Edimburgo, a capital do país e segunda meirande cidade, é un dos centros financeiros de Europa. Edimburgo foi o centro da Ilustración escocesa do século XVIII, que transformou a Escocia nunha das potencias comerciais, intelectuais e industriais de Europa. Glasgow, a cidade máis grande, foi outrora unha das cidades industriais máis importantes do mundo e hoxe atópase no centro da aglomeración de Gran Glasgow. As augas territoriais escocesas abranguen unha parte importante do Atlántico Norte e do Mar do Norte, contendo unha das maiores reservas de petróleo da Unión Europea. Por este motivo, Aberdeen, a terceira cidade de Escocia, ten o título de capital europea do petróleo.
O Clan Campbell (en escocés: Clann Caimbeulach) é un clan escocés das Highlands. Historicamente un dos maiores, máis poderosos e exitosos clans das Terras Altas, as súas terras estaban en Argyll e o xefe do clan converteuse en Conde e despois Duque de Argyll.
O máis antigo testemuño dun Campbell é Gilleasbaig de Menstrie (floruit 1260s), pai de Cailean Mór, de quen se pensa que os xefes do clan tomaron o seu título MacCailean Mór. O epítetokambel é tomado nesa época. Reconstrucións imaxinarias derivárono do castelánCampo Bello, pero a orixe máis probable é caimbeul, do irlandés ou gaélico escocés, que significa boca torta, para referirse a un home cuxa boca está inclinada cara un lado.
En canto ós antergos do Clan Campbell, hai boas evidencia de que teñen parentesco cos Mac Duibne, ou quizais cos Uí Duibne, e de que están relacionados coa figura mitolóxica gaélica de Diarmuid Ua Duibhne. Tamén se suxeriu que as propiedades iniciais da familia, arredor de Menstrie e Cowal, estaban relacionadas coa partición do Condado de Menteith en 1213, e que Gilleasbuig ben puido ser parente de Muireadhach I, conde de Menteith. As terras que rodean o Lago Awe, que máis tarde formarían o núcleo das súas posesións, non o foron nos primeiros anos.
O motivo da creación desta fronteira fortificado foi adiantar as posicións defensivas romanas, ó considerar que a provincia de Britania era xa segura, para así garantir a súa defensa, e de paso someter ás tribos hostís que vivían entre ambas murallas, nas terras altas da Caledonia meridional. Estas tribos dos pictos constituían unha importante ameaza pola súa hostilidade, ante o cal as súas terras foron asoladas e un gran número dos seus habitantes apreixados e deportados a Xermania.
Naomi Mitchison foi unha feminista comprometida, especialmente coa campaña polo control de natalidade. We Have Been Warned (1935) é a súa obra máis controvertida pola sexualidade explícita. O libro foi rexeitado polas editoriais máis importantes e finalmente censurado.
A súa novela The Corn King and the Spring Queen (1931) está considerada unha das mellores novelas históricas do século XX.