Chiclana de la Frontera

Coordenadas: 36°25′N 6°09′O / 36.417, -6.150

Chiclana de la Frontera é unha cidade española situada na provincia de Cádiz, en Andalucía. Atópase na comarca da Baía de Cádiz da cal dista 25 quilómetros.[1] A fundación da actual Chiclana produciuse no ano 1303, cando o rei Fernando IV de Castela entregou as terras á Casa de Medina Sidonia. O actual casco urbano levantouse durante o século XVIII. Na guerra da Independencia española produciuse a batalla de Chiclana entre franceses e aliados anglo-españois. Hoxe en día, a economía de Chiclana depende dunha industria moderna e do turismo, especialmente das praias e dos campos de golf asentados fundamentalmente no Novo Sancti Petri, urbanización que conta co maior número de prazas hoteleiras da provincia de Cádiz e de toda a Costa da Luz.

Chiclana de la Frontera
Escudo de Chiclana de la Frontera.svg
Flag of Chiclana de la Frontera Spain.svg
Torre del reloj Chiclana de la Frontera.jpg
Localización
Chiclana posicion.svg
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaAndalucía
ProvinciaCádiz
ComarcaBaía de Cádiz
Xeografía
Altitude11 msnm
Superficie205,45 km²
Demografía
Poboación77.293 hab. (2009)
Densidade376,21 hab./km²
XentilicioChiclanero/a
Outros datos
Código postal11130
AlcaldeJosé María Román (PSOE)
www.chiclana.es
Castelo de Sancti Petri.

O termo municipal fai fronteira polo norte cos concellos de San Fernando e Puerto Real; pola costa cara ó sur con Conil de la Frontera e por terra limita con Medina Sidonia e unha pequena parte de Vejer de la Frontera. O concello contaba en 2016 cunha poboación de 84 680 persoas.[2] e ten unha densidade de poboación de 400 hab/km². Atópase a unha altitude de 11 msnm.

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar


 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.