Jöns Jacob Berzelius

químico sueco

Jöns Jacob Berzelius (|jœns ˌjɑːkɔb bæɹˈseːliɵs|), nado en Östergötland o 20 de agosto de 1779 e finado en Estocolmo o 17 de agosto de 1848, foi un químico sueco. Ideou o moderno sistema de notación química, e xunto con John Dalton, Antoine Lavoisier, e Robert Boyle, está considerado o pai da química moderna.[1]

Modelo:BiografíaJöns Jacob Berzelius

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento20 de agosto de 1779 Editar o valor en Wikidata
Väfversunda, Suecia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte7 de agosto de 1848 Editar o valor en Wikidata (68 anos)
Adolf Fredriks parish, Suecia (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaSolna cemetery (en) Traducir, SO 02 30 59°21′11″N 18°01′31″L / 59.35294, 18.02518 Editar o valor en Wikidata
Seat 5 of the Swedish Academy (en) Traducir
20 de decembro de 1837 – 7 de agosto de 1848
← Carl von Rosenstein (pt) TraducirJohan Erik Rydqvist (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Uppsala
Katedralskolan (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Director de teseJohan Afzelius (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoQuímica Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Estocolmo Editar o valor en Wikidata
Ocupaciónquímico, médico, profesor universitario, escritor de non ficción, farmacéutico Editar o valor en Wikidata
EmpregadorInstituto Karolinska (pt) Traducir
Universidade de Uppsala Editar o valor en Wikidata
Membro de
AlumnosLars Svanberg (pt) Traducir e James Finlay Weir Johnston (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Obra
Obras destacables
DoutorandoFriedrich Wöhler, Nils Johan Berlin (pt) Traducir, Heinrich Rose (pt) Traducir, James Finlay Weir Johnston (pt) Traducir, Lars Svanberg (pt) Traducir e Carl Gustaf Mosander (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Arquivos en
Familia
CónxuxeElisabeth Berzelius (1835–1848) Editar o valor en Wikidata
Premios

Descrito pola fontePequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Encyclopædia Britannica Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1511853 WikiTree: Berzelius-1 Find a Grave: 9530990 Editar o valor en Wikidata

Descubriu o torio, o cerio e o selenio e foi o primeiro en illar o circonio, o silicio e o titanio. Tamén perfeccionou a táboa dos pesos atómicos dos elementos publicada por Dalton, corrixindo os seus erros.

Traxectoria

editar

Berzelius naceu en Östergötland, en Suecia. Perdeu os seus pais a unha idade temperá. Estaba a cargo dos seus familiares en Linköping, onde asistiu á escola que hoxe se coñece como Katedralskolan. Posteriormente matriculouse na Universidade de Uppsala, onde aprendeu a profesión de médico dende

1796 ata 1801. Ensinoulle química Anders Gustaf Ekeberg, o descubridor do tántalo. Traballou como aprendiz nunha farmacia e cun médico no balneario Medevi. Durante este tempo analizou a auga do manancial. Para os seus estudos de medicina, examinou a influencia da corrente galvánica en varias enfermidades e graduouse como médico en 1802. Exerceu a medicina preto de Estocolmo, ata que o propietario dunha mina, Wilhelm Hisinger, descubriu a súa capacidade analítica e dotouno dun laboratorio.

En 1807 Berzelius foi nomeado profesor de química e farmacia no Instituto Karolinska.

En 1808 foi elixido membro da Real Academia Sueca de Ciencias, que por entón se estancara durante varios anos debido ao menor interese polas ciencias en Suecia dende a época do romanticismo. En 1818 foi elixido secretario da mesma, e ocupou o cargo ata 1848. A Berzelius atribúeselle a revitalización da Academia que viviu unha segunda época dourada, sendo a primeira a que estivo baixo a secretaría do astrónomo Pehr Wilhelm Wargentin (1749 a 1783).[2] En 1837, foi elixido tamén membro da Academia Sueca, coa cadeira número 5.

Polos seus enormes logros no campo da química, Berzelius é considerado como o "pai da química en Suecia".

 
Estatua de Berzelius no centro do Parque Berzelii, Estocolmo.
 
Tumba de Berzelius

En 1835, á idade de 56 anos, casou con Elisabeth Poppius, de 24 anos de idade, filla dun ministro do goberno sueco, e no mesmo ano foi elevado a freiherr.[3]

Faleceu o 7 de agosto de 1848 na súa casa en Estocolmo, onde vivira dende 1806.[4]

Foi o primeiro analista do século XIX: ademais de levar a cabo coa maior precisión un número enorme de análise, hai que atribuírlle o descubrimento de varios corpos simples: Hisinger e Berzelius descubriron o elemento cerio en 1807, en 1817 identificou xunto a Johan Gottlieb Gahn o selenio, e como terceiro e último descubrimento o torio en 1829. Os seus alumnos descubriron outros dous elementos: en 1817 Johann Arfvedson descubriu o litio, e en 1830 Nils Gabriel Sefström redescubriu o vanadio. Berzelius foi quen propuxo os nomes de litio e vanadio, así como o de sodio. Foi o primeiro químico que illou o silicio (en 1823), o circonio (en 1824), o torio (en 1828) e o titanio.

Estudou as combinacións de xofre con fósforo, o flúor e os fluoruros, determinou un gran número de equivalentes químicos. Foi practicamente o creador da química orgánica. Introduciu as nocións e as palabras alotropía, catálise, isomería, halóxeno, radical orgánico e proteína. Tan filósofo como experimentador, consolidou a teoría atómica así como a das proporcións químicas; inventou e fixo aceptar universalmente fórmulas químicas análogas ás fórmulas alxébricas co obxectivo de expresar a composición dos corpos. Para explicar os fenómenos adoptou a célebre teoría do dualismo electro-químico, e con esta teoría levou a cabo moitas reformas na nomenclatura e na clasificación. Desenvolveu unha teoría electroquímica sobre os radicais. Tamén foi un dos primeiros que baseou a mineraloxía no coñecemento dos elementos químicos dos corpos. O actual sistema de notación química adoptouse grazas a Berzelius, que foi quen o propuxo en 1813. Berzelius foi un dos primeiros que publicou unha táboa das masas moleculares e masas atómicas con exactitude aceptable.

Novos elementos

editar

Berzelius acredítase coa identificación dos elementos químicos selenio, torio e cerio, e foi o primeiro en illar o silicio, o circonio e o titanio. Os estudantes que traballaban no laboratorio de Berzelius tamén descubriron o litio e o vanadio.

Lei das proporcións definidas

editar
 
Daguerrotipo de Berzelius.

Pouco despois de chegar a Estocolmo escribiu un libro de texto de química para os seus estudantes de medicina, que foi o punto de partida da súa longa e frutífera carreira. Mentres levaba a cabo experimentos para documentar o libro de texto utilizou a lei das proporcións constantes, formulada por Joseph Louis Proust, e demostrou que as substancias inorgánicas están compostas de diferentes elementos en proporcións constantes en peso. Baseándose neste feito, en 1828 compilou unha táboa de pesos atómicos relativos, onde o peso atómico do osíxeno se fixaba en 100. Este traballo proporcionou unha evidencia a favor da teoría atómica de Dalton: que os compostos químicos inorgánicos se compoñen de átomos combinados en cantidades enteiras. Ao descubrir que os pesos atómicos non son múltiplos enteiros do peso de hidróxeno (como por exemplo o do cloro, 35,5 veces o peso atómico do hidróxeno), Berzelius tamén refutou a hipótese de Prout de que os elementos se constrúen a partir de átomos de hidróxeno.

Nomenclatura química

editar

Coa fin de sistematizar os seus experimentos, desenvolveu un sistema de notación química na que os elementos se denotaban con símbolos simples. Codificou os elementos segundo a primeira letra do seu nome latino, agregando unha segunda letra cando había necesidade de diferenciar dous elementos cuxo nome comezaba coa mesma letra inicial. Por exemplo, C para carbono, Ca para calcio, Cd para cadmio, coas proporcións sinaladas por números. Este é, basicamente, o mesmo sistema utilizado na actualidade na fórmula molecular, coa única diferenza de que en lugar dos subíndices utilizados na actualidade (por exemplo, H2O), Berzelius utilizaba superíndices (H2O). A pesar da súa evidente vantaxe sobre o dificultoso e case incomprensible sistema anterior, a nomenclatura proposta por Berzelius atopou resistencia, e tardou anos en ser universalmente aceptada.

Novos termos químicos

editar

A Berzelius tamén se lle atribúen novos termos empregados en química como catálise, polímeros, isómero e alótropo, aínda que as súas definicións orixinais difiren drasticamente do seu uso moderno. Por exemplo, cuñou o termo "polímero" en 1833 para describir os compostos orgánicos que comparten idénticas fórmulas empíricas, pero difiren no peso molecular en xeral. O maior dos compostos descríbese como "polímero" dos máis pequenos.

Bioloxía

editar

Berzelius tivo tamén unha influencia importante sobre a bioloxía. Foi o primeiro en facer a distinción entre os compostos orgánicos (aqueles que conteñen carbono), e os compostos inorgánicos. En particular, asesorou a Gerardus Johannes Mulder na súa análise elemental de compostos orgánicos, tales como o café, o té e varias proteínas. O termo "proteína" foi de feito cuñado por Berzelius, despois de que Mulder observase que todas as proteínas parecían ter a mesma fórmula empírica, e chegou á conclusión errónea de que poderían estar compostas por un só tipo de molécula (moi grande). Berzelius propuxo este nome porque estas moléculas parecían ser a substancia primitiva da alimentación animal que as plantas preparan para os herbívoros.

Recoñecementos

editar
  1. "Jöns Jacob Berzelius". Encyclopædia Britannica Online. Consultado o 3 de agosto de 2008. 
  2. Centre for History of Science at the Royal Swedish Academy of Sciences: KVA och Berzelius, consultado o 23 de maio de 2009
  3. Biographical Dictionary of Scientists ed. T. I. Williams. Londres: A. & C. Black, 1969; páx. 55-56
  4. "Berzelius, Johan Jakob, Baron". Chamber's Biographical Dictionary 1897. 
  5. Almanach royal officiel de Belgique/1841 p118
  6. Orden Pour le Mérite für Wissenschaften und Künste (1975). Die Mitglieder des Ordens. 1 1842-1881. (PDF). Berlín: Gebr. Mann Verlag. p. 6. ISBN 3-7861-6189-5. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 22 de xuño de 2018. Consultado o 13 de outubro de 2018. 
  7. Berzelius
  8. Web de jpl. "(13109) Berzelius". 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Wisniak, Jaime (2000). "Jöns Jacob Berzelius A Guide to the Perplexed Chemist". The Chemical Educator 5 (6): 343–350. doi:10.1007/s00897000430a. 
  • Walden, Paul (1947). "Zum 100. Todestag von Jöns Jakob Berzelius am 7. August 1948". Naturwissenschaften 34 (11): 321–327. Bibcode:1947NW.....34..321W. doi:10.1007/BF00644137. 
  • Holmberg, Arne (1933) Bibliografi över J. J. Berzelius. 2 parts in 5 vol. Stockholm: Kungl. Svenska Vetenskapsakademien, 1933–67. 1. del och suppl. 1–2. Tryckta arbeten av och om Berzelius. 2. del och suppl. Manuskript
  • Jorpes, J. Erik (1966) Jac. Berzelius – his life and work; traducido do manuscrito sueco por Barbara Steele. Estocolmo: Almqvist & Wiksell, 1966. (Reeditado por University of California Press, Berkeley, 1970 ISBN 0-520-01628-9)
  • Partington, J. R. (1964) History of Chemistry; vol. 4. Londres: Macmillan; pp. 142–77

Ligazóns externas

editar