Escudo de Escocia
O Escudo de Escocia foi un símbolo oficial do Rei dos Esoceses dende a súa adopción no século XII até o fin do reino de Escocia en 1707. Segue a ser amplamente empregado hoxe en día como símbolo de Escocia, ademais de formar parte das armas reais de Isabel II xunto cos escudos de Inglaterra e Irlanda.
Escudo de Escocia | |
---|---|
Versións | |
Escudo de Xacobe VI dende 1603 como Rei de Gran Bretaña, Francia e Irlanda. | |
Detalles | |
Armiger | Xacobe VI, Rei dos escoceses, derradeiro armiger da versión pre-1603 |
Adoptado | Baixa Idade Media |
Divisa | In My Defens God Me Defend (abbr. In Defens) |
Ordes | Orde do Cardo |
Características
editarNo Escudo de armas de Escocia figuran nun campo de ouro, un león rampante de goles, linguado, unllado e armado de azur; e unha orla dobre decorada con flores de lis de goles.
Historia
editarAs armas escocesas teñen un precedente documentado xa no século XII, durante o reinado de Guillerme I de Escocia. O escudo escocés foi empregado polos seus monarcas ata 1603, data na que se produciu a unión dinástica con Inglatera con Xaime VI (I de Ingaterra) e as armas escocesas comezaron a aparecer xunto ás inglesas.
As armas dos monarcas escoceses no século XVII evolucionaran e contaban con diversos elementos exteriores ao brasón. Aparecía rodeado polo colar da Orde escocesa do Cardo e flanqueado por dúas figuras (tenantes ou soportes) con forma de unicornio rampante de prata con crinas en ouro que tamén quedou incorporado no escudo de armas dos monarcas británicos. O escudo aparecía timbrado coa coroa real escocesa e sobre ela situábase a súa cimera, un león coroado de goles que sostén unha espada e un cetro.
Ao pé, tamén fóra do escudo, colocábase unha cinta co lema escocés: Nemo me impune lacessit (Ninguén me ofende impunemente). Algúns destes elementos aparecen no escudo de armas que os monarcas británicos usan cando están en Escocia.
Estandarte real de Escocia
editarOs monarcas escoceses usaron, ata a unión con Inglaterra, como símbolo persoal un estandarte cos mesmos elementos que compón o campo do escudo. Esta bandeira, amarela, é usada pola poboación escocesa como un dos seus símbolos malia non teres actualmente carácter oficial como a bandeira azul coa cruz de Santo André pero é unha das catro divisións da insignia do monarca do Reino Unido.
Véxase tamén
editarA Galipedia ten un portal sobre: Escocia |