Portal:Andalucía/Cidade destacada/Arquivo

Aquí están todas as cidades destacadas no portal de Andalucía:

1 editar

Cádiz (Fenicio: גדר - Gadir; Grego: τὰ Γάδειρα- Gadeira, Grego antigo: Γήδειρα, Herodoto, e, máis raro, ἡ Γαδείρα, Eratóstenes; Latín: Gades; Árabe: قادس - Qādis) é unha cidade do sur da península Ibérica, capital da provincia de Cádiz, en Andalucía. Xunto cos concellos de San Fernando, Puerto Real, El Puerto de Santa María, Chiclana de la Frontera, Rota e Xerez da Fronteira forma a Mancomunidade da Baía de Cádiz, terceira área metropolitana de Andalucía por poboación e unha das máis activas, económica e industrialmente, desa mesma comunidade autónoma. Con 118.919 habitantes en 2016, Cádiz é a cidade máis grande da Baía de Cadiz e a segunda máis grande da provincia, por detrás de Xerez da Fronteira.

Cidade de interese turístico pola súa longa e influente historia de 3.100 anos, tivo importancia en procesos coma as guerras púnicas, a romanización de Hispania, o descubrimento de América ou a instauración do réxime liberal en España. Toda a cidade presenta numerosas prazas, xardíns, igrexas etc, que constantemente o rememoran.

O conxunto Cádiz-San Fernando está separado da Península polo Caño de Sancti Petri. Historicamente foi desde un pequeno arquipélago a unha illa, situación na que se debate se aínda se atopa nela. Esta particularidade fai difícil definir a súa condición xeográfica. Hoxe en día recibe un plan de tratamento insular. É coñecida popularmente como a Tacita de Plata.


2 editar

Sevilla é unha cidade española situada ao suroeste da Península Ibérica, capital de Andalucía e da provincia homónima. Sevilla é a cuarta cidade de España e cuarta área metropolitana por número de habitantes. Tiña 696.676 habitantes en 2014.

É o principal centro artístico, cultural, financeiro, económico e social do sur de España e un dos máis importantes do sur de Europa. É ademais un importante centro industrial de novas tecnoloxías e aeronáutica. Sevilla e os seus núcleos de poboación satélites non constitúen unha verdadeira área metropolitana senón unha aglomeración urbana, pois carece dun órgano de coordinación no que estean representados tódolos organismos con competencias metropolitanas, tales como os concellos. Aínda que hai órganos mancomunados que se encargan da xestión metropolitana de certas actividades sectoriais (augas, residuos etcétera), non pode por tanto falarse de área metropolitana no seu sentido máis estrito.

Entre os seus atractivos turísticos salientan a Giralda, a Catedral, o Alcázar, o Arquivo de Indias e a súa contorna, que foron declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1987.

A tan só 20 m sobre o nivel do mar, entre Vega e a Campiña do río Guadalquivir, e á beira deste, conforma unha aglomeración urbana que se estende cara ó Aljarafe, As Marismas, o Parque Nacional de Doñana, a Serra Norte e a Serra Sur.


3 editar

Portal:Andalucía/Cidade destacada/3

4 editar

Portal:Andalucía/Cidade destacada/4

5 editar

Portal:Andalucía/Cidade destacada/5

6 editar

Portal:Andalucía/Cidade destacada/6

7 editar

Portal:Andalucía/Cidade destacada/7

8 editar

Portal:Andalucía/Cidade destacada/8

9 editar

Portal:Andalucía/Cidade destacada/9

10 editar

Portal:Andalucía/Cidade destacada/10