Abrir o menú principal

The Jesus Lizard é unha banda estadounidense de rock alternativo formada en 1987 en Austin, Texas, e baseada en Chicago, Illinois dende 1989 ata 1999, ano no que se separaría. A banda reuniuse no 2008.

The Jesus Lizard
Jesus-Lizard Panorama1.jpg
A banda en The Forum de Londres no ano 2009
OrixeAustin, Texas, Flag of the United States.svg
Período1987 - 1999
2008 - presente
Xénero(s)rock alternativo, noise rock, post-hardcore
Selo(s) discográfico(s)Touch and Go, Capitol
MembrosDavid Yow
David Wm. Sims
Duane Denison
Mac McNeilly
Antigos membrosJim Kimball
Brendan Murphy

Trala separación do grupo Scratch Acid, o cantante David Yow estableceuse en Chicago, onde coñeceu ao guitarrista Duane Denison. Nun principio David Yow encargouse do baixo, pero debido á súa pouca habilidade co instrumento optaron por recrutar ao tamén ex-membro de Scratch Acid, David Wm. Sims. Neses inicios non dispoñían de batería, polo que usaban dunha caixa de ritmos. Despois da gravación do seu primeiro EP, Pure, uníuselles o batería Mac McNeilly completando a formación.

DiscografíaEditar

Álbums de estudioEditar

Álbum Ano Selo
Head 1990 Touch and Go
Goat 1991 Touch and Go
Liar 1992 Touch and Go
Down 1994 Touch and Go
Shot 1996 Capitol
Blue 1998 Capitol

EPEditar