Un enlace covalente é unha forma de enlace químico caracterizado pola compartición dun ou máis pares de electróns entre átomos para producir unha atracción mutua que mantén unida a molécula resultante. Os átomos tenden a compartir electróns de tal maneira que se enchan as órbitas exteriores. Estes enlaces son sempre máis fortes que o enlace de hidróxeno intermolecular e semellantes en forza ou máis fortes que o enlace iónico.

Enlace covalente de hidróxeno e carbono nunha molécula de metano.

Os enlaces covalentes danse con maior frecuencia entre átomos con electronegatividades semellantes (altas), nos que se require demasiada enerxía para tirarlle un electrón a un átomo. Os enlaces covalentes son máis comúns entre os non metais, mentres que o enlace iónico é máis común entre un átomo de metal e un átomo dun non metal.

O enlace covalente tende a ser máis forte que outros tipos de enlace, como o enlace iónico. Ao contrario que nos enlaces iónicos, nos que os ións se manteñen unidos por unha atracción culómbica non direccional, os enlaces covalentes son moi direccionais. Como resultado, as moléculas con enlaces covalentes tenden a formarse nun número pequeno de formas características, mostrando ángulos de enlace específicos.

Tipos de enlaces covalentes

editar

Apolar

editar

Se a compartición de pares de electróns é equitativa, o enlace covalente é apolar. Isto adoita suceder cando os átomos que comparten pares de electróns son do mesmo elemento.

Se a compartición de pares de electróns non é equitativa, o enlace covalente é polar. Isto adoita suceder cando os átomos que comparten electróns son de distinto elemento, xa que teñen distinta electronegatividade.