Scratch Acid
Scratch Acid foi unha banda estadounidense de noise rock procedente de Austin, Texas, e formada no ano 1982. Inicialmente estivo composto por Steve Anderson (voces), David Wm. Sims (guitarra), Brett Bradford (guitarra), David Yow (baixo) e Rey Washam (batería). Anderson foi expulsado da banda antes de que gravasen algún álbum, facendo que Yow pasase a encargarse das voces e Sims do baixo.
Scratch Acid | |
---|---|
Orixe | Austin, Texas, Estados Unidos |
Período | 1982 – 1987 2006 |
Xénero(s) | post-hardcore, noise rock |
Selo(s) discográfico(s) | Rabid Cat, Touch and Go |
Membros | David Yow David Wm. Sims Rey Washam Brett Bradford |
Antigos membros | Steve Anderson |
Artistas relacionados | Stugots, Rapeman, The Jesus Lizard, Qui, unFact |
Na rede | |
Os dous primeiros traballos de Scratch Acid foron editados polo selo independente de Texas Rabid Cat, o terceiro e derradeiro pola discográfica Touch and Go Records. Un recompilatorio postumo titulado The Greatest Gift, lanzouse pola Touch and Go Records en 1991.
O xornalista musical Will Lerner falou da banda como "a equivalente estadounidense de The Birthday Party". Despois de gañar reputación como unha tola e ruidosa banda de punk, Scratch Acid separouse en 1987. Segundo o libreto de The Greatest Gift, os membros da banda nunca recibiron compensación algunha por parte de Rabid Cat ou Fundamental Records (que distribuia os seus discos en Europa).
Discografía
editarÁlbum | Ano | Selo | Observacións |
---|---|---|---|
Scratch Acid | 1984 | Rabid Cat | |
Just Keep Eating | 1986 | Rabid Cat | |
Berserker | 1987 | Touch and Go Records | |
The Greatest Gift | 1991 | Touch and Go Records |