Carlos VIII de Francia
Carlos VIII de Francia, coñecido coma o afable, nado o 30 de xuño de 1470 en Amboise e finado o 7 de abril de 1498 na mesma cidade, foi rei de Francia desde 1483 ata a súa morte. Fillo de Lois XI de Francia e de Carlota de Savoia.
Nome orixinal | (fr) Charles VIII |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 30 de xuño de 1470 Amboise, Francia |
Morte | 7 de abril de 1498 (27 anos) Amboise, Francia |
Causa da morte | morte accidental, ictus |
Lugar de sepultura | Basílica de Saint-Denis |
Rei de Francia | |
8 de setembro de 1483 – 16 de abril de 1498 ← Lois XI de Francia – Lois XII de Francia → | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica e cristianismo occidental |
Actividade | |
Ocupación | político |
Outro | |
Título | Rei de Francia |
Familia | Dinastía Valois |
Cónxuxe | Ana da Bretaña (1491, 1491 (Gregoriano)–1498) |
Fillos | Carlos Orlando, Delfim da França, Charles de France, François de France, Anne de France |
Pais | Lois XI de Francia e Carlota de Saboia |
Irmáns | Anne de Beaujeu Xoana de Valois Joachim de Valois |
Premios | |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron Enciclopédia militar Sytin (pt) The Nuttall Encyclopædia >>>:Charles VIII. |
Traxectoria
editarEducado na corte polo mestre humanista Guillaume Tardif herdou o trono con 13 anos, trala morte de seu pai, porén estivo baixo a rexencia de súa irma Ana de Beaujeu e seu cuñado Pedro II de Borbón ata a maioría de idade.
Trala invasión do Ducado da Bretaña por parte da coroa francesa a herdeira do ducado, Ana da Bretaña, foi forzada a casar con Carlos VIII, asinando un acordo segundo o cal no caso de non ter herdeiros casaría de novo co seguinte na lista de sucesión do trono francés.
Este acordo levouse a cabo a pesar de estar xa prometido Carlos VIII con Margarida de Austria, porén os por aquel entón rexentes estableceron como prioridade anexionar o ducado. A pesar de todo Austria interpuxo protestas xa que legalmente Ana da Bretaña xa estaba casada, con Maximiliano I de Austria, aínda que non chegara a consumarse, polo que as protestas non prosperaron. A voda levouse a cabo en Langeais o 6 de decembro de 1491.
Exiliados italianos na corte francesa animaron ao rei Carlos VIII a intervir nas loitas intestinas que vivía o país, dividido en diferentes principados. Así reivindicou os seus dereitos de herdanza sobre o Reino de Nápoles adquiridos a través da súa avoa María de Anjou, e entrando en disputa así con Fernando II de Aragón.
Tras acordos territoriais e económicos co Imperio austríaco e Inglaterra para contar coa súa non intervención, entrou en Italia con 30.000 homes en agosto de 1494. En 1495 conquistou Nápoles pero foi derrotado polas tropas de Gonzalo Fernández de Córdoba, baixo cuxo mando directo se atopaba o nobre galego Fernando de Andrade e Pérez das Mariñas, Conde de Andrade.
Morreu en 1498 con tan só 27 anos de idade a causa dunha aplopexía. Pese a que tivo tres fillos e unha filla con Ana da Bretaña, todos eles morreron a moi temperá idade, quedando sen descendencia directa á súa morte. Así o trono pasou ao seu primo Lois de Orleáns, que subiría ao trono coma Lois XII de Francia.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Carlos VIII de Francia |
Bibliografía
editar- Marc Ferro, Historia de Francia, Cátedra, 2003, Madrid.
- G. de Bertier de Sauvigny, Historia de Francia, Ediciones Rialp, D.L., 2009, Madrid.