Portal:Andalucía

Andalucía é unha comunidade autónoma de España, con estatus de nacionalidade histórica, de acordo co seu Estatuto de Autonomía. Está composta polas provincias de Almería, Cádiz, Córdoba, Granada, Huelva, Jaén, Málaga e Sevilla. A súa capital e cidade máis poboada é Sevilla, ciudad recoñecida polo Estatuto de Autonomía como sede da Junta de Andalucía. A sede do Tribunal Superior de Xustiza de Andalucía encóntrase na cidade de Granada.

É a comunidade autónoma más poboada de España (8.411.207 habitantes a 1 de enero de 2016) e a segunda máis extensa. Encóntrase situada ao sur da Península Ibérica; limitando ao oeste con Portugal, ao norte coas comunidades autónomas de Estremadura e Castela-A Mancha, ao leste coa Rexión de Murcia e ao sur co océano Atlántico, o mar Mediterráneo e Xibraltar. A través do estreito de Xibraltar, separado por 14 km na súa parte máis estreita, encóntranse Marrocos e Ceuta no continente africano.

Dende o punto de vista xeográfico, podemos distinguir tres grandes áreas ambientais, conformadas pola interacción dos distintos factores físicos que inciden sobre o medio natural: Serra Morena –que separa Andalucía da Meseta–, os Sistemas Béticos e a Depresión Bética que individualizan a Alta Andalucía da Baixa Andalucía.

La historia e a cultura de Andalucía son o resultado dun complexo proceso no que se fusionaron ao longo do tempo diferentes pobos e culturas, así como diferentes realidades socioeconómicas e políticas. A pesar da contemporaneidade da formación do Estado Autonómico Andaluz, non se pode esquecer a impronta que deixaron no actual territorio andaluz pobos como o ibero, o fenicio, o cartaxinés, o romano, o bizantino, o andalusí ou o castelán.

Artigo destacado

editar

Madīnat al-Zahrā (en árabe مدينة الزهراء, "A cidade de Zahra"), tamén coñecida como Medina Azahara, foi unha cidade palatina ou áulica que mandou edificar Abderramán III (Abd al-Rahman III, al-Nasir) a uns 8 km na periferia de Córdoba en dirección oeste, máis concretamente, en Serra Morena.

Os principais motivos da súa construción son de índole político-ideolóxica: a dignidade de califa exixe a fundación dunha nova cidade, símbolo do seu poder, a imitación doutros califatos orientais e sobre todo, para mostrar a súa superioridade sobre os seus grandes inimigos, os fatimíes de Ifriqiya, a zona norte do continente africano. Ademais de opoñentes políticos, tamén o eran no religioso, xa que los fatimíes, xiís, eran inimigos dos omeias, maioritariamente sunnitas.

A cultura popular tamén di que foi edificada como homenaxe á muller favorita do califa: Azahara.

O xacemento arqueolóxico de Madīnat al-Zahrā está declarado Ben de interese cultural na categoría de monumento dende o ano 1923. O 27 de xaneiro de 2015 «Madīnat al-Zahrā» foi inscrita na Lista Indicativa de España do Patrimonio da Humanidade, na categoría de ben cultural (nº. ref 5978).

Cidade destacada

editar

Cádiz (Fenicio: גדר - Gadir; Grego: τὰ Γάδειρα- Gadeira, Grego antigo: Γήδειρα, Herodoto, e, máis raro, ἡ Γαδείρα, Eratóstenes; Latín: Gades; Árabe: قادس - Qādis) é unha cidade do sur da península Ibérica, capital da provincia de Cádiz, en Andalucía. Xunto cos concellos de San Fernando, Puerto Real, El Puerto de Santa María, Chiclana de la Frontera, Rota e Xerez da Fronteira forma a Mancomunidade da Baía de Cádiz, terceira área metropolitana de Andalucía por poboación e unha das máis activas, económica e industrialmente, desa mesma comunidade autónoma. Con 118.919 habitantes en 2016, Cádiz é a cidade máis grande da Baía de Cadiz e a segunda máis grande da provincia, por detrás de Xerez da Fronteira.

Cidade de interese turístico pola súa longa e influente historia de 3.100 anos, tivo importancia en procesos coma as guerras púnicas, a romanización de Hispania, o descubrimento de América ou a instauración do réxime liberal en España. Toda a cidade presenta numerosas prazas, xardíns, igrexas etc, que constantemente o rememoran.

O conxunto Cádiz-San Fernando está separado da Península polo Caño de Sancti Petri. Historicamente foi desde un pequeno arquipélago a unha illa, situación na que se debate se aínda se atopa nela. Esta particularidade fai difícil definir a súa condición xeográfica. Hoxe en día recibe un plan de tratamento insular. É coñecida popularmente como a Tacita de Plata.

Categorías
Biografía destacada

editar

María Zambrano Alarcón, nada en Vélez-Málaga o 22 de abril de 1904 e finada en Madrid o 6 de febreiro de 1991, foi unha filósofa e escritora española.

En 1909 transladouse coa súa familia a Segovia, onde transcorriu a súa adolescencia. Estes anos serán fundamentais na súa vida. No ano 1927 María rematou a carreira de Filosofía e catro anos despois, en 1931, foi profesora, ata o ano 1936, na Cátedra de Metafísica na Universidade Central de Madrid.

A razón-poética, estilo zambraniano proposto por María Zambrano como camiño de realización persoal, que era e é necesario, nunha época na que a rixidez do racionalismo torna quebradizo o espírito e oculta as dimensións enigmáticas da vida baixo falsas consideracións que se forman en marxes de seguridade e que impermeabilizan a razón.

Imaxe destacada
Sabías que...?

editar

Cara norte do Mulhacén.

Artigos de calidade e bos

editar

Artigos de calidade (1)

Artigos bos (0)

Proxectos relacionados
Portais relacionados
Proxectos irmáns

editar

Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

en Commons