Jean-Baptiste Dumas
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde decembro de 2017.) |
Jean Baptiste André Dumas, nado en 1800 e finado en 1884, foi un químico francés, coñecido polos seus traballos de análise e síntese orgánica, ademais da determinación do peso atómico por medio da medición das densidades de vapor.
Jean-Baptiste Dumas | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 14 de xullo de 1800, 15 de xullo de 1800 e 16 de xullo de 1800 |
Lugar de nacemento | Alès |
Falecemento | 2 de abril de 1884, 9 de abril de 1884 e 11 de abril de 1884 |
Lugar de falecemento | Cannes |
Soterrado | Cemiterio de Montparnasse |
Nacionalidade | Francia |
Alma máter | Universidade de Xenebra |
Ocupación | químico, político, profesor universitario e farmacéutico |
Cónxuxe | Herminie-Caroline Brongniart |
Fillos | Ernest Charles Jean-Baptiste Dumas |
Premios | Gran cruz da Lexión de Honor, Medalla Copley, Prêmio Faraday, Orde do Mérito das Ciencias e as Artes, Albert Medal, Foreign Member of the Royal Society, Fellow of the American Academy of Arts and Sciences, Prémio Montyon e os 72 nomes na Torre Eiffel |
Na rede | |
![]() | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Naceu en Alès (Gard). En 1816 trasladouse a Xenebra, onde acudiu ás clases de M.A. Pictet de física, C.G. de la Rive de química e Augustin Pyrame de Candolle de botánica, traballou con Pierre Prévost nos problemas de química fisiolóxica e mesmo de embrioloxía. En 1822 marchou a París, onde actuou como conselleiro de Alexander von Humboldt e foi profesor de química, inicialmente no Lyceum e máis tarde (1835) na École polytechnique .
En 1826 Dumas demostrou que a masa molecular de certos compostos orgánicos é directamente proporcional á densidade do vapor do composto e a partir diso estableceu novos valores de masa atómica de 30 elementos, establecendo o valor para o hidróxeno en 1.
En 1833 desenvolveu un método para calcular a cantidade de nitróxeno das substancias orgánicas, iniciando os métodos modernos de análise. En 1839 estableceu a teoría da substitución que afirma que en química orgánica as propiedades de certos compostos non cambian mesmo cando o seu hidróxeneo se substitúe cunha cantidade equivalente de halóxenos.
Elixido deputado en 1848. Entre 1850 e 1851 foi ministro de agricultura e comercio. Posteriormente foi senador e presidente do concello municipal de París.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Jean-Baptiste Dumas |