David I de Escocia

rei de Escocia de 1124 a 1153

David I (Gaélico medieval: Dabíd mac Maíl Choluim; gaélico moderno: Daibhidh I mac Mhaoil Chaluim), nado en 1083 ou 1085 e finado o 24 de maio de 1153, foi rei de Escocia entre 1124 e1153.

Infotaula de personaDavid I de Escocia

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) David I of Scotland Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1084 Editar o valor em Wikidata
Escocia Editar o valor em Wikidata
Morte24 de maio de 1153 Editar o valor em Wikidata (68/69 anos)
Carlisle (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaAbadia de Dunfermline (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Monarca de Escocia
23 de abril de 1124 – 24 de maio de 1153
← Alexandre I de EscociaMalcolm IV de Escocia → Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa11 de xaneiro Editar o valor em Wikidata
Outro
TítuloConde Editar o valor em Wikidata
FamiliaHouse of Dunkeld (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeMaud de Northumbria (1113 (Gregoriano)–) Editar o valor em Wikidata
FillosHenrique de Escocia, Hodierna of Scotland (en) Traducir, Claricia of Scotland (en) Traducir, Malcolm of Scotland (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisMalcolm III de Escocia Editar o valor em Wikidata  e Santa Margarida da Escócia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsEdite da Escócia (pt) Traducir, Mary of Scotland, Countess of Boulogne (en) Traducir, Edgar de Escocia, Duncan II de Escocia, Etelredo da Escócia (pt) Traducir, Alexandre I de Escocia e Edmundo da Escócia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Dunkeld-68
David I de Escocia

Traxectoria editar

David era o fillo máis novo de Malcolm III (Máel Coluim mac Donnchada) e Margarida de Wessex, pasou a súa infancia en Escocia pero en 1093 tivo que se exiliar en Inglaterra logo da morte de seu pai e o ascenso ao trono do seu tío Donald III , estivo na corte do rei Henrique I de Inglaterra e quedou fortemente influenciado pola cultura anglonormanda. En 1113 casou con Maud de Northumbria, filla de Waltheof de Northumbria, conde saxón de Northumbria executado en 1076, e viúva de Simón I de Saint Lyz († 1111) conde de Northampton e de Huntingdon. Polo que David se converte en conde de Northampton e de Huntingdon polos dereitos da súa dona.

Cando o seu irmán e rei de Escocia, Alexandre I morreu en 1124, David ascendeu ao trono. En 1130 o seu exército fixo fronte a invasión de 5000 homes que o rei Óengus de Moray levantara contra David. En 1135 despois da morte do rei Henrique I de Inglaterra na guerra civil que seguiu tomou partido pola súa sobriña Matilde de Inglaterra contra Estevo de Inglaterra. En xaneiro de 1136 David cruzou a fronteira con Inglaterra conquistando Carlisle, Wark Tynedale, Alnwick, Norham e Newcastle en Durham atopouse cunha tropa importante de Estevo, no acordo ao que se chegou David conseguiu reter Carlisle (cunha gran parte de Cumberlandia). En 1138 volveu a invadir Inglaterra pero as tropas de Estevo vencérono na batalla do Estandarte (22 de agosto) aínda así David mantiña gran número de homes en Inglaterra, o cal levou á sinatura do segundo tratado de Durham polo que Estevo recoñecía ao fillo de David, Henrique de Escocia como conde de Northumbria

O seu reinado coñecido co nome de Revolucion Davidiana por algúns historiadores para mellor describir os cambios que tiveron lugar no Reino de Escocia durante o seu reinado: fundación de burgos, introdución dos ideais da reforma gregoriana, fundación de mosteiros, normandización do goberno escocés e a introdución do feudalismo a través de cabaleiros franceses e anglonormandos.