Abrir o menú principal

Río Guadalquivir

(Redirixido desde "Guadalquivir")

O río Guadalquivir é un río andaluz. O seu nome procede do árabe wadi al-Kabir ("río grande"), chamado Betis (Baetis) desde a era prerromana ata a invasión árabe.

Río Guadalquivir
Cordoba PuenteRomano mezquita.jpg
PaísEspaña
Lonxitude657 km
Conca59.978 km²
Caudal medio164,3 m³/s (ao seu paso por Sevilla)
DesembocaduraOcéano Atlántico
Localización del río Guadalquivir.png
Situación do Guadalquivir.
Río Guadalquivir ao seu paso por Córdoba.

PercorridoEditar

Nace no concello de Quesada, na serra de Cazorla, na provincia de Xaén, e desemboca en Sanlúcar de Barrameda (provincia de Cádiz) no océano Atlántico, pasando polas cidades de Sevilla e Córdoba. A súa lonxitude é de 657 km. É navegable desde a súa foz ata Sevilla, uns 80 km aproximadamente. Desde esta cidade ata o mar esténdese unha ampla chaira, coñecida como as marismas do Guadalquivir.

O Guadalquivir é o único río de España con tráfico fluvial significativo. Na actualidade só é navegable ata Sevilla. En tempos dos romanos era navegable ata Córdoba e mesmo ata Andújar. As augas do Guadalquivir viron pasar algunhas das civilizacións que determinaron o curso histórico da Península Ibérica, como os fenicios, tartessos, iberos, romanos ou árabes.

AfluentesEditar

Localidades importantes nas beirasEditar

Protección medioambientalEditar

Na cabeceira da conca do Guadalviquir sitúase o Parque Nacional das Serras de Cazorla, Segura e Las Villas, nas que o río percorre uns 50 km, pero encadra ademais os vales altos doutros afluentes. No estuario da desembocadura, está asentado, en parte, o Parque nacional de Doñana.

Galería de imaxesEditar