Eurozona

países que teñen como moeda oficial o euro

A eurozona ou zona euro é unha rexión europea que agrupa os países da Unión Europea que teñen como moeda oficial o euro (€). O Banco Central Europeo é o responsábel da política monetaria na zona euro, e o eurogrupo é o órgano político que reúne os representantes dos países que utilizan esta moeda.

Eurozona
TipoUnión monetaria
Data de fundación1 de xaneiro de 1999
Na rede
http://www.eurozone.europa.eu e https://ec.europa.eu/info/business-economy-euro/euro-area_en
editar datos en Wikidata ]
     Países da Eurozona      Países da ERM II      outros membros da UE      países fóra da UE que adoptaron ó euro unilateralmente

Os 20 países membros da zona euro son, dende 2023, Alemaña, Austria, Bélxica, Chipre, Croacia, Eslovaquia, Eslovenia, España, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Irlanda, Italia, Letonia,Lituania, Luxemburgo, Malta, Países Baixos e Portugal.[1]

Historia e características

editar

A eurozona foi creada en 1999 por 11 países da Unión Europea, mais os billetes e moedas non comezaron a circular até o 1 de xaneiro de 2002. Posteriormente incorporáronse Grecia o 1 de xaneiro de 2001[2] (entrando en circulación xunto cos anteriores), Eslovenia o 1 de xaneiro de 2007,[3] Malta[4] e Chipre[5] o 1 de xaneiro de 2008, Eslovaquia o 1 de xaneiro do 2009,[6] Estonia o 1 de xaneiro de 2011[7], Letonia o 1 de xaneiro de 2014[8] e Lituania o 1 de xaneiro de 2015.[9] Respecto dos territorios dos Estados da Unión que non pertencen á propia UE, utilizan o euro as colectividades de ultramar francesas de Saint-Pierre-et-Miquelon, San Bartolomeu, as Terras Antárticas e Austrais Francesas e a illa de Clipperton, así como as bases soberanas británicas de Acrotiri e Dekhelia situadas na illa de Chipre.[10]

Ademais destes 20 países existen outros fóra da Unión Europea que tamén teñen o euro como moeda única. Entre eles están Mónaco, San Marino, Cidade do Vaticano (que emiten os seus propios euros grazas a que teñen acordos legais coa Unión Europea), Andorra (ten acordos legais coa Unión Europea pero non emite euros propios). Kosovo e Montenegro utilízana sen acordos legais coa Unión Europea.

Os países da Unión Europea que non están na eurozona pero teñen a obriga de adoptalo son Bulgaria, Suecia, Hungría, Polonia, República Checa e Romanía. Outros como Dinamarca gozan dunha cláusula de exclusión que lles permite continuaren a utilizar as súas moedas nacionais indefinidamente.[11]

  1. Comisión Europea (3 de outubro de 2022). "zona euro". https://ec.europa.eu/info/index_en. Consultado o 3 de outubro de 2022.  Ligazón externa en |páxina-web= (Axuda)
  2. Comisión Europea (1 de xaneiro 2002). "incorporación de Grecia a eurozona". Consultado o 10 de outubro de 2022. 
  3. Comisión Europea (1 de xaneiro de 2007). "incorporación de Eslovenia a eurozona". Consultado o 2022. 
  4. Comisión Europea (1 de xaneiro de 2008). "incorporación de Malta a eurozona". Consultado o 10 de outubro de 2022. 
  5. Comisión Europea (1 de xaneiro de 2008). "incorporación de Chipre a eurozona". Consultado o 10 de outubro de 2022. 
  6. "Slovakia and the euro". economy-finance.ec.europa.eu (en inglés). Consultado o 2023-01-13. 
  7. Unión Europea (1 de xaneiro de 2011). "Incorporación de Estonia a eurozona". Consultado o 10 octubro de 2022. 
  8. Union Eupopea (1 de xaneiro 2015). "Incorporación de Letonia a eurozona". Consultado o 10 de xaneiro 2022. 
  9. Union Europea, ed. (1 de xaneiro de 2015). "Incorporación de Lituania a eurozona". Consultado o 10 de ouctubro de 2022. 
  10. título= zona euro
  11. título= zona euro