Arenas del Rey
Arenas del Rey é un municipio español, pertencente á provincia de Granada, en Andalucía. Está situado na parte centro-sur da comarca de Alhama. Limita cos municipios de Cacín, Agrón, Jayena e Alhama de Granada. O concello arenusco comprende os núcleos de poboación de Arenas del Rey, Fornes, Játar e o Poblado del Embalse (situado xunto ao encoro de Los Bermejales). Arenas del Rey atópase na vertente norte da Serra da Almijara, no val do río Cacín. No ano 2006 tiña 2.202 habitantes. A súa extensión superficial é de 116 km² e ten unha densidade de 18,98 hab/km².
Arenas del Rey | |||
---|---|---|---|
| |||
![]() | |||
Localización | |||
![]() | |||
País | ![]() | ||
Comunidade Autónoma | ![]() | ||
Provincia | Granada | ||
Xeografía | |||
Altitude | 874 msmn msnm | ||
Superficie | 116 km² km² | ||
Demografía | |||
Poboación | 2111 hab. (INE 2008) | ||
Densidade | 18,2 hab./km² | ||
Xentilicio | Arenusco/-a | ||
Outros datos | |||
Código postal | 18126 | ||
Alcalde | Francisca Josefa García Moreno (PSOE) | ||
www.arenasdelrey.es |
Historia editar
Existen vestixios da presenza dos romanos así coma do largo dominio musulmán e tamén da posterior recolonización cristiá tras a guerra pola Reconquista de Granada. No século XIX tivo especial protagonismo o municipio pola presenza nas súas terras de tropas napoleónicas durante a Guerra de Independencia. Arenas del Rey foi constituído coma municipio independente por distinción de Carlos III. O núcleo urbano onde se asentaba a antiga poboación foi destruído totalmente polo terremoto de 1884 e reconstruíuse durante os últimos anos dese mesmo século XIX grazas ás achegas recibidas desde practicamente toda España co decidido apoio á iniciativa por parte de Afonso XII. En 1973 uníronse nun mesmo municipio os concellos de Fornes, Játar e Arenas del Rey, todos baixo este nome.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Arenas del Rey |