Electronegatividade

A electronegatividade é unha medida da forza de atracción que exerce un átomo sobre os electróns que comparte con outro átomo co que está enlazado. Os diferentes valores de electronegatividade clasifícanse segundo diferentes escalas, entre elas a escala de Pauling e a escala de Mulliken.

En xeral, os diferentes valores de electronegatividade dos átomos determinan o tipo de enlace que se formará na molécula que os combina. Así, segundo a diferenza entre as electronegatividades destes pódese determinar (convencionalmente) se o enlace será, segundo a escala de Linus Pauling:

  • Iónico (diferenza superior ou igual a 1.7)
  • Covalente polar (diferenza entre 1.7 e 0.4)
  • Covalente non polar (diferenza inferior a 0.4)

A electronegatividade é unha propiedade periódica. Vai aumentado cara a arriba e cara á dereita na táboa periódica. Canto máis pequeno é o raio atómico, maior é a enerxía de ionización e maior a electronegatividade e viceversa.

Segundo Linus Pauling, introdutor do concepto, a electronegatividade é a capacidade dun átomo para atraer cara a si os electróns[1]. Nin as definicións cuantitativas nin as escalas de electronegatividade baséanse na distribución electrónica, senón en propiedades que se supón reflicten a electronegatividade.

Ligazóns externas

editar
  1. Chemistry, International Union of Pure and Applied. "IUPAC Gold Book - electronegativity". goldbook.iupac.org (en inglés). doi:10.1351/goldbook.E01990. Consultado o 2018-04-05.