Cordilleiras Béticas

As Cordilleiras Béticas ou Sistemas Béticos son un conxunto de sistemas montañosos que se estenden polo sur da Península Ibérica, desde o golfo de Cádiz ata Alacant e Baleares. Forman parte do Arco de Xibraltar e se subdividen nas cordilleiras Prebética, Subbética e Penibética.

Vista do Penedo de Ifac ao amencer

É o máis importante dos conxuntos de relevo de España. É un vasto conxunto montañoso que se alarga máis de 600 km desde o Estreito de Xibraltar ata o Cabo da Nau e que ata continua por baixo do mar para aparecer nas Illas Baleares. O seu extremo máis estreito é na zona de Xibraltar e vaise ensanchando cara á zona oriental, onde se pon en contacto co zócolo herciniano da meseta.

Ao estudar a Cordilleira Bética hai que distinguir os seus trazos morfolóxicos. Pero tamén, para poder comprender eses trazos, temos que ter en conta a estrutura que subxace debaixo desas formas estruturais e a súa evolución xeolóxica. Imos ver como estudan a serra os xeólogos e os xeógrafos para despois contrastalo.

Véxase tamén editar