Cordilleira Subbética

A Cordilleira Subbética é un dos sistemas montañosos que forman os Sistemas Béticos, discorrendo ao norte da Cordilleira Penibética desde Xibraltar ata a Provincia de Alacant, na Comunidade Valenciana.

Serra da Alfaguara, na cordilleira Subbética

Características editar

Algunhas das serras que a conforman son (de oeste a leste): Serra de Grazalema, Serra Sur de Sevilla, as Serras Subbéticas de Córdoba, Serra de Parapanda, Serra de Loja, Serra Sur de Xaén, Serra Harana, Serra de Huétor, esta última en contacto co sistema Penibético, Serra da Alfaguara e para rematar Serra Mágina e Serra da Sagra superpuestas sobre o sistema prebético.

No seu conxunto está formado por unha serie de serras calcarias e dolomíticas de altitudes modestas e separadas unhas doutras por corredores de orixe tectónico e litológico -existencia de materiais máis brandos que son aproveitados polos afluentes do Guadalquivir para escavar os amplos corredores-. Os geólogos distinguen dentro desta zona externa, que se estende desde o cabo de Trafalgar e sepárase do mar pola Cordilleira Penibética.