos seus primeiros álbums realizadas polo selo estadounidense Southern Lord Records provocaron un aumento de popularidade en América do Norte.[3] Boris tamén colabora regularmente con outros artistas, primeiro fíxoo no álbum de 1998 Black: Implication Flooding co músico experimental Keiji Haino.[4] A banda editou sete álbums colaborativos co artista noise Merzbow,[5] e tamén publicou traballos con artistas internacionais como Sunn O)))[6] e Ian Astbury.

A súa popularidade internacional reforzouse co seu álbum de 2005 Pink, que foi loubado pola crítica e tivo unha resposta positiva dos fans cando foi reeditado nos Estados Unidos por Southern Lord. As revistas Blender e SPIN nomeárono un dos mellores álbums do ano 2006.[7] O disco tamén chegou á cima da sección de metal na enquisa dos lectores de 2006 da revista canadense Exclaim, e estivo entre os 10 primeiros na lista de Pitchfork Media dos 50 mellores discos do ano. O grupo tamén apareceu na banda sonora da película de Jim Jarmusch The Limits of Control en 2009. Con respecto a Boris, Jarmusch dixo que "o que é realmente destacable é que cando tocan ao vivo están en modo, de certa maneira, de músicos de jazz, non estruturalmente ou musicalmente, senón do xeito no que escoitan o que os outros fan e constrúen sobre iso. Cada vez que tocan algo é obviamente diferente".[8]

Boris pasa gran parte do seu tempo xirando. Nunha entrevista Atsuo dixo:

"Que xiremos tanto e publiquemos tantos álbums, penso que representa o que somos. A comunicación directa é algo que se perdeu nestes días. É unha vergoña - [incluso] as entrevistas son por teléfono. Penso que é importante ver á xente cara a cara - por iso é tan importante saír de xira. É algo moi básico para os humanos que perdimos ultimamente".[9]

Boris recibíu exposición internacional cando foron abreconcertos de Nine Inch Nails en parte da súa xira Lights in the Sky en 2008.[10] Dende 2011 ata 2017 a banda publicou varios álbums co selo Sargent House Records, e continuou reeditando discos anteriores en formatos novos.[11] En 2017, no 25 aniversario da banda, os seus membros consideraron retirarse tras un último disco. Porén, un exitoso proceso de composición e gravación para ese traballo animounos a continuar.[12] O álbum Dear foi editado internacionalmente en xullo de 2017 a través de Sargent House.[13] Posteriormente Boris editaron dous álbums máis, LφVE & EVφL e 1985, os dous no ano 2019.

DiscografíaEditar

ÁlbumsEditar

Álbum Ano Selo
Absolutego 1996 Fangs Anal Satan
Amplifier Worship 1998 Mangrove
Flood 2000 Midi Creative, Fangs Anal Satan
Heavy Rocks 2002 Quattro/UK Discs, Fangs Anal Satan
Akuma no Uta 2003 Diwphalanx Records
Boris at Last -Feedbacker- 2003 Diwphalanx Records
The Thing Which Solomon Overlooked 2004 Kult Of Nihilow
Dronevil 2005 Misanthropic Agenda
Sound Track from Film "Mabuta no Ura" 2005 Essence Music
Pink 2005 Diwphalanx Records
The Thing Which Solomon Overlooked 2 2006 Conspiracy Records
The Thing Which Solomon Overlooked 3 2006 Conspiracy Records
Vein 2006 Important Records
Smile 2008 Diwphalanx Records
New Album 2011 Tearbridge Records
Heavy Rocks 2011 Daymare Recordings
Attention Please 2011 Daymare Recordings
Präparat 2013 Daymare Recordings, Disk Union
Noise 2014 Daymare Recordings
The Thing Which Solomon Overlooked Extra 2014 Taiga Records
Urban Dance 2015 Fangs Anal Satan
Warpath 2015 Fangs Anal Satan
Asia 2015 Fangs Anal Satan
Dear 2017 Sargent House
LφVE & EVφL 2019 Third Man Records
1985 2019 Fangs Anal Satan

NotasEditar

  1. "Boris | Biography & History". AllMusic (en inglés). Consultado o 2020-02-01. 
  2. Astley-Brown 2017-08-07T11:03:14.218Z, Michael. "Rig tour: Boris". MusicRadar (en inglés). Consultado o 2020-02-01. 
  3. Terich, Jeff (2018-02-09). "Shadow of the Horns: 20 Years of Southern Lord". Treble (en inglés). Consultado o 2020-02-01. 
  4. "Arcane Candy » Blog Archive » Keiji Haino with Boris – Black: Implication Flooding". Consultado o 2020-02-01. 
  5. Weingarten, Christopher R.; Weingarten, Christopher R. (2016-02-04). "Boris With Merzbow: Play With a Track From Interactive LP". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2020-02-01. 
  6. "Sunn O))) & Boris: Altar". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2020-02-01. 
  7. "The 50 Greatest CDs of 2006 Article on Blender :: The Ultimate Guide to Music and More". web.archive.org. 2007-09-30. Consultado o 2020-02-01. 
  8. Jim Jarmusch e Alan Licht, "Invisible Jukebox," The Wire 309, novembro de 2009, p. 23.
  9. Millan, Nicolas. "Boris: Interview". Prefixmag.com (en inglés). Consultado o 2020-02-01. 
  10. "Boris, HEALTH, the Bug to Open for Nine Inch Nails | Pitchfork". web.archive.org. 2008-09-12. Consultado o 2020-02-01. 
  11. "Boris Announce New Album and North American Tour". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2020-02-01. 
  12. "Boris Celebrates 25 Years By Cleaving The Earth In Two With 'Absolutego'". NPR.org (en inglés). Consultado o 2020-02-01. 
  13. "Borisheavyrocks". Borisheavyrocks (en xaponés). Consultado o 2020-02-01. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar