Configuración electrónica

En química, a configuración electrónica é o modo no cal os electróns están ordenados nun átomo. Como os electróns son fermións están suxeitos ao principio de exclusión de Pauli, que di que dous fermións non poden estar no mesmo estado cuántico á vez. Polo tanto, no momento en que un estado é ocupado por un electrón, o seguinte electrón debe ocupar un estado mecanocuántico diferente.

Orbital atómico e orbital molecular dun electrón.
Un diagrama de Bohr do litio.

No átomo, os estados estacionarios da función de onda dun electrón (os estados que son función propia da ecuación de Schrödinger H? = E? onde H é o hamiltoniano) denomínanse orbitais, por analogía coa clásica imaxe dos electróns orbitando ao redor do núcleo. Estes estados teñen catro números cuánticos: n, l, m e s, e, en resumo, o principio de exclusión de Pauli quere dicir que non pode haber dous electróns nun mesmo átomo cos catro valores dos números cuánticos iguais. Os máis importantes destes son o n e o l.

Valores dos números cuánticos

editar

O primeiro número cuántico n (chamado ás veces pico principal) corresponde aos diferentes niveis de enerxía permitidos ou niveis cuánticos; os valores que toma son 1, 2, 3, 4,... Para n=1 tense o nivel de menor enerxía. Nalgúns casos (por exemplo en espectroscopia de raios X) tamén se denotan como K, L, M, N,... O segundo número cuántico l corresponde ao momento angular do estado. Estes estados teñen a forma de harmónicos esféricos, e polo tanto descríbense usando polinomios de Legendre. A estes subniveis, por razóns históricas, asígnaselles unha letra, e fan referencia ao tipo de orbital (s, p, d, f).