Instituto Pasteur
O Instituto Pasteur de París é unha fundación francesa sen fins de lucro cuxa misión é contribuír á prevención e o tratamento das enfermidades, especialmente as infecciosas, a través da investigación, a ensinanza e as accións de saúde pública.
Instituto Pasteur | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
![]() | ||||
Tipo | instituto de investigación ![]() | |||
Epónimo | Louis Pasteur ![]() | |||
Parte de | ELIXIR France (en) ![]() ![]() | |||
Forma xurídica | foundation (en) ![]() ![]() | |||
Personalidades | ||||
Fundador/a | Louis Pasteur ![]() | |||
Director/a executivo/a | Yasmine Belkaid (pt) ![]() ![]() | |||
Presidente/a | Yves Saint-Geours (pt) ![]() Émile Duclaux (pt) ![]() ![]() | |||
Actividade | ||||
Campo de traballo | instituto de investigación e institución educativa ![]() | |||
Industria | research and development in other physical and natural sciences (en) ![]() ![]() | |||
Entidades | ||||
Membro de
| ||||
Entidades subsidiarias
| ||||
Data | ||||
Fundación | 1887 ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Sede | París ![]() | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | pasteur.fr… ![]() | |||
Redes | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |||
[ Wikidata ] |

Historia
editarO instituto fundouse o 4 de xuño de 1887, grazas a unha subscrición nacional, sendo inaugurado o 14 de novembro de 1888.
O seu nome alude a Louis Pasteur, fundador e primeiro director que desenvolveu o soro antirrábico. Durante máis dun século, o Instituto Pasteur estivo na investigación de punta nas enfermidades infecciosas. Ao longo da súa existencia, contribuíu con descubrimentos que permitiron á medicina controlar enfermidades virulentas como a difteria, o tétanos, a tuberculose, a poliomielite, a gripe e a febre amarela. O instituto foi o primeiro laboratorio que logrou illar ao HIV, que provoca a SIDA.
Dende 1908, oito científicos deste Instituto obtiveron o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Instituto Pasteur |
Ligazóns externas
editar- Sitio oficial do Institut Pasteur International
- Sitio oficial do Institut Pasteur France
- Sitio oficial do Institut Pasteur Lille
- Sitio oficial do Institut Pasteur Belgique
- Sitio oficial do Institut Pasteur Maroc
- Sitio oficial do Institut Pasteur Korea
- Sitio oficial do Institut Pasteur de Nouvelle-Calédonie Arquivado 09 de outubro de 2007 en Wayback Machine.
- Sitio oficial do Instituto Pasteur de Montevideo Arquivado 27 de maio de 2013 en Wayback Machine.