Portal:Bretaña/Biografía destacada/Arquivo

Aquí están todos as biografías destacadas no portal Bretaña:

Ana da Bretaña, nada en Nantes (Ducado da Bretaña) o 25 de xaneiro de 1477 e finada en Blois o 9 de xaneiro de 1514, foi unha nobre francesa, duquesa da Bretaña e dúas veces raíña de Francia. Filla maior do duque Francisco II (1435-1488) e da segunda muller deste, Marguerite de Foix (1449-1486), princesa de Navarra, a súa primeira infancia transcorreu entre as cidades de Nantes, Vannes e Clisson. Aos once anos, ao morrer o seu pai sen descendencia masculina converteuse en duquesa da Bretaña.

O 6 de decembro de 1491 casou con Carlos VIII de Francia e o 8 de febreiro de 1492 foi coroada raíña de Francia na basílica de Saint-Denis. Ao morrer Carlos VIII, en 1498, volveu á Bretaña á cabeza do ducado da Bretaña. Antes de casar con Lois XII (1462-1515), novo rei de Francia, conseguiu a redacción dun contrato que redefinía as relacións entre a Bretaña e Francia: mentres vivise seguiría a ser duquesa da Bretaña, e cando morrese o seu sucesor sería o seu segundo fillo varón. Foi soterrada en Saint-Denis, pero o seu corazón foi depositado na igrexa das Carmelitas en Nantes.


Portal:Bretaña/Biografía destacada/2

Portal:Bretaña/Biografía destacada/3

Portal:Bretaña/Biografía destacada/4

Portal:Bretaña/Biografía destacada/5

Portal:Bretaña/Biografía destacada/6

Portal:Bretaña/Biografía destacada/7

Portal:Bretaña/Biografía destacada/8

Portal:Bretaña/Biografía destacada/9

Portal:Bretaña/Biografía destacada/10