Georges Braque
Georges Braque, nado o 13 de maio de 1882 e finado o 31 de agosto de 1963, foi un pintor e escultor francés, con Pablo Picasso un dos inventores do cubismo.
Traxectoria
editarGeorges Braque naceu na Argenteuil, Francia. Medrou en Le Havre e estudou polas tardes na École de Beaux-Arts de 1897 a 1899.
Estudou en París cun decorador e recibiu o seu título de escultor no ano 1901. Ao ano seguinte comezou a frecuentar a "Academie Humbert", pintando alí ata o ano 1904, lugar onde coñeceu a Marie Laurencin e a Francis Picabia. No outono de 1907, coñeceu a Picasso, a quen veu case diariamente ata 1914, cando pola primeira guerra mundial se tiveron que separar.
Braque foi mobilizado e ferido na cabeza en 1915, recibiu a Cruz de Guerra e a Lexión de Honra. Durante dous anos, debido ás súas feridas non puido pintar.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Georges Braque |
A Galicitas posúe citas sobre: Georges Braque |