Esterilización (microbioloxía)

A esterilización é o tratamento que deixa ao obxecto tratado libre de todo organismo vivo, incluídas as esporas. Implica a perda da viabilidade ou a eliminación de todos os microorganismos contidos nun obxecto, acondicionándoo de tal modo que se impida a súa posterior contaminación.

Salmonela (Salmonella typhimurium), en vermello, axente causante da salmonelose.

Trátase dun termo probabilístico, de modo que tras un adecuado proceso de esterilización, débese chegar a unha probabilidade de encontrar microorganismos igual ou menor que unha unidade contaminada nun millón de unidades sometidas ao proceso de esterilización.

Métodos de esterilización

editar
 
Louis Pasteur (1822-1895) a quen se debe a técnica da pasteurización.
 
Autoclave dun laboratorio.

Existen varios métodos de esterilización, que se detallan a continuación.

  • Métodos físicos
    • Calor húmida (en autoclave de vapor)
    • Calor seca (en forno de esterilización)
    • Radiación gamma
  • Métodos químicos
    • óxido de etileno
    • peróxido de hidróxeno

Métodos físicos

editar

Os métodos físicos son aqueles que non involucran o emprego de substancias letais para os microorganismo, senón procedementos físicos como a radiación ionizante, a calor ou a filtración de solucións con membranas que impidan o paso de microorganismos, incluíndo os virus.

Métodos térmicos
Os métodos térmicos adoitan englobar todos os procedementos que teñen entre os seus fins a destrución dos microorganismos pola acción da calor. Estámonos referindo tanto á pasteurización como á esterilización, cuxa finalidade principal é a destrución microbiana, como ao escaldado e á cocción, procesos nos que tamén se consegue unha certa redución da flora microbiana pero que teñan entre os seus principais obxectivos evitar a variación das propiedades físicas do obxecto.

Métodos químicos

editar

Os métodos químicos de esterilización son aqueles que involucran o emprego de substancias letais para os microorganismos, tales como o óxido de etileno e o peróxido de hidróxeno (auga oxixenada).

O uso deste método é moi limitado para a industria alimentaria, pero moi utilizado noutras industrias, como a farmacéutica, por exemplo.

Aplicacións

editar

En investigación de laboratorios científicos emprégase principalmente para eliminar microorganismos dos elementos de traballo, evitando así a contaminación da mostra, recipientes e material de traballo (de vidro ou cerámicos).

Na industria alimentaria emprégase para aumentar a vida útil dos alimentos. Os alimentos esterilizados máis comúns son os enlatados (conservas).

Úsase tamén para a conservación e alargamento da vida de libros, mobles, obras de arte e outros bens.

Nos hospitais emprégase principalmente para eliminar axentes patóxenos dos instrumentos cirúrxicos utilizábeis, e tamén de certas instalacións (quirófanos).

Os fabricantes de produtos sanitarios esterilizan os produtos para poder utilizalos con asepsia nun procedemento cirúrxico ou de laboratorio polos profesionais sanitarios.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar