Francisco Xavier Balmis

médico español y cirujano

Francisco Xavier de Balmis y Berenguer, nado en Alacant o 2 de decembro de 1753[1] e finado en Madrid o 12 de febreiro de 1819[2], foi un médico militar español e cirurxián honorario da corte de Carlos IV. O seu nome quedou vinculado á Real Expedición Filantrópica da Vacina (coñecida como Expedición Balmis na súa honra) que se estendeu até as colonias españolas de América e Filipinas para difundir a vacina da varíola, un fito na historia da medicina.

Modelo:BiografíaFrancisco Xavier Balmis

Editar o valor en Wikidata
Nome orixinal(es) Francisco Javier Balmis Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(es) Francisco Javier de Balmis y Berenguer Editar o valor en Wikidata
2 de decembro de 1753 Editar o valor en Wikidata
Alacant, España Editar o valor en Wikidata
Morte12 de febreiro de 1819 Editar o valor en Wikidata (65 anos)
Madrid, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónmédico, cirurxián, botánico, médico militar Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rango militarcirujano mayor (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Participou en
30 de novembro de 1803Real Expedición Filantrópica da Vacina Editar o valor en Wikidata
Obra
Abreviación dun autor en botánicaBalmis Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAppletons' Cyclopædia of American Biography Editar o valor en Wikidata
BNE: XX963486

Traxectoria

editar

Primeiros anos

editar

Nado nunha familia de médicos, probablemente de orixe francesa, realizou a súa primeira formación nos colexios dos xesuítas e dominicos da súa cidade.[3] Entre 1770 e 1775 traballa como practicante de cirurxián no Hospital Real Militar de Alacant e obtén o título de Cirurxía e Álxebra pola Universidade de Valencia en 1778. Completou a súa formación cos títulos de Bacharel en Artes pola Universidade de México e en Medicina, pola Universidade de Toledo.[4]

Médico militar

editar

En 1775, participa como voluntario para a fracasada expedición a Alxer no hospital castrense.[3] Ao ano seguinte da súa licenciatura, ingresa no exército como médico militar. Como participante na expedición do Marqués de Socorro, Balmis viaxará primeiro á Habana, e máis tarde á Cidade de México. En 1786, na Cidade de México serviu como primeiro cirurxián no Hospital militar do Amor de Deus.[5] Alí puido estudar remedios botánicos para as enfermidades venéreas, o cal lle habería servir para publicar máis tarde a obra Demostración de las eficaces virtudes de las raíces de dos plantas de Nueva-España, especies de Agave y Begonia, para la curación del vicio venéreo y escrofuloso (1794), pois foi un dos introdutores desta especie en Europa e que sería traducido tres anos máis tarde ao italiano e ao alemán.[6]

Real Expedición Filantrópica da Vacina

editar

En 1789, decidiu volver a España, onde foi admitido na Real Academia Médica matritense (que foi a devanceira da Real Academia de Medicina).[7] Pouco despois, grazas aos seus coñecementos e á súa traxectoria profesional, foi nomeado cirurxián de cámara de Carlos IV.[4] Convenceu a El-rei para enviar unha expedición a América co obxectivo de propagar a vacina da varíola, acabada de descubrir. Balmis liderou a expedición, que partiu do porto da Coruña o 30 de novembro de 1803 na goleta María Pita,[8] cunha pasaxe formada por un fato de vinte e dous nenos do hospicio daquela cidade, que foron progresivamente inmunizados e serviron de receptáculos viventes dos anticorpos antivariólicos. De alí viaxaron ás illas Canarias, a Porto Rico, Puerto Cabello, Caracas, A Habana, Mérida, Veracruz e Cidade de México. A vacina chegou a lugares tan afastados como Texas polo norte ou Nova Granada polo sur.

Na Cidade de México, a Balmis custoulle convencer o vicerrei José de Iturrigaray, pero finalmente el e o seu fillo foron vacinados. En setembro de 1805 Balmis partiu a bordo do Magallanes do porto de Acapulco cara a Manila, capital de Filipinas, de alí foi á entón colonia portuguesa de Macau e a China, e desembarcou en Lisboa o 14 de agosto de 1806. Volvería a México novamente en 1810, para levar de novo a vacina, case desaparecida polo descoido das autoridades.

Escribiu Instrucción sobre la introducción y conservación de la vacuna, e traduciu do francés, en 1810, un traballo sobre o mesmo asunto, o Tratado histórico-práctico de Jacques-Louis Moreau de la Sarthe [9] que serviu como texto base para a formación dos médicos e demais persoal encargados de manter viva a vacina e de continuar as campañas de vacinación en América.

Derradeiros anos

editar

De volta en España, en 1812, xa non se embarcará en máis viaxes. En 1814 solicita un posto na Administración e establece a súa residencia en Madrid. Morre o 12 de febreiro de 1819.

  1. Moreiro (2008), p. 132
  2. http://www.balmis.org/ Arquivado 27 de maio de 2006 en Wayback Machine. → pestana Fco. J. Balmis
  3. 3,0 3,1 Moreiro 2008, p. 132.
  4. 4,0 4,1 Moreiro (2008), p. 141
  5. Moreiro (2008), p. 136
  6. Moreiro (2008), p. 139
  7. Moreiro (2008), p. 138
  8. Cordero-Cabello (1998), p. 50
  9. Moreiro (2008), p.145

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • "Balmis, Francisco Javier de", en Enciclopedia de México, vol. 2. Cidade de México, 1996, ISBN 1-56409-016-7.
  • "Balmis Berenguer, F. J" en López Piñero, J.M. (1983). Diccionario histórico de la ciencia moderna en España. Barcelona: Ed. Peninsula. Serie universitaria. Historia, ciencia, sociedad. ISBN 9788429719543.
  • Cordero-Moreno, Rafael (1998). Compendio de la historia de la medicina en Venezuela (en castelán). Caracas: Universidad Católica Andrés Bello. ISBN 980-244-163-5. 
  • Moreiro, Julián (2008). Españoles excesivos (en castelán). Madrid: EDAF. ISBN 978-84-414-2047-2. 

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar