Canle do Norte

A Canle do Norte (en irlandés e gaélico escocés: Sruth na Maoile, en inglés: North Channel) é o estreito que separa Irlanda do Norte de Escocia. A parte máis profunda está formada polo Dique de Beaufort. Conecta o Mar de Irlanda co Océano Atlántico. O cruzan un grande número de transbordadores. Nel tivo lugar un grave accidente marítimo, o afundemento do transbordador Princess Victoria en 1953.

Mapa en relevo do Mar de Irlanda. Os portos importantes están representados con puntos vermellos. Os portos só de carga son puntos azuis.

Líderes políticos protestantes de Irlanda do Norte presionaron ao goberno británico durante décadas para que se construíse un túnel ferroviario baixo a Canle do Norte, para integrar a problemática provincia dentro do Reino Unido. A idea non prosperou.

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar