Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico

Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE), é unha organización de cooperación internacional, composta por 30 estados, cuxo obxectivo é coordinar as súas políticas económicas e sociais. Foi fundada en 1961 e a súa sede central atópase na cidade de París, Francia. O seu antecesor foi a Organización Europea para a Cooperación Económica. O seu secretario xeral desde o 1 de xuño de 2006 é o mexicano José Angel Gurría.

Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico


Nome curtoOECD e OCDE Editar o valor en Wikidata
Tipoorganización internacional, organización intergobernamental e organización Editar o valor en Wikidata
Forma xurídicaorganización internacional Editar o valor en Wikidata
Lingua oficiallingua inglesa e lingua francesa Editar o valor en Wikidata
Personalidades
Cargo dirixenteSecretary-General of the Organisation for Economic Co-operation and Development (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Secretario/aMathias Cormann (pt) Traducir (1 de xuño de 2021-)
José Ángel Gurría (en) Traducir (1 de xuño de 2006-31 de maio de 2021)
Donald James Johnston (1 de xuño de 1996-31 de maio de 2006)
Jean-Claude Paye (outubro de 1984-maio de 1996)
Emiel van Lennep (outubro de 1969-setembro de 1984)
Thorkil Kristensen (setembro de 1961-setembro de 1969) Editar o valor en Wikidata
Actividade
Industriaactividades extraterritoriais de organismos e corpos Editar o valor en Wikidata
Entidades
En sociedade conCidades e Governos Locais Unidos (pt) Traducir e Fundo Internacional de Desenvolvimento Agrícola (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Data
Fundación16 de abril de 1948 e 30 de setembro de 2010 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 48°51′42″N 2°16′09″L / 48.8616739, 2.2692356
SedeParís e Castelo de la Muette (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBoecd.org Editar o valor en Wikidata
RedesFacebook: theOECD Twitter: OECD Instagram: the_oecd LinkedIn: organisation-de-cooperation-et-de-developpement-economiques Youtube: UCR-Ja1yBcjkhuQblxnroZJg BNE: XX253876 Souncloud: oecd Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]
Mapa dos Estados membros da OCDE (En azul escuro os fundadores)

Obxectivo

editar

A OCDE constituír como un dos foros mundiais máis influentes, no que se analizan e establécense orientacións sobre temas de relevancia internacional como economía, educación e medio ambiente.

Os seus principais obxectivos son:

  • Promover o emprego, o crecemento económico e a mellora dos niveis de vida nos países membros, e así mesmo manter a súa estabilidade.
  • Axudar á expansión económica no proceso de desenvolvemento tanto dos países membros como nos alleos á Organización.
  • Ampliar o comercio mundial multilateral, sen criterios discriminatorios, de acordo cos compromisos internacionais.

O principal requisito para ser país membro da OCDE é liberalizar progresivamente os movementos de capitais e de servizos. Os países membros comprométense a aplicar os principios de: liberalización, non discriminación, trato nacional e trato equivalente.

Estados membros

editar

Hai 33 membros de pleno, 25 dos cales son considerados de alto-ingreso (*) segundo o Banco Mundial.

Membros fundadores (1961):
Membros posteriores (cronoloxía por ano de admisión):

Relacións con non-membros e ampliación

editar

24 países non-membros participan como observadores regulares ou completos en comités da OCDE, aos que se suman outros 50 comprometidos en diversas actividades; e que poden solicitar seren membros permanentes previa avaliación positiva polo medio.

O 16 de maio do 2007, o Consello ministerial da OCDE decidiu comezar a discutir o acceso de Chile, Estonia, Israel, Rusia, e Eslovenia; como así fortalecer a súa cooperación co Brasil, a China, a India, Indonesia e Suráfrica a través dun incremento nas súas relacións ou como membros plenos. Outros candidatos a membros plenos son o restante aínda non incluído da Unión Europea: Bulgaria, Chipre, Letonia, Lituania, Malta e Romanía.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar
  • Informe PISA (Axencia Para a Avaliación Internacional de Estudantes)

Ligazóns externas

editar