Portal:Andalucía/Biografía destacada/Arquivo

Aquí están todas as biografías destacadas no portal Andalucía:

1 editar

Pablo Ruiz Picasso, nado en Málaga o 25 de outubro de 1881 e finado en Mougins, Francia, o 8 de abril de 1973, foi un pintor español máis coñecido polo nome artístico de Pablo Picasso, xa que asinaba co segundo apelido. Foi un dos máis recoñecidos artistas do século XX, coñecido sobre todo porque fundou o cubismo xunto con Georges Braque. Na súa dilatada carreira, evolucionou por diferentes estilos e experimentou con outras disciplinas.

Picasso comezou o seu percorrido estilístico cunha curta experiencia co modernismo despois do contacto coa natureza que tivo na súa estadía en Horta de Sant Joan e a amizade cos artistas cataláns de Els Quatre Gats. Coas súas primeiras visitas a París comezou a desenvolver un estilo propio, primeiro no "período azul", continuou cun xiro cara a un certo optimismo manifestado por un cambio a cores cálidas e coñecido como "período rosa", nun intre no que Picasso entrou en contacto con escritores achegados ó surrealismo. A partir de 1908 desenvolveu obras que acadaron quebrar co canon de representación definido no Renacemento. Despois dunha incursión polo surrealismo, iniciou a época expresionista claramente influído pola guerra civil española primeiro e pola II guerra mundial máis tarde.

Os seus derradeiros anos adicounos a pintar variacións de obras dos grandes mestres como Velázquez ou Edgar Degas, é unha etapa de madureza que dedicará a traballar na produción de litografías.


2 editar

María Zambrano Alarcón, nada en Vélez-Málaga o 22 de abril de 1904 e finada en Madrid o 6 de febreiro de 1991, foi unha filósofa e escritora española.

En 1909 transladouse coa súa familia a Segovia, onde transcorriu a súa adolescencia. Estes anos serán fundamentais na súa vida. No ano 1927 María rematou a carreira de Filosofía e catro anos despois, en 1931, foi profesora, ata o ano 1936, na Cátedra de Metafísica na Universidade Central de Madrid.

A razón-poética, estilo zambraniano proposto por María Zambrano como camiño de realización persoal, que era e é necesario, nunha época na que a rixidez do racionalismo torna quebradizo o espírito e oculta as dimensións enigmáticas da vida baixo falsas consideracións que se forman en marxes de seguridade e que impermeabilizan a razón.


3 editar

Abu al-Walid Muhammad Ibn Ahmad Ibn Munhammad Ibn Ruchd (أبو الوليد محمد بن احمد بن محمد بن احمد بن احمد بن رشد), filósofo e médico andaluz coñecido como Averroes, naceu en Córdoba en 1126 e morreu en Marrakech (Marrocos) en 1198.

Está considerado como un dos filósofos máis importantes do mundo árabe na conexión co pensamento aristotélico. Foi discípulo de Ibn Tufayl. Viviu en Sevilla e Córdoba onde exerceu como maxistrado. Era coñecido por Ibn Rushd, filósofo árabe musulmán, físico, xurista maliki e teólogo ashari; na súa cidade natal tamén estudou teoloxía, filosofía occidental e matemáticas co filósofo árabe Ibn Tufayl, e medicina co médico árabe Avenzoar.


4 editar

Portal:Andalucía/Biografía destacada/4

5 editar

Portal:Andalucía/Biografía destacada/5

6 editar

Portal:Andalucía/Biografía destacada/6

7 editar

Portal:Andalucía/Biografía destacada/7

8 editar

Portal:Andalucía/Biografía destacada/8

9 editar

Portal:Andalucía/Biografía destacada/9

10 editar

Portal:Andalucía/Biografía destacada/10