Torio

composto químico

O torio é un elemento químico da táboa periódica de símbolo Th e número atómico 90. O metal de torio é de cor prateada e deslústrase a negro coa exposición ó aire, formando un dióxido. E moderadamente duro, maleable e ten un punto de fusión alto. O torio é un actínido electropositivo, cunha química dominada polo estado de oxidación +4. É bastante reactivo, e tende a prenderse e arder no aire cando está dividido en porcións moi finas.

Torio
Ce
 
 
90
Th
 
               
               
                                   
                                   
                                                               
                                                               
Th
-
ActinioTorioProtactinio
Táboa periódica dos elementos
[[Ficheiro:{{{espectro}}}|300px|center]]
Liñas espectrais do Torio
Información xeral
Nome, símbolo, número Torio, Th, 90
Serie química Actínidos
Grupo, período, bloque -, 7, f
Densidade 11 724 kg/m³ kg/m3
Dureza {{{dureza}}}
Aparencia Branco prateado
N° CAS 7440-29-1
N° EINECS
Propiedades atómicas
Masa atómica 232,0377(4)[1] u
Raio medio 180 pm
Raio atómico (calc) 179 pm
Raio covalente 206±6 pm
Raio de van der Waals pm
Configuración electrónica [Rn] 6d2 7s2
Electróns por nivel de enerxía 2, 8, 18, 32, 18, 10, 2
Estado(s) de oxidación 4, 3, 2
Óxido Base débil
Estrutura cristalina cúbica centrada nas caras
Propiedades físicas
Estado ordinario sólido
Punto de fusión 2 028 K
Punto de ebulición 5 061 K
Punto de inflamabilidade {{{P_inflamabilidade}}} K
Entalpía de vaporización 514,4 kJ/mol
Entalpía de fusión 16,1 kJ/mol
Presión de vapor
Temperatura crítica  K
Presión crítica  Pa
Volume molar m3/mol
Velocidade do son 2 490 m/s a 293.15 K (20 °C)
Varios
Electronegatividade (Pauling) 1,3
Calor específica 120 J/(K·kg)
Condutividade eléctrica 6,53 × 106 S/m
Condutividade térmica 54 W/(K·m)
1.ª Enerxía de ionización 587 kJ/mol
2.ª Enerxía de ionización 1 110 kJ/mol
3.ª Enerxía de ionización 193 kJ/mol
4.ª Enerxía de ionización 2 780 kJ/mol
5.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización5}}} kJ/mol
6.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización6}}} kJ/mol
7.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización7}}} kJ/mol
8.ª enerxía de ionización {{{E_ionización8}}} kJ/mol
9.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización9}}} kJ/mol
10.ª Enerxía de ionización {{{E_ionización10}}} kJ/mol
Isótopos máis estables
iso AN Período MD Ed PD
MeV
228Thtrazas1,9119 anosα5,520224Ra
229ThSintético7 340 anosα5,168225Ra
230Thtrazas75 380 anosα4,770226Ra
231Thtrazas25,5 horasβ0,39231Pa
232Th100%1.405×1010 anosα4,083228Ra
234Thtrazas24,1 díasβ0,27234Pa
Unidades segundo o SI e en condicións normais de presión e temperatura, salvo indicación contraria.
Monacita (mineral de torio).

O torio presenta unha débil radioactividade. Tódolos seus isótopos coñecidos son inestables. O máis estable destes, 232Th, ten unha vida media de 14,05 mil millóns de anos. Decae moi lentamente por medio de decaemento alfa, comezando unha cadea de decaemento chamada serie do torio que finaliza nun isótopo estable, 208Pb. É xunto ao uranio un dos dous elementos significativamente radioactivos que se dan de forma natural en grandes cantidades coma elemento primordial. Estímase que é ao redor de tres ou catro veces máis abondoso que o uranio na codia terrestre, obténdose refinado a partir de areas de monazita coma subproduto da extracción de terras raras.

O torio descubriuno no ano 1829 o minerólogo noruegués afeccionado Morten Thrane Esmark e foi identificado polo químico sueco Jöns Jacob Berzelius, quen lle deu o seu nome por Thor, o deus nórdico dos tronidos. Porén, a súa primeira aplicación non se desenvolveu ata máis de medio século despois, en 1885. A súa radioactividade descubriuse en 1898. Na segunda metade do século XX a maioría dos seus usos reducíronse ou anuláronse ó completo por mor das preocupacións sobre a súa radioactividade e pola dispoñibilidade de substitutos non radioactivos.

O torio utilízase coma elemento de aliaxe nos eléctrodos de soldadura TIG.[2] É un material popular nas ópticas de alto nivel e nos instrumentos científicos. O torio e o uranio son os únicos elementos significativamente radioactivos con grandes aplicacións comerciais que non dependen da súa radioactividade. Os usos máis comúns afectados polo decaemento do torio son coma fontes de luz en camisas incandescentes nas fontes de luz a gas, e coma material para aliaxes. O torio é un posible substituto do uranio coma combustible para reactores nucleares, pero só existen uns poucos reactores de torio funcionando en todo o mundo.

Notas editar

  1. CIAAW
  2. Manufacturing Technology. Tata McGraw-Hill Education. 2013. pp. 389–. ISBN 978-1-259-06257-5. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar


 
 Este artigo sobre química é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.