Academia Sueca

A Academia Sueca (Svenska Akademien en sueco) foi fundada o 20 de marzo de 1786 polo rei Gustavo III de Suecia, co obxecto de fomentar o uso do idioma sueco seguindo como modelo a Academia francesa (mesma academia sobre a que se modela a Real Academia Española). Consta de 18 membros, as súas funcións eran inicialmente similares á súa homóloga francesa.

Academia Sueca
Snille och smak.png
Svenska-Akademien.jpg
TipoAcademias reais da Suécia, academia nacional e sitio web
Data de fundación20 de marzo de 1786
Fundador(es)Gustavo III da Suécia
SedeBolsa de Estocolmo
PaísSuecia
Na rede
https://www.svenskaakademien.se/
Instagram: de_aderton Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Historia e caracteísticasEditar

O seu lema é "Talento e Gusto" (Snille och Smak en sueco). O seu obxectivo principal consiste en servir a pureza, o vigor e a maxestade da lingua sueca. Publica desde este punto de vista dous dicionarios:

  • Svenska Akademiens ordlista (SAOL).: unha obra nun único volume
  • Svenska Akademiens ordbok (SAOB).: unha obra publicada en varios volumes Desde 1901.

A Academia sueca designa todos os anos ao laureado do Premio Nobel de Literatura, un dos premios instaurados por Alfred Nobel no seu testamento. A Academia reúnese no edificio de Börshuset que posúe na cidade vella de Estocolmo. É aquí onde se anuncia todos os anos o nome dos laureados cos diferentes Premios Nobel.

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar