Edward Jenner

científico e avogado inglés

Edward Jenner, nado en Berkeley (Gloucestershire) o 17 de maio de 1749 e finado na mesma vila o 26 de xaneiro de 1823, foi un doutor que se fixo famoso por descubrir a vacina antivariólica, a primeira das vacinas.

Edward Jenner
Edward Jenner.jpg
Nacemento17 de maio de 1749
Lugar de nacementoBerkeley, Gloucestershire
Falecemento26 de xaneiro de 1823 (73 anos)
Lugar de falecementoBerkeley
CausaIctus
NacionalidadeReino Unido de Gran Bretaña e Irlanda
Alma máterSt George's, University of London, Universidade de St Andrews, Katharine Lady Berkeley's School e Cirencester Grammar School
OcupaciónMédico
PaiStephen Jenner
NaiSarah Head
CónxuxeCatherine Kingscote
FillosEdward Robert Jenner, Catherine Fitzhardinge Jenner e Robert Fitzhardinge Jenner
IrmánsHenry Jenner
Premiosmembro da Royal Society, Fellow of the American Academy of Arts and Sciences e Fellow of the Linnean Society of London
Na rede
WikiTree: Jenner-593 Find a Grave: 12952210 Editar o valor em Wikidata
Firma edward jenner.jpg
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Fillo do párroco da súa vila, comezou a súa carreira como aprendiz de cirurxián á idade de trece anos, pasando aos vinte e un a Londres para estudar medicina. Bo estudante, foi discípulo do eminente cirurxián Jonh Hunter, de quen foi o alumno favorito até a morte do seu mestre. Ben podería ter continuado, se quixese, ao rematar a carreira, as súas actividades na capital, pero preferiu volver ao seu pobo, en 1773, para establecerse alí como médico.

A varíola era no século XVIII unha terríbel enfermidade. As epidemias sucedíanse con frecuencia e a mortaldade era moi alta (sobre o 20 % dos afectados), quedando os superviventes desfiguarados, aínda que inmunizados, é dicir, sen posibilidade de contraeren de novo o temido mal. O pavor que ocasionaba a varíola fixo que en Turquía, no século XVII, moita xente se infectase voluntariamente coa esperanza de facérense inmunes; algúns pasaban cunha lixeira infección, pero outros quedaban repugnantemente marcados e non poucos sucumbían á morte que trataban de evitar.

Nas aldeas de Gloucestershire existía daquela a crenza popular de que a xente que sufría cow-pox, enfermidade benigna e pouco frecuente dos ubres das vacas, que podía transmitirse ao ser humano —e que causa nel só síntomas de pouca importancia—, e que nós coñecemos como varíola das vacas, quedaba inmunizada non só fronte a ela, senón tamén contra a varíola humana. Jener debeu pensar, non haberá algo de certo nesta superstición dos campesiños? E comezou a observar. Decatouse de que as leiteiras tiñan especial predisposición a contraeren a varíola vacúa e tamén, segundo parecía, a non sufriren as marcas da varíola. Sería posíbel que a varíola das vacas e a humana fosen tan semellantes que unha defensa producida no organismo contra a primeira protexera tamén contra a segunda? O doutor Jenner comezou a investigar nesta dirección e, en 1796, arriscouse a realizar a proba decisiva.

O 14 de maio dese ano extraeu pus dunha pústula da man de Sarah Nelmes, unha munxidora que contraera varíola vacúa da súa vaca leiteira, e inoculouno a James Phipps, un neno saudábel de oito anos, mediante dúas incisións superficiais. O neno desenvolveu unha leve enfermidade que desapareceu sen a menor complicación. O 1 de xullo, inoculoulle ao neno a temida varíola mediante varias picadas e incisións leves, pero non enfermou, iniciando deste xeito a era da inmunoloxía.

ConsecuenciasEditar

O descubrimento de Jenner publicouse no seu libro An Inquiry into the Causes and Effects of the Variolae Vaccinae, a Disease Known by the Name of Cow Pox (Investigacións sobre as causas e efectos das vacinas da varíola, enfermidade coñecida polo nome de Cow Pox) en 1798, onde tamén cuñou o termo virus. O éxito da vacinación, nome co que Jenner batizou o seu procedemento, derivado do nome latino variola vaccinae co que se coñecía o cow-pox entre os médicos da época, foi enorme, estendéndose con gran rapidez por todo o mundo civilizado grazas ao labor dalgúns entusiastas médicos convencidos da bondade da técnica, e tamén da necesidade que tiña a xente dun remedio eficaz contra a varíola1.

E tamén en contra da medicina oficial, que non vía con bos ollos a nova práctica, de tal maneira que cando en 1813 se propuxera a candidatura de Jenner para formar parte do Real Colexio de Médicos de Londres, denegóuselle a admisión coa escusa de que "non posuía coñecementos suficientes sobre Hipócrates e Galeno". Menos mal que o goberno, para compensar, ofreceulle un premio de 30 000 libras polo seu descubrimento.

Grazas a Jenner e á súa vacina a varíola foi a primeira enfermidade infecciosa que se logrou facer desaparecer do mundo. O último caso coñecido rexistrouse en Somalia en 1977, de modo que a Organización Mundial da Saúde puido declarar, en maio de 1980, oficialmente erradicada a doenza.

NotaEditar

1. Un moi bo exemplo dun destes entusiastas seguidores, e propagadores, da vacina ofrécenelo Francisco Xavier Balmis.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar